Arran­ca a or­ga­ni­za­ción do San Froi­lán con du­ras crí­ti­cas do Par­ti­do Po­pu­lar

La Voz de Galicia (Lugo) - - La Voz De Lugo -

Ma­ñá van­se xun­tar al­gúns con­ce­llei­ros coa ti­tu­lar de Cul­tu­ra, Car­men Ba­sa­dre, pa­ra fa­lar do que se­rá o San Froi­lán des­te ano. Co­men­ta­rán, en­tre ou­tras cou­sas, dun po­si­ble pre­goei­ro e ta­mén dal­gun­has ac­tua­cións. A con­ce­llei­ra do BNG, Mai­te Fe­rrei­ro, xa an­ti­ci­pou que o seu gru­po re­cla­ma­rá un­has fes­tas par­ti­ci­pa­ti­vas, con ac­tua­cións pa­ra to­dos os gus­tos. Te pen­sa­do pre­sen­tar un­ha lis­ta de po­si­bles ac­tua­cións, fa­cen­do moi­to fin­ca­pé en ar­tis­tas e gru­pos ga­le­gos e ta­mén apor­ta­rá, di­xo, al­gúns no­mes de fa­dis­tas por­tu­gue­ses que es­tán a ter moi­ta so­na ul­ti­ma­men­te.

A xun­tan­za coin­ci­de coas crí­ti­cas que efec­tuou on­te a con­ce­llei­ra do PP, En­car­na Ami­go. Se­gun­do ex­pli­cou, tan­to as con­tra­ta­cións co­mo o pre­goei­ro, así co­mo o gro­so do pro­gra­ma de­be­rían ter­se pe­cha­do en xu­llo «pa­ra re­sal­tar, á al­tu­ra que se me­re­cen as pa­tro­nais de Lu­go».

«A pou­co máis de dous me­ses das pa­tro­nais aín­da es­tá sen con­cluír o fu­tu­ro das ca­se­tas do pol­bo, que son un dos re­cla­mos gas­tro­nó­mi­cos das pa­tro­nais. Tam­pou­co se co­ñe­ce na­da do pro­gra­ma de ac­tua­cións. O re­tra­so na di­fu­sión de pro­gra­mas e car­teis tan­to no nor­te de Por­tu­gal, co­mo nas ci­da­des coas que es­ta­mos ir­man­da­dos, así co­mo na re­de de al­ber­gues do Ca­mi­ño de San­tia­go, evi­den­cia un­ha nu­la vi­sión dos so­cia­lis­tas na pro­mo­ción des­tes fes­te­xos», ar­gu­men­tou a con­ce­llei­ra po­pu­lar.

En­car­na Ami­go en­ga­diu: «O in­ten­to de pa­tri­mo­nia­li­zar un­has fes­tas que son de to­dos, abo­ca ao seu de­cli­ve xa que pa­ra me­llo­rar a pro­mo­ción é ne­ce­sa­rio pe­char con an­te­la­ción as ac­ti­vi­da­des e as ac­tua­cións».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.