A tor­ta de mi­llo vol­ve á fes­ta en Gui­ti­riz

A celebración te­rá lu­gar ho­xe to­do o día e re­ma­ta­rá cun concerto de Luar na Lu­bre ás 21.30 ho­ras

La Voz de Galicia (Lugo) - - Agenda -

Gui­ti­riz re­cu­pe­ra es­te ano a tra­di­cio­nal Fes­ta da Tor­ta de Mi­llo, que se ce­le­bra­rá ho­xe na vi­la chai­re­ga con ac­ti­vi­da­des para to­dos os pú­bli­cos du­ran­te to­do o día. Ade­mais de gas­tro­no­mía, mú­si­ca, xo­gos, ex­po­si­cións e ar­te­sa­nía, po­la noi­te ha­be­rá un concerto de Luar na Lu­bre, que to­ca­rán al­gun­has pe­zas co alum­na­do da Es­co­la de Mú­si­ca de Gui­ti­riz.

A vi­la agar­da a che­ga­da de cen­tos de per­soas para go­zar co pra­to máis tí­pi­co da lo­ca­li­da­de: a tor­ta de mi­llo. Son cin­co os es­ta­ble­ce­men­tos —es­pe­cia­li­za­dos na ela­bo­ra­ción des­te do­ce ca­sei­ro— que par­ti­ci­pan na fei­ra: La Es­qui­na, Da­vid, Gó­mez, La Ar­te­sa­nía e Nim­bos.

Se­gun­do ex­pli­cou a al­cal­de­sa, Re­gi­na Po­lín, ao lon­go da xor­na­da ha­be­rá un con­cur­so de tor­tas de mi­llo ca­sei­ras, un­ha de­mos­tra­ción de so­bre­me­sas ela­bo­ra­dos a ba­se de fa­ri­ña de mi­llo, xan­tar ao ai­re li­bre, xo­gos po­pu­la­res, ta­lle­res

de ar­te­sa­nía e ac­tua­cións mu­si­cais, ade­mais de ou­tras sor­pre­sas.

A Depu­tación de Lu­go co­la­bo­ra co Con­ce­llo de Gui­ti­riz na or­ga­ni­za­ción des­ta ci­ta, cun­ha ache­ga de 6.000 eu­ros. Pro­gra­ma O pro­gra­ma para a xor­na­da de ho­xe é o se­guin­te: · 11.30 ho­ras. Ex­po­si­ción de co­ches an­ti­gos na pra­za. De se­gui­do. Per­co­rri­do ate o bal­nea­rio de Par­di­ñas e vol­ta ate o bal­nea­rio de Gui­ti­riz. · 13.00 ho­ras. Ac­tua­ción do gru­po de gai­tas e pan­dei­re­tas da Es­co­la de Mú­si­ca de Gui­ti­riz. Pro­ba de tor­ta · 14.00 ho­ras. Xan­tar ao ai­re li­bre bai­xo os car­ba­llos da pra­za (me­nú 15 eu­ros). · 16.00 ho­ras. Xo­gos po­pu­la­res na pra­za. · 19.00 ho­ras. Con­cur­so de so­bre­me­sas e de­gus­ta­ción dos mes­mos. · 20.30 ho­ras. Pre­gón a car­go de Xa­co­be Pé­rez Paz. · 21.30 ho­ras. Ac­tua­ción de Luar na Lu­bre (al­gun­has pe­zas in­ter­pre­ta­ra­nas co alum­na­do da Es­co­la de Mú­si­ca de Gui­ti­riz).

Por ou­tra ban­da, den­tro da pro­gra­ma­ción de Ve­rán As­tro­nó­mi­co

—que or­ga­ni­za a Agru­pa­ción As­tro­nó­mi­ca Co­ru­ñe­sa Ío e o Con­ce­llo— con­ti­núa aber­ta a ex­po­si­ción Con­ta­mi­na­ción lu­mi­no­sa: de­pen­de de nós, na Ca­sa Ha­ba­ne­ra. Trá­ta­se de pa­neis de gran for­ma­to que ex­plo­ran di­fe­ren­tes as­pec­tos re­la­cio­na­dos coa con­ta­mi­na­ción lu­mi­no­sa, co­mo o im­pac­to me­dioam­bien­tal, os efec­tos da luz ar­ti­fi­cial na noi­te so­bre a saú­de, a per­da cul­tu­ral ou a di­la­pi­da­ción de ener­xía e di­ñei­ro.

Ade­mais, o ven­res 11 de agos­to ha­be­rá un­ha ca­mi­ña­da noc­tur­na na Ru­ta da Pe­dra de Díaz Cas­tro.

FO­TO SU­SO

Ha­be­rá pro­bas da so­bre­me­sa tí­pi­ca de Gui­ti­riz, a tor­ta de mi­llo, e di­fe­ren­tes con­cur­sos de co­ci­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.