Das Ga­li­cias e da pa­tria

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - MA­RÍA XOSÉ PORTEIRO

Ho­xe, a me­mo­ria de Cas­te­lao es­ta­rá en dis­cur­sos e ho­me­na­xes. O pai da pa­tria mo­rreu nun­ha so­bria ca­ma do hos­pi­tal do Cen­tro Ga­le­go de Bos Ai­res can­do o sécu­lo pa­sa­do fi­ca­ba di­vi­di­do en dous. Así es­ta­ba Ga­li­cia xa da­que­la, par­ti­da en me­ta­des, quin­tas, dé­ci­mas por­cións. Tan­tas co­ma aco­lli­das ti­vo a no­sa diás­po­ra des­de o sécu­lo XVIII, ago­ra de no­vo re­lan­za­da coa cri­se. Ho­xe hai un­ha con­cen­tra­ción ao pé do Obe­lis­co da ave­ni­da 9 de Ju­lio cun­ha fes­ta que a no­sa xen­te de alá deu en cha­mar «Obe­lis­ca­zo». Non han fa­llar xan­ta­res, fo­lia­das e al­gún ca ou­tro pa­rá­gra­fo na lin­gua que le­va­ron de aquí, en­tre tan­tas ga­le­gas e ga­le­gos de ata ter­cei­ra e cuar­ta xe­ra­ción tei­man­do en se man­ter xun­gui­dos á un­ha pa­tria an­ces­tral.

Aquí vi­vi­mos de cos­tas a esas ou­tras reali­da­des on­de es­ta­mos —po­la contra— tan pre­sen­tes. A no­sa nai dos dous ma­res, co­mo al­guén lle can­ta­ra, ten moi­tas máis bei­ras ca au­ga. Só no bi­co atlán­ti­co ato­pa­mos co­lec­ti­vi­da­des ga­le­gas de Nor­te a Sur en am­bas as mar­xes oceá­ni­cas. Ma­lia to­do, non da­mos com­pren­di­do —nin va­lo­ra­do— o sen­ti­men­to de per­ten­za tan in­ten­so, ex­ten­so, her­da­ble e sos­ti­ble, que se te­ce fóra. O que tal non fa­rían Ca­ta­lu­ña ou Eus­ka­di con se­me­llan­te ca­pi­tal...!

O Cen­tro Ga­le­go es­tá a pa­sar un­ha te­rri­ble cri­se can­do cum­pre cen­to dez anos, in­ter­vi­do po­lo Go­berno ar­xen­tino lo­go de tan­tos car­tos en­via­dos di­rec­ta­men­te po­los seus so­cios ou fa­mi­lia­res de aquí ou de aco­lá, e po­los su­ce­si­vos Go­ber­nos au­to­nó­mi­cos des­de que o no­so Es­ta­tu­to de au­to­no­mía re­co­ñe­ceu os de­rei­tos dos tras­te­rra­dos e sus­ten­ta e xus­ti­fi­ca os gas­tos que se te­ñan que fa­cer por man­ter a ga­le­gui­da­de, alén das fron­tei­ras pe­nin­su­la­res.

Al­go es­ta­mos a fa­cer mal co pa­tri­mo­nio e o le­ga­do que nos foi dei­xa­do pe­ro xa ca­se nin­guén se lem­bra da emi­gra­ción á ho­ra de fa­lar dos pro­ble­mas com­par­ti­dos nin das so­lu­cións que pre­ci­sa­mos, tam­pou­co en da­tas co­ma es­ta, ben acaí­da pa­ra po­ñer en va­lor tan­to ca­pi­tal hu­mano cis­ca­do e uni­do a un tem­po po­lo mes­mo la­te­xo. O 25 de xu­llo Ga­li­cia é máis pa­tria ca nun­ca pa­ra mi­llei­ros de per­soas que vi­ven lon­xe, pe­ro con de­rei­to a vo­tar aquí, que se­gui­rán au­sen­tes nos dis­cur­sos e na me­mo­ria ata a pró­xi­ma con­vo­ca­to­ria elec­to­ral.

Se­gui­mos a ser un país que ex­por­ta per­soas ao tem­po que dei­xa afun­dir a pi­rá­mi­de de­mo­grá­fi­ca. On­de van as ideas e a em­pa­tía pre­ci­sas pa­ra co­nec­tar­mos cos ta­len­tos, ta­lan­tes, ima­xi­na­ción e so­ños de tan­tos de nós es­pa­re­xi­dos por to­dos os con­fíns? Nin os par­ti­dos de sem­pre, nin os no­vos, se preo­cu­pan se­ria­men­te des­ta des­cen­den­cia pró­di­ga e se in­tere­san me­nos por pro­cu­rar al­gun­ha idea pro­di­xio­sa pa­ra que es­te país non se­xa un­ha te­rra sen xen­te, nun fu­tu­ro ca­da vez me­nos im­po­si­ble.

Fo­mos un­ha pa­tria pro­lí­fi­ca. Dei­xe­mos a apa­tría a ca­rón e tra­ba­lle­mos po­la ir­man­da­de dun­ha ci­da­da­nía ac­ti­va des­de to­das as Ga­li­cias, esa no­sa nai (ai!) dos mil ma­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.