Car­los Nú­ñez, Mi­lla­doi­ro e Mi­la­nés pa­ra fes­te­xar o día do Após­to­lo

Un­ha vin­te­na de ar­tis­tas es­ta­rán pre­sen­tes na ga­la es­pe­cial da TVG pa­ra o 25 de xu­llo

La Voz de Galicia (Lugo) - - Alta Definición - YOHANA SILVA, R. R.

O Día de Ga­li­cia ten pro­gra­ma­ción es­pe­cial na TVG. A ga­la do 25 de xu­llo con­ta­rá con Xosé Ramón Ga­yo­so co­mo mes­tre de ce­ri­mo­nias, que xun­to á ac­triz Lucía Re­guei­ro, a xor­na­lis­ta Lucía Ro­drí­guez e a can­tan­te e hu­mo­ris­ta Eva Igle­sias con­du­ci­rán un even­to que reúne no es­ce­na­rio a un­ha vin­te­na de gran­des ar­tis­tas. Uns due­tos mu­si­cais úni­cos, que es­tán des­ti­na­dos a ho­me­na­xear o día gran­de da co­mu­ni­da­de.

Con­ta­rán coa pre­sen­za dun dos me­llo­res gai­tei­ros do mundo, Car­los Nú­ñez, que acom­pa­ña­rá ó mú­si­co Ro­dri­go Ro­ma­ní, fun­da­dor do mí­ti­co gru­po Mi­lla­doi­ro, e a Son­de­seu, a pri­mei­ra or­ques­tra de mú­si­ca folk e tra­di­cio­nal de Ga­li­cia, que ta­mén sor­pren­de­rá con te­mas pro­pios. Ve­ran­se pa­sar po­lo es­ce­na­rio a ar­tis­tas do ta­lle de Pa­blo Mi­la­nés, can­tau­tor cu­bano li­ga­do a Ga­li­cia pro­fe­sio­nal e sen­ti­men­tal­men­te; Mar­ta Sán­chez, un­ha das ga­le­gas máis in­ter­na­cio­nais, e o pre­sen­ta­dor e can­tan­te Xosé Ma­nuel Pi­ñei­ro.

Tam­pou­co po­dían fal­tar o Gru­po Plan Si­be­ria, ga­ña­dor do con­cur­so da can­ción do ve­rán da Te­le­vi­sión de Ga­li­cia, in­ter­pre­tan­do Xun­to a ti, ou a ac­tua­ción dos pe­re­gri­nos máis co­ñe­ci­dos da can­le, Lucía Pé­rez e Ton­hi­to de Poi, que can­ta­rán xun­tos o te­ma O ca­mi­ño. O bai­le te­rá ta­mén pa­pel im­por­tan­te coa ac­tua­ción do gru­po No­va Ga­le­ga de Dan­za, ade­mais das pan­de­re­tei­ras de Xes­treu e da agru­pa­ción mu­si­cal De Pé Fei­to.

As sor­pre­sas, a mú­si­ca, a dan­za e o hu­mor acom­pa­ña­rán aos ga­le­gos nun­ha noi­te úni­ca pa­ra ce­le­brar.

CRTVG

Xosé Ramón Ga­yo­so e Lucía Re­guei­ro con­du­ci­rán a ga­la es­pe­cial do Día de Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.