Irres­pon­sa­bi­li­da­de po­lí­ti­ca e xus­ti­za ao re­vés

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - LOURENZO FER­NÁN­DEZ PRIE­TO

Hai al­go xe­nuíno e in­com­pa­ra­ble na apa­ren­te im­po­si­bi­li­da­de es­pa­ño­la pa­ra asu­mir res­pon­sa­bi­li­da­des po­lí­ti­cas. As ví­ti­mas su­per­vi­ven­tes do ac­ci­den­te do Al­via na cur­va da Gran­dei­ra aín­da agar­dan un­ha res­pos­ta po­lí­ti­ca ao dra­ma que su­fri­ron e se­guen a su­frir eles e os fa­mi­lia­res de oi­ten­ta fi­na­dos. A res­pos­ta se­me­lla que ago­ra es­tá máis pre­to, pe­ro en­vol­ta no es­cán­da­lo, din uns, e na vin­gan­za, din ou­tros. Ca­tro anos son de­ma­sia­dos, evi­tan­do o que de­be­ra ser nor­mal: que un­ha co­mi­sión de in­ves­ti­ga­ción to­me con­ta en se­de par­la­men­ta­ria das ra­zóns dun dra­ma que me­re­ce un­ha ex­pli­ca­ción pú­bli­ca e po­lí­ti­ca. Un asun­to que nun­ca se pui­do nin se po­de­rá re­sol­ver no des­pis­te dun ma­qui­nis­ta. Sa­bé­mo­lo to­dos.

Pe­ro a non asun­ción de res­pon­sa­bi­li­da­des non só atin­xe aos po­lí­ti­cos, ta­mén po­de abran­guer de co­te aos téc­ni­cos. No sei se no ca­so do Al­via, pe­ro si den­de lo­go no asun­to do tra­mo do Fiou­co na A-8, un erro de deseño que só a sor­te fi­xo que fó­ra me­nos dra­má­ti­co e no que a ex­pe­rien­cia da Gran­dei­ra le­vou a to­mar so­lu­cións drás­ti­cas pa­ra o trán­si­to en ca­so do mí­ni­mo ris­co po­la bré­te­ma. Pe­ro que até o mo­men­to se­gue dei­xan­do na irres­pon­sa­bi­li­da­de aos res­pon­sa­bles da des­fei­ta. E po­de­mos se­guir por ou­tros ruei­ros na des­cri­ción da irres­pon­sa­bi­li­da­de co­mo atri­bu­to dos al­tos res­pon­sa­bles téc­ni­cos e po­lí­ti­cos, se­xa o mi­nis­tro es­pia­do e ins­ti­ga­dor de es­pio­na­xes aos seus ri­vais po­lí­ti­cos, se­xan as mal­ver­sa­cións eco­nó­mi­cas e des­víos de fon­dos que tam­pou­co pa­re­cen ato­par res­pon­sa­bi­li­da­des re­co­ñe­ci­das e asu­mi­das, agás ex­cep­cións. Os cul­pa­bles non se sen­ten tal, nin se­que­ra os que xu­di­cial­men­te o son.

Pre­gun­tá­mo­nos de on­de po­de vir es­ta asom­bro­sa irres­pon­sa­bi­li­da­de po­lí­ti­ca es­pa­ño­la. Ula di­fe­ren­za? Pen­san­do, un cae na con­ta de que es­ta­mos fun­da­dos na cha­ma­da «xus­ti­za ao re­vés». Así a cha­mou o seu ideó­lo­go, Ra­món Se­rrano Su­ñer. Con­sis­tiu tal re­vi­ra­vol­ta en con­ver­ter en cul­pa­bles aos leais e en leais aos gol­pis­tas hai ago­ra oi­ten­ta e un anos. Un pa­sa­do que non deu pa­sa­do por­que nin o co­ro­nel Mar­tín Alon­so, nin o ca­pi­tán Ga­ri­cano Go­ñi asu­mi­ron nun­ca a res­pon­sa­bi­li­da­de de des­ti­tuír, pro­ce­sar e fu­si­lar aos seus su­pe­rio­res na Coruña: o xe­fe da VIII Di­vi­sión, Sal­ce­do Mo­li­nue­vo; o xe­ne­ral da 15.ª Bri­ga­da, Ca­ri­dad Pi­ta; o go­ber­na­dor ci­vil, Pé­rez Car­ba­llo; e o al­cal­de, Suá­rez Fe­rrín. Tam­pou­co os ca­pi­táns Mo­reno e Vier­na asu­mi­ron a de fu­si­lar ao con­tral­mi­ran­te Aza­ro­la, xe­fe do Ar­se­nal de Fe­rrol.

Se­rrano Su­ñer fi­nou no 2003 con 101 anos, sen o de­bi­do des­car­go de con­cien­cia.

Os gol­pis­tas fo­ron as­cen­di­dos e col­ma­dos de dig­ni­da­des. Asu­ma­mos que es­ta­mos fun­da­dos na non asun­ción de res­pon­sa­bi­li­da­des e en­ten­da­mos —por­que o co­ñe­ce­men­to e a ra­zón así o dan a en­ten­der— que iso crea cul­tu­ra, há­bi­to e prác­ti­ca. De tan­to non mi­rar ao pa­sa­do, de tan­to non que­rer en­ten­de­lo, nin se­que­ra can­do xa pa­sou in­de­fec­ti­ble­men­te, aca­ba­mos por non que­rer en­ten­der de on­de vi­mos.

En to­do ca­so, o que pa­sa ago­ra só ten re­me­dio no pre­sen­te. Pen­sar his­to­ri­ca­men­te só sir­ve pa­ra en­ten­der­nos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.