A eter­na xu­ven­tu­de

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - FRAN­CIS­CO DÍAZ-FIERROS Ca­te­drá­ti­co emé­ri­to da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go

Foi co­mún a moi­tas ci­vi­li­za­cións a cren­za na exis­ten­cia dun­ha fon­te ou eli­xir da eter­na xu­ven­tu­de que fa­ría in­mor­tais aos ho­mes, pro­pie­da­de que ta­mén se lle atri­buíu á pe­dra fi­lo­so­fal que fo­ra tan desexa­da e pro­cu­ra­da po­los al­qui­mis­tas. O mun­do da cien­cia me­die­val e mo­der­na, aín­da que ti­vo con­tac­tos con es­tes am­bien­tes, en xe­ral foi bas­tan­te es­cép­ti­co con es­tas ideas.

Pa­ra­do­xal­men­te, nes­ta épo­ca ac­tual, des­cri­da e ra­cio­na­lis­ta, co­me­za­mos a es­coi­tar nos úl­ti­mos tem­pos vo­ces que pro­ve­ñen de mem­bros de pres­ti­xio­sas e po­ten­tes ins­ti­tu­cións cien­tí­fi­cas, que nos fa­lan de que se es­tán a dar xa os pa­sos ne­ce­sa­rios pa­ra con­se­guir «un­ha se­nec­tu­de in­sig­ni­fi­can­te» ou de «adiar dun xei­to in­de­fi­ni­do o en­ve­lle­ce­men­to» e con iso, «inau­gu­rar un­ha vi­da con for­za e saú­de li­bres do pe­so gra­vi­ta­cio­nal do tem­po». Ver­bas que aín­da que non fa­lan di­rec­ta­men­te da eter­na xu­ven­tu­de e da in­mor­ta­li­da­de, can­do me­nos nos es­tán a ofre­cer uns ho­ri­zon­tes inima­xi­na­bles hai moi pou­cos anos ca­ra a esas pro­me­sas.

Po­ñer freo ao pro­ce­so de en­ve­lle­ce­men­to e am­pliar ata lí­mi­tes des­co­ñe­ci­dos a es­pe­ran­za de vi­da son ta­mén os ob­xec­ti­vos ac­tuais de em­pre­sas bio­tec­no­ló­xi­cas crea­das por gru­pos tan po­de­ro­sos, por exem­plo, co­mo Goo­gle e que ten­tan, me­dian­te me­ca­nis­mos de res­tri­ción ca­ló­ri­ca, ma­ni­pu­la­ción xe­né­ti­ca, pre­ven­ción de da­nos oxi­da­ti­vos, tra­ta­men­tos hor­mo­nais e ou­tros, pro­lon­gar a vi­da ata ni­veis que, nos ca­sos máis op­ti­mis­tas, fa­la­rían­nos de cen­tos de anos.

Es­ta loi­ta con­tra a tem­po­ra­li­da­de e a de­gra­da­ción fí­si­ca, que son dúas das ca­rac­te­rís­ti­cas da ma­te­ria vi­va, su­po­ñen ta­mén abrir as por­tas ca­ra a un­ha no­va na­tu­re­za hu­ma­na, li­be­ra­da da morte e do en­ve­lle­ce­men­to, ob­xec­ti­vos que se in­te­gra­rían de cheo ne­sa no­va co­rren­te de pen­sa­men­to que se de­fi­ne co­mo o trans­hu­ma­nis­mo. Es­te concepto foi in­tro­du­ci­do en 1957 por J. Hux­ley e to­mou for­za e di­fu­sión na ac­tua­li­da­de da man dos avan­ces apli­ca­dos ao ser hu­mano po­las NBIC (Na­no­tec­no­lo­xía, Bio­tec­no­lo­xía, In­for­má­ti­ca e cien­cias do Co­ñe­ce­men­to). Pre­ten­de a su­pera­ción das li­mi­ta­cións hu­ma­nas a tra­vés da ra­zón, a cien­cia e a tec­no­lo­xía, de ma­nei­ra que se poi­dan eli­mi­nar o su­fri­men­to, as doen­zas, o en­ve­lle­ce­men­to e mes­mo, a morte. En de­fi­ni­ti­va, crear un no­vo ser, hu­mano?

De cer­to que nin­guén nos pre­gun­tou se es­ti­ma­mos que un mun­do que non en­ve­lle­ce se­ría o me­llor dos mun­dos po­si­bles, xa que pa­ra moi­tas per­soas o pro­ble­ma non es­ta­ría tan­to en en­ga­dir­lles sen máis anos e vi­gor fí­si­co á vi­da que, evi­den­te­men­te nin­guén re­xei­ta­ría, se­nón so­bre to­do, en do­ta­la dun sen­ti­do e va­lo­res que ho­xe se­me­llan estar des­apa­re­ci­dos. É di­cir, que se­ría máis un pro­ble­ma de ca­li­da­de que de can­ti­da­de.

Xa o xe­nial Cun­quei­ro, nun dos seus re­la­tos on­de nos pre­sen­ta ao rei Sa­lo­món du­bi­dan­do dian­te do eli­xir da eter­na xu­ven­tu­de, amó­sa­nos á pom­ba Bu­ti­mar re­co­men­dán­do­lle non be­be­lo, por­que a cues­tión non é amo­rear anos, se­nón que a es­tes non lles fal­ten o aga­ri­mo dos ami­gos e ache­ga­dos. Sen afec­tos, un­ha exis­ten­cia eter­na non te­ría sen­ti­do e se­ría «una au­sen­cia eter­na» na que «ol­vi­dan­do y ol­vi­da­do, vi­vi­rás…». (Ter­tu­lia de bo­ti­cas pro­di­gio­sas, 1976).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.