Hu­mil­de e sa­bio

La Voz de Galicia (Lugo) - - La Voz De Lugo - ADOLFO DE ABEL VI­LE­LA

Con pe­sar aco­lle­mos a no­ti­cia do fa­le­ce­men­to de Ni­can­dro Ares Vázquez non só por­que per­de­mos un ami­go se­nón ta­mén un bo cre­go e un gran es­tu­do­so co­mo la­ti­nis­ta dun­ha par­te do no­so pa­sa­do, e po­si­ble­men­te ta­mén o úl­ti­mo dos sa­cer­do­tes per­ten­cen­tes a un­ha xe­ra­ción que re­ci­biu un­ha for­ma­ción que ía máis aló do ecle­siás­ti­co e que agro­mou nel, e nou­tros da súa xe­ra­ción, esa que­ren­cia po­la in­ves­ti­ga­ción gra­zas aos en­si­nos de pro­fe­so­res so­bre­sa­lien­tes do se­mi­na­rio lu­cen­se co­mo don An­to­nio Gar­cía Con­de ou don Fran­cis­co Vázquez Sa­co, en­tre ou­tros. Aín­da que o po­día fa­cer pa­ra os seus com­pa­ñei­ros dei­xo a súa ga­ban­za co­mo sa­cer­do­te.

Atrás que­dan dous cre­gos que per­ten­ce­ron a es­ta es­co­la e que ta­mén me hon­ra­ron coa súa ami­za­de, Ama­dor Ló­pez Val­cár­cel e Jai­me Del­ga­do Gómez.

Un­ha das fa­ce­tas que hai que des­ta­car de Don Ni­can­dro, que aín­da que el non que­ría era co­mo se lle cha­ma­ba, é por en­ci­ma de to­do, a súa gran mo­des­tia e hu­mil­da­de, un­ha das ca­rac­te­rís­ti­cas pou­co fre­cuen­tes no mundo da in­ves­ti­ga­ción on­de abun­dan os pa­vos reais de moi­ta apa­ren­cia e pou­ca sus­tan­cia.

Don Ni­can­dro ti­vo a sor­te de na­cer en San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da e por iso os seus pri­mei­ros es­tu­dos fo­ron so­bre o im­por­tan­te tem­plo so­te­rra­do, do que sa­be­mos que foi tem­plo cris­tián, pe­ro que a pe­sar do tem­po trans­co­rri­do des­de o seu des­cu­bri­men­to e os es­tu­dos rea­li­za­dos aín­da ofre­ce moi­tas som­bras so­bre as súas ori­xes.

Co­mo bo la­ti­nis­ta non fo­ron me­nos im­por­tan­tes os seus es­tu­dos epi­grá­fi­cos, tan­to de ins­cri­cións de épo­ca ro­ma­na co­mo me­die­val, co­mo o Acrós­ti­co de Odoa­rio ou a lau­da se­pul­cral do bis­po don Pe­dro I, ou as ins­cri­cións que hai na igre­xa e no claus­tro do con­ven­to de San Fran­cis­co. A el re­co­rrín en va­rias oca­sións pa­ra con­sul­tar­lle a ori­xe dal­gúns to­pó­ni­mos do ur­ba-

nis­mo lu­cen­se que apa­re­cen na do­cu­men­ta­ción me­die­val, e es­pe­cial­men­te, un que me ti­ña in­tri­ga­do, o da al­dea da mi­ña nai, Ca­doa­lla, que nun ar­ti­go pri­mei­ro su­pu­xo que vi­ña de ca­du­llo e pa­sa­do un tem­po cha­mou­me pa­ra di­cir­me que xa o ti­ña, que era de Ca­sa de Olaia, un­ha moi ra­zoa­ble con­clu­sión por­que por alí pa­sa a vía XIX ou, co­mo lle cha­man os ve­llos, O ca­mi­ño da an­ti­ga.

Os seus ar­ti­gos so­bre to­po­ni­mia, te­má­ti­ca na que se es­pe­cia­li­zou, afor­tu­na­da­men­te fo­ron re­co­lli­dos en dous vo­lu­mes po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga e pu­bli­ca­dos no 2013 co tí­tu­lo Es­tu­dos de to­po­ni­mia ga­le­ga.

A pe­sar do avan­ce ex­pe­ri­men­ta­do nos úl­ti­mos anos na in­ves­ti­ga­ción da no­sa his­to­ria, per­so­na­xes co­mo Ni­can­dro Ares te­ñen o mé­ri­to de ter con­tri­buí­do de­sin­te­re­sa­da­men­te a avan­zar no co­ñe­ce­men­to de de­ter­mi­na­dos te­mas, nun tem­po non moi afas­ta­do, a dé­ca­da dos 70 do sécu­lo pa­sa­do, en que se ig­no­ra­ba ca­se to­do.

Es­te gru­po de es­tu­do­sos in­de­pen­den­tes, no sen­ti­do de que non

per­ten­cen a nin­gún es­ta­men­to in­ves­ti­ga­dor, fo­ron pio­nei­ros no tra­ta­men­to a fon­do de de­ter­mi­na­dos te­mas e por iso creo que a so­cie­da­de dé­be­lles gra­ti­tu­de e re­co­ñe­ce­men­to, pois sen que lle lo pe­di­ra nin­guén, po­la súa ini­cia­ti­va e con­ta fi­xe­ron o seu pro­pio pro­xec­to e de­di­can o seu le­cer e o seu di­ñei­ro ao es­tu­do e a in­ves­ti­ga­ción, et amo­re, é di­cir, de­sin­te­re­sa­da­men­te e por amor á súa te­rra. Por con­se­llo meu, Jai­me Del­ga­do foi re­com­pi­lan­do e pu­bli­can­do po­la súa con­ta os seus ar­ti­gos de di­vul­ga­ción. Aín­da que sei que é un­ha pre­ten­sión que cae­rá en sa­co ba­lei­ro, por di­cir que non que­de. Non es­ta­ría de­mais que al­gun­ha ins­ti­tu­ción se ocu­pa­se de fa­cer o mes­mo tan­to dos ar­ti­gos de Ama­dor Ló­pez co­mo os de Ni­can­dro, non só co­mo re­co­ñe­ce­men­to do seu tra­ba­llo se­nón ta­mén co­mo un la­bor útil pa­ra o co­ñe­ce­men­to do pú­bli­co desexo­so de co­ñe­cer e dou­tros in­ves­ti­ga­do­res.

Nos de­rra­dei­ros anos da súa vi­da a saú­de de Ni­can­dro Ares in­fluíu na in­ten­si­da­de do seu tra­ba­llo in­te­lec­tual, es­pe­cial­men­te os seus pro­ble­mas de vi­sión que lle im­pe­dían ler e es­cri­bir. Pe­ro o que nos dei­xa non é pou­co, e so­bre to­do déi­xa­nos o exem­plo pa­ra quen o quei­ra imi­tar.

Ni­can­dro Ares

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.