So­te­rra­do o cre­go Ni­can­dro Ares

Al­gúns dos seus ache­ga­dos din que é me­re­cen­te dun Día das Le­tras Ga­le­gas

La Voz de Galicia (Lugo) - - Portada - XOSÉ CARREIRA

Ase­gu­ran os que co­ñe­cen a obra do cre­go, in­ves­ti­ga­dor e aca­dé­mi­co da RAG, Ni­can­dro Ares Vázquez, que pes­cu­dou na ori­xe e o sig­ni­fi­ca­do dos no­mes de máis de cin­co mil lu­ga­res ga­le­gos. Por eses tra­ba­llos, e ta­mén po­la súa de­fen­sa da cul­tu­ra ga­le­ga, al­gúns dos seus ache­ga­dos re­cla­ma­ron on­te, xor­na­da na que ti­vo lu­gar o seu so­te­rra­men­to no pan­teón fa­mi­liar de San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da, que se lle de­di­que no fu­tu­ro un Día das Le­tras Ga­le­gas.

O seu fu­ne­ral foi un ac­to sin­xe­lo co­mo era el. Asis­ti­ron al­gúns dos seus fa­mi­lia­res, va­rios ami­gos e ta­mén com­pa­ñei­ros sa­cer­do­tes. A pe­sar da re­le­van­cia do seu tra­ba­llo e a súa va­lía, co­mo in­ves­ti­ga­dor, ga­le­guis­ta e cre­go, non foi me­re­cen­te dun­ha re­fe­ren­cia por par­te do Bis­pa­do de Lu­go, se­gun­do re­pa­ra­ron al­gúns dos seus ami­gos.

A mi­sa foi ofi­cia­da po­lo bis­po que es­ti­vo acom­pa­ña­do por un gru­po nu­me­ro­so de sa­cer­do­tes. O pre­la­do lem­brou que o que ca­rac­te­ri­za­ba a Don Ni­can­dro, co­mo así lle cha­ma­ban os que o tra­ta­ban, «o seu amor por Xe­sús e po­la súa te­rra». Di­xo, a maio­res, que as súas ca­pa­ci­da­des e mé­ri­tos eran enor­mes, pe­ro «sem­pre qui­xo ser hu­mil­de, e foi hu­mil­de».

Ni­can­dro Ares Vázquez fa­le­ceu con 91 anos, prac­ti­ca­men­te re­cen­te­men­te cum­pri­dos, ao amen­cer do pa­sa­do sá­ba­do. Le­va­ba po­lo me­nos tres me­ses cun­ha saú­de moi pre­ca­ria de­bi­do a una gra­ve doen­za.

Xe­sús Alonso Mon­te­ro, pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, can­do veu pre­sen­tar, en ou­tu­bro de 2013, os dous vo­lu­mes que lle edi­tou a ins­ti­tu­ción coa to­po­ni­mia ga­le­ga, de­fi­niu a Ni­can­dro Ares co­mo la­ti­nis­ta e “sar­triano”, pe­ro ad­ver­tiu: «Non por iso dei­xa­rá de ir ao ceo». Coa hu­mil­da­de que o ca­rac­te­ri­za­ba, o cre­go, dí­xo­lles aos pre­sen­tes que os li­bros con­ti­ñan «ma­te­riais dis­per­sos que An­tón San­ta­ma­ri­na (lin­güis­ta e ca­te­drá­ti­co lu­cen­se) re­co­lleu na mi­ña can­te­ira e, co­mo ar­qui­tec­to, le­van­tou es­tas dúas to­rres (re­fe­rín­do­se aos dous vo­lu­mes con ca­se 1.500 pá­xi­nas)». Ad­ver­tiu: «Pre­pa­rei es­tes bo­ca­di­llos na co­ci­ña da bi­blio­te­ca do se­mi­na­rio dio­ce­sano».

A. LÓ­PEZ

Os res­tos de Ni­can­dro Ares, en San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da.

ALBERTO LÓ­PEZ

O fu­ne­ral e o en­te­rro de Ni­can­dro ce­le­brá­ron­se en San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.