A RAG di que Ni­can­dro Ares foi esen­cial no re­lan­za­men­to dos es­tu­dos de ono­más­ti­ca ga­le­ga

La Voz de Galicia (Lugo) - - LUGO -

A Real Aca­de­mia Ga­le­ga ex­pre­sou o seu «fon­do pe­sar» po­lo pa­sa­men­to de Ni­can­dro Ares Vázquez (Santa Eu­la­lia de Bó­ve­da, 1926-Lu­go, 2017), sa­cer­do­te, in­ves­ti­ga­dor e aca­dé­mi­co co­rres­pon­den­te des­de 2006. O seu en­te­rro te­rá lu­gar ho­xe lo­go dun­ha mi­sa que co­me­za­rá ás 11 da ma­ñá na igre­xa de Santa Eu­la­lia de Bó­ve­da.

«Foi un gran­de es­tu­do­so da to­po­ni­mia e un dos maio­res es­pe­cia­lis­tas no com­ple­xo mo­nu­men­tal do seu lu­gar de na­ce­men­to», di a RAG. Lem­bra a ins­ti­tu­ción que Ares Vázquez foi or­de­na­do sa­cer­do­te en 1951 e que desem­pe­ñou co­mo profesor do Se­mi­na­rio de Lu­go des­de 1955 ata a xu­bi­la­ción. «Foi quen de desen­vol­ver en so­li­ta­rio nu­me­ro­sas in­ves­ti­ga­cións so­bre os no­mes dos lu­ga­res. O seu é, de fei­to, un no­me esen­cial no re­lan­za­men­to dos es­tu­dos de ono­más­ti­ca ga­le­ga. No ron­sel dou­tros ecle­siás­ti­cos lu­cen­ses, pro­fun­dou nes­ta dis­ci­pli­na me­dian­te o es­tu­do di­rec­to e ma­nual dos do­cu­men­tos, cen­trán­do­se fun­da­men­tal­men­te na dio­ce­se lu­cen­se, pe­ro con­tri­buín­do a cla­ri­fi­car a ono­más­ti­ca de boa par­te de to­da Galicia», en­ga­de a Real Aca­de­mia.

Lem­bra ta­mén que a ca­rrei­ra co­mo in­ves­ti­ga­dor do fa­le­ci­do co­me­zou ins­pi­ra­da «po­lo seu mes­tre Fran­cis­co Vázquez Sa­co». En­ga­de: «Os pri­mei­ros tra­ba­llos, co­ma os del, ver­sa­ron so­bre asun­tos de epi­gra­fía e ar­queo­lo­xía ga­le­gas pe­ro, ma­lia non aban­do­nar nun­ca os te­mas his­tó­ri­cos, foi­se orien­tan­do ca­da vez máis ca­ra á ono­más­ti­ca, so­bre to­do ca­ra á to­po­ni­mia, que aca­bou sen­do o mo­ti­vo prin­ci­pal das súas in­ves­ti­ga­cións. De fei­to, o interese po­la ono­más­ti­ca xa se dei­xa­ba ver no seu pri­mei­ro tra­ba­lo, pu­bli­ca­do en 1964». A RAG re­co­lleu 178 dos tra­ba­llos da súa obra to­po­ní­mi­ca en dous vo­lu­mes pu­bli­ca­dos en 2011 e 2013.

Ni­can­dro Ares

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.