No es­pe­cial es­trea­ra­se o «Himno do Má­xi­co Amor a Com­pos­te­la»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Alta Definición -

Ou­tra das sor­pre­sas que agar­dan nes­ta noi­te de­di­ca­da a Ga­li­cia é a pre­sen­ta­ción dun himno moi es­pe­cial. Un­ha can­ción de­di­ca­da a San­tia­go que se es­coi­ta­rá por pri­mei­ra vez dian­te do pú­bli­co du­ran­te a pro­gra­ma­ción es­pe­cial que ofre­ce a Te­le­vi­sión de Ga­li­cia a par­tir das 22.00 ho­ras.

Himno do Má­xi­co Amor a Com­pos­te­la é o tí­tu­lo des­ta no­va me­lo­día que es­tá in­ter­pre­ta­da po­las vo­ces de Ro­sa Ce­drón, ex­vo­ca­lis­ta de Luar na Lu­bre, e por Ca­ro­li­na Ru­bi­ro­sa, mem­bro de The Fun­kles, ban­da moi apre­cia­da en Eu­ro­pa po­las súas ver­sións soul e funk dos Beatles. A adap­ta­ción in­gle­sa foi com­pos­ta por Juan Ál­va­rez, mé­di­co e ex­pro­fe­sor en Ha­vard, coa axu­da de Ru­bi­ro­sa, que lle pon a voz a es­ta ver­sión in­ter­na­cio­nal. A in­ter­pre­ta­ción ga­le­ga ten le­tra da poe­ti­sa Eva Vei­gas coa co­la­bo­ra­ción de Ni­co­lás Vidal e es­coi­ta­ra­se a tra­vés dos bei­zos de Ro­sa Ce­drón. Es­ta­rán acom­pa­ña­das po­la Real Fil­har­mo­nía de Ga­li­cia bai­xo a ba­tu­ta do seu di­rec­tor, Paul Daniel, e coa pro­du­ción do com­po­si­tor e mú­si­co co­ru­ñés Na­ni Gar­cía.

Es­ta ines­que­ci­ble ho­me­na­xe a Com­pos­te­la se­rá in­ter­pre­ta­da si­mul­ta­nea­men­te en ga­le­go e en in­glés, de xei­to que se re­flic­te a mul­ti­cul­tu­ra­li­da­de e uni­ver­sa­li­da­de dos mi­llei­ros de vi­si­tan­tes que che­gan á ca­pi­tal ga­le­ga.

A can­ción es­tá in­te­gra­da no pro­xec­to fo­to­grá­fi­co, li­te­ra­rio e mu­si­cal San­tia­go In­vi­si­ble, cen­tra­do na ci­da­de com­pos­te­lá, im­pul­sa­do po­lo xi­ne­có­lo­go Chema Ríos To­rres. Os be­ne­fi­cios des­ta ini­cia­ti­va des­ti­na­ran­se ao Fon­do de Emer­xen­cias de Mé­di­cos Sen Fron­te­ras. A pu­bli­ca­ción, edi­ta­da po­lo Con­sor­cio de San­tia­go e a edi­to­rial Ga­la­xia, es­go­tou­se ás tres se­ma­nas de pór­se á ven­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.