Ble­sa e os de­mais

La Voz de Galicia (Lugo) - - OPINIÓN - X. L. FRAN­CO GRAN­DE

Ble­sa, e os seus co­ñe­ci­dos con­xé­ne­res, son pa­ra a xe­ne­ra­li­da­de da xen­te os que asal­tan ban­cos den­de den­tro, un­ha va­rie­da­de no­va en com­pa­ran­za coa tra­di­cio­nal, de fó­ra pa­ra den­tro, anu­lan­do ao cai­xei­ro coas ar­mas ou voan­do un­ha par­te do ban­co pa­ra en­cher sa­cos con bi­lle­tes e lar­gar­se o máis lon­xe po­si­ble.

Pe­ro ago­ra non es­ta­mos no Oes­te. Os tem­pos cam­bian e os mé­to­dos me­llo­ran. Non é o mes­mo des­va­li­xar un ban­co a pun­ta de pis­to­la, ou desafian­do com­ple­xas me­di­das de se­gu­ri­da­de, que fa­cer o mes­mo sen­ta­do no in­te­rior, nun lu­xo­so des­pa­cho, ro­dea­do de per­soal ao seu ser­vi­zo e fa­cen­do fa­vo­res a uns e ou­tros. Es­ta­re­mos de acor­do en que o per­fec­cio­na­men­to do sis­te­ma ten che­ga­do a moi al­tos cu­mes.

Ble­sa for­mou par­te, co­mo é sa­bi­do, dun­ha ca­ma­ri­lla que de moi di­ver­sas ma­nei­ras ti­ñan co­mo úni­ca fi­na­li­da­de o rá­pi­do en­ri­que­ce­men­to, o que su­po­ñía un co­rre­la­ti­vo em­po­bre­ce­men­to, e mes­mo ruí­na, de xen­te en xe­ral hu­mil­de á que se lle pro­me­te­ron be­ne­fi­cios que nun­ca exis­ti­ron, nin ti­ñan tam­pou­co a pre­ten­sión de con­ce­de­los.

Un­ha ca­ma­ri­lla que xa os in­ves­ti­ga­do­res —xuí­ces e po­li­cía xu­di­cial— con­cep­tua­ban co­mo or­ga­ni­za­ción pa­ra de­lin­quir. É o que re­sul­ta de 1.900 impu­tados, duns 170 con­de­na­dos e da ins­tru­ción dun­has 130 cau­sas. O que al­gúns ou­tros, con un sen­ti­do do hu­mor moi par­ti­cu­lar, cha­man «unos ca­sos ais­la­dos».

Ble­sa e to­dos os de­mais existen por­que a no­sa so­cie­da­de o con­sin­te, por­que é ta­mén un­ha so­cie­da­de co­rrup­ta, por­que ce­le­bra, e no fon­do ad­mi­ra, ao es­ta­fa­dor sem­pre que o fa­ga ao gran­de —ao me­llor por­que ta­mén qui­xe­ra se­lo se a oca­sión se pres­ta­se—, men­tres con­de­na ao que rou­ba pa­ra co­mer. Só un­ha so­cie­da­de co­rrup­ta —e en­fer­ma— po­de con­sen­tir es­ta si­tua­ción. Un qui­xe­ra, un­ha vez máis, pen­sar que non é ver­da­de na­da do que pen­sa­mos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.