O can­tan­te Anxo Vi­go ul­ti­ma o seu no­vo dis­co, «A le­di­cia de ser ga­le­go»

La Voz de Galicia (Lugo) - - CULTURA - BOR­JA CASAL, H. J. P.

Des­pois dun­ha ca­rrei­ra mu­si­cal in­te­gra­men­te en cas­te­lán, o can­tan­te Anxo Vi­go pre­pa­ra a saí­da do seu pri­mei­ro dis­co en ga­le­go pa­ra fi­nais de ano. Le­va­rá co­mo tí­tu­lo A le­di­cia de ser ga­le­go e in­clui­rá o te­ma Pa­xa­ri­ños de Galicia, can­ción coa que lan­za o pro­xec­to. Con­ta­rá con dez cor­tes, cu­xa gra­va­ción es­tá re­ma­tan­do en Ma­drid, aín­da que por pro­xi­mi­da­de ta­mén tra­ba­lla cun es­tu­dio da Co­ru­ña.

Con A le­di­cia de ser ga­le­go fai al­go que sem­pre qui­xo fa­cer, xa que con­si­de­ra que «Galicia me­re­ce ter dis­cos que con­ten vi­ven­cias e fa­len da cul­tu­ra da te­rra no idio­ma da te­rra». Rei­vin­di­ca a mú­si­ca en ga­le­go que se dis­tan­cia do pu­ra­men­te tra­di­cio­nal, e por iso pro­pón un ál­bum con te­mas pro­pios que xi­ran ao re­dor da súa vi­da. Pa­ra Anxo, as can­cións son un re­fle­xo del mes­mo.

É moi cons­cien­te dos tem­pos que atra­ve­sa o mun­do da mú­si­ca, po­lo que se sin­te moi pri­vi­le­xia­do por po­der con­tar cun gru­po —Amen­cer— que co­la­bo­re co seu pro­xec­to per­soal. Un­ha ban­da que ade­mais de in­ter­vir nas gra­va­cións, ser­vi­rá de acom­pa­ña­men­to nas pre­sen­ta­cións en vi­vo.

Fa­la dos anos nos que, se­gun­do ano­ta, aín­da se com­pra­ban dis­cos. Un­ha épo­ca na que, re­cor­da, su­per­ou as 30.000 co­pias ven­di­das e que na­da ten que ver coa ac­tual, do­mi­na­da por pla­ta­for­mas di­xi­tais co­mo iTu­nes ou Spotify. No­vos mo­de­los de negocio nos que Anxo ta­mén pen­sa de ca­ra á dis­tri­bu­ción de A le­di­cia de ser ga­le­go. Por ou­tro la­do, di de si mes­mo que ten «un­ha vi­sión aber­ta e mo­der­na» coa que che­gar a to­do o mun­do. Ade­mais do seu tra­ba­llo nun­ha mul­ti­na­cio­nal, Anxo foi ár­bi­tro de fút­bol ata os 38 anos, pe­ro ti­vo que dei­xa­lo por un pro­ble­ma no me­nis­co. Xa da­que­la fa­cía por sa­car tem­po pa­ra to­car, al­go im­pres­cin­di­ble pa­ra el. «Non mar­cho á ca­ma sen to­car», in­sis­te, co que de­mos­tra a pai­xón que sen­te o ar­tis­ta co­ru­ñés po­la mú­si­ca. Con­ta que a pri­mei­ra gui­ta­rra que re­ci­biu, can­do ti­ña 12 anos, foi un re­ga­lo da súa nai; e que des­pois de cum­prir os 13 ela mo­rreu. Den­de o seu fa­le­ce­men­to, Anxo non dei­xou de to­car e can­tar, po­lo que aín­da ho­xe pen­sa que, dal­gun­ha for­ma, a súa nai fí­xoo ar­tis­ta.

QUIAN CÉ­SAR

Anxo Vi­go cre que «Galicia me­re­ce ter dis­cos que con­ten vi­ven­cias e fa­len da cul­tu­ra da te­rra no idio­ma da te­rra», e por iso o seu no­vo tra­ba­llo se­rá can­ta­do to­do en ga­le­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.