Os ob­xec­tos que su­man o ron­sel dun­ha vi­da que se­gue a ins­pi­rar

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura -

Ro­sa­lía fa­la por bo­ca da súa poe­sía. Pe­ro ta­mén hai ob­xec­tos que se­me­llan traer­nos no tem­po a súa voz. Al­gúns son moi per­soais, ou­tros son cir­cuns­tan­ciais, ade­mais dos que per­ten­ce­ron á súa épo­ca. Pe­ro o seu con­xun­to, a tra­vés da or­de cohe­ren­te da mu­seo­gra­fía, per­mi­te re­cons­truír e apre­ciar me­llor a sen­llei­ra tra­xec­to­ria da es­cri­to­ra. Por­que aín­da que a obra de Ro­sa­lía fas­ci­na mes­mo no seu pri­mei­ro en­con­tro, coa súa be­le­za, in­ten­si­da­de e ape­la­ción, non é me­nos cer­to que a in­for­ma­ción con­tri­búe a un go­zo e co­ñe­ce­men­to es­pe­cial­men­te im­por­tan­te no ca­so de al­guén cu­xa obra ofre­ce mil e un­ha re­lec­tu­ras.

Son pre­ci­sa­men­te as no­vas lec­tu­ras da súa obra e a súa vi­da a que de­man­da­ban un­ha pos­ta ao día da ex­po­si­ción des­tes ob­xec­tos. O di­rec­tor do plan mu­seo­ló­xi­co e mu­seo­grá­fi­co da ca­sa e o pro­xec­to apro­ba­do po­lo Pa­droa­do apos­ta­ban por su­pe­rar un mo­de­lo de si­mu­la­ción do ám­bi­to do­més­ti­co, que tan­to ten in­fluí­do en es­pa­zos des­te ti­po, pa­ra aca­dar ou­tro xei­to de co­mu­ni­ca­ción. Pa­ra iso, na­da me­llor que o prin­ci­pal ac­ti­vo co que con­ta­ban, a ca­sa, pa­ra que fo­se ela mes­ma a que in­tro­du­ci­se no seu no­vo re­la­to aos vi­si­tan­tes.

Pa­ra aca­dar es­te ob­xec­ti­vo ini­ciou­se un pe­río­do de re­fle­xión que se cen­trou na es­co­lla das pe­zas, a aná­li­se da co­lec­ción pro­pia e que ou­tros ob­xec­tos me­re­cía in­cor­po­rar, co ga­llo de le­var a ca­bo as xes­tións ne­ce­sa­rias. Mo­bles e ou­tras per­ten­zas, li­bros e ma­nus­cri­tos, fo­to­gra­fías e ca­dros or­ga­ni­zá­ron­se de xei­to que se pro­pu­xe­se un­ha no­va olla­da a Ro­sa­lía e o seu mundo.

Di­fe­ren­tes in­ter­pre­ta­cións

Aí es­tán os re­tra­tos que dan fe das eta­pas da súa vi­da, en­mar­ca­da na ima­xe da súa nai e o bos­que­xo que de­la fai o fi­llo, Ovi­dio, no lei­to de mor­te. En­tre am­bos es­tre­mos es­tá con­ti­da un­ha exis­ten­cia que se so­me­teu —e so­me­te— a di­fe­ren­tes in­ter­pre­ta­cións. A tra­vés dos seus es­cri­tos e ras­tros per­soais un po­de ache­gar­se a esa fi­gu­ra que tan­ta pe­ga­da dei­xou, co­mo tes­te­mu­ñan as mos­tras de aga­ri­mo che­ga­das da emi­gra­ción, a quen Ro­sa­lía can­tou con tan­ta elo­cuen­cia. Nes­te sen­ti­do, a no­va pro­pos­ta de mu­sea­li­za­ción non se cen­tra só na es­cri­to­ra, se­nón que abre máis pro­ta­go­nis­mo ás de­mais per­soas que com­par­tían a ca­sa con ela, den­de Mur­guía ás fi­llas e o fi­llo pin­tor, Ovi­dio, de quen se in­cor­po­ran va­rias obras, en­tre elas a que po­si­ble­men­te se­xa a de maior ta­ma­ño, Ár­bo­re do mon­te, pin­ta­da en 1899 e res­tau­ra­da no Mu­seo de Be­las Ar­tes da Co­ru­ña.

E, igual­men­te, tam­pou­co se de­tén nes­te ám­bi­to do­més­ti­co, xa que ache­ga cum­pri­da in­for­ma­ción da Ga­li­cia do tem­po no que vi­viu Ro­sa­lía, al­gun­ha de gran im­pac­to vi­sual, co­mo a vis­ta de San­tia­go por Ramón Gil Rey no ano de na­ce­men­to da es­cri­to­ra, 1837. Ta­mén é sig­ni­fi­ca­ti­va a in­clu­sión de re­fe­ren­cias ao que sig­ni­fi­cou Ro­sa­lía pa­ra os de­van­di­tos emi­gran­tes, ade­mais de pa­ra as xe­ra­cións que re­co­lle­ron o fa­cho do ga­le­guis­mo ini­cia­do no Re­xur­di­men­to, e as mu­lle­res e o fe­mi­nis­mo, que vi­ron ne­la un exem­plo ines­go­ta­ble.

Ini­ciou­se un pe­río­do de re­fle­xión que se cen­trou na es­co­lla das pe­zas

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.