Xo­sé Luís Axei­tos pes­cu­da no ron­sel do au­tor e ma­ri­ño nun­ha mi­nu­cio­sa bio­gra­fía que do­cu­men­ta a evo­lu­ción per­soal, po­lí­ti­ca e li­te­ra­ria do es­cri­tor de Rian­xo Do neno Le­li­ño ao poe­ta Ma­nuel An­to­nio

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

Ma­nuel An­to­nio Pé­rez Sán­chez (Rian­xo, 1900-1930) pa­sou á his­to­ria da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga co­mo Ma­nuel An­to­nio. Pe­ro pa­ra os ami­gos foi sin­xe­la­men­te Ma­no­lo. E pa­ra a fa­mi­lia, Le­lo, mes­mo Le­li­ño can­do no­vo. Ca­da un des­tes no­mes re­mi­te a un­ha per­cep­ción di­fe­ren­te da mes­ma per­soa, cu­xa com­ple­xa per­so­na­li­da­de non dei­xa­ba de ser a su­ma de to­dos eles. Con pa­cien­cia e mi­nu­cio­si­da­de, son ago­ra des­mon­ta­dos e re­cons­truí­dos po­lo aca­dé­mi­co e es­pe­cia­lis­ta na obra do rian­xei­ro Xo­sé Luís Agre­lo, quen tras edi­tar a súa obra com­ple­ta —pro­sa, poe­sía e epis­to­la­rio— en­tre­ga ago­ra a pe­za que fal­ta­ba, a bio­gra­fía Ma­nuel An­to­nio. Un­ha vi­da en re­bel­día (Xe­rais).

O re­sul­ta­do é un­ha ache­ga tri­pla a Ma­nuel An­to­nio —per­soal, po­lí­ti­ca e li­te­ra­ria— ci­men­ta­da so­bre a pre­ci­sión dos de­ta­lles. «Se di­go que Ma­nuel An­to­nio foi un ra­paz lou­ro, é por­que a nai lle cor­tou e con­ser­vou un gue­cho», ilus­tra Axei­tos, quen na­ve­gou po­lo lon­go ron­sel de do­cu­men­tos, fo­to­gra­fías, li­bros e de­mais ras­tros que so­bre­vi­ven a un­ha exis­ten­cia, ata re­tra­tar á per­soa tras o no­me nos ma­nuais de li­te­ra­tu­ra. Un tra­ba­llo no que o bió­gra­fo in­ten­tou cons­cien­te­men­te evi­tar a ha­xio­gra­fía, un pe­ri­go no que po­día caer da­da a sim­pa­tía que sen­tía po­lo per­so­na­xe —«tra­tei de non ob­viar as súas con­tra­di­cións»—, e que de­vol­veu un­ha ima­xe ás ve­ces re­ve­la­do­ra. «Hai un­ha cer­ta ten­den­cia a ver a Ma­nuel An­to­nio co­mo un pe­di­chón, que sem­pre lle an­da a pe­dir car­tos e cou­sas á nai. Pe­ro can­do lle di que lle en­víe di­ñei­ro pa­ra pa­gar­lle un xan­tar ao sar­xen­to que lle fi­xo a ins­tru­ción mi­li­tar en San­tia­go, com­pro­bei no BOE que efec­ti­va­men­te era así, que es­ta­ba obri­ga­do a fa­cer­lle un aga­sa­llo ou con­vi­te», re­la­ta Axei­tos.

Des­te xei­to, a bio­gra­fía arran­ca do con­tex­to fa­mi­liar e so­cial dos anos pri­mei­ros de Ma­nuel An­to­nio, pa­ra tra­zar a súa evo­lu­ción po­lí­ti­ca e li­te­ra­ria. No pri­mei­ro ei­do, o fu­tu­ro poe­ta des­cu­bri­rá o ga­le­guis­mo ao mes­mo tem­po que su­fre un­ha cri­se re­li­xio­sa, fer­vor que tras­pa­sa ao seu no­vo cre­do: con ou­tros ami­gos asi­na­rá un pac­to de san­gue. A vo­ca­ción li­te­ra­ria, en cam­bio, es­tá xa pre­sen­te den­de moi no­vo. «Qui­xo ser poe­ta, de sem­pre», con­fir­ma Axei­tos, quen su­bli­ña co­mo a ex­pre­sión es­cri­ta e ver­bal era o me­dio que ti­ña Ma­nuel An­to­nio de in­ter­pre­tar o mun­do e ex­pre­sar­se ca­ra a el. Aí es­tán as du­cias de poe­sías que co­piou —igual que as le­tras dos fa­dos— de mo­der­nis­tas co­mo Ru­bén Da­río ou Vi­llaes­pe­sa, mo­de­los ini­ciais cos que máis tar­de rom­pe­ría.

Ba­ta­lla in­te­rior

Axei­tos ta­mén co­lo­ca o fo­co so­bre o que de­no­mi­na «a du­ra ba­ta­lla» que li­brou Ma­nuel An­to­nio por estar á al­tu­ra el mes­mo das ri­go­ro­sas esi­xen­cias li­te­ra­rias que se mar­ca­ra, o que o mer­gu­lla­ba nun mar de dú­bi­das e re­xei­tes dos seus pro­pios tex­tos. Un ri­gor que se con­cre­ta­ría ade­mais na rup­tu­ra coa xe­ra­ción do­mi­nan­te en­tón na cul­tu­ra ga­le­ga —«de­ca­tou­se in­me­dia­ta­men­te de que os de Nós xa eran ve­llos»— e a pu­bli­ca­ción do ma­ni­fes­to Máis Alá, que cae­ría co­mo un­ha bom­ba en­tre os seus coe­tá­neos.

Pá­xi­na a pá­xi­na, Axei­tos de­bu­lla a per­so­na­li­da­de dun Ma­nuel An­to­nio fas­ci­nan­te que emer­xe da in­xen­te do­cu­men­ta­ción. Fac­tu­ras, re­ci­bos ou car­tas dan fe da am­pli­tu­de e al­can­ce dos seus in­tere­ses bi­blio­grá­fi­cos, men­tres que os dia­rios de na­ve­ga­ción co­mo os do Cons­tan­tino Can­dei­ra ilu­mi­nan un­ha fa­cia­na me­nos co­ñe­ci­da pe­ro de­ci­si­va da súa vi­da. Co­mo non pa­sa inad­ver­ti­do o ado­les­cen­te que lle pres­ta á mo­za que cor­te­xa li­bros de poe­mas, que ela lle de­vol­ve con flo­res aro­má­ti­cas do xar­dín en­tre as pá­xi­nas, nin o adul­to que fa­le­ceu pre­ma­tu­ra­men­te: Ma­nuel An­to­nio acu­mu­lou do­cu­men­ta­ción va­ria­da arre­dor da tu­bercu­lose que ao ca­bo o le­va­ría: «Un con­xun­to de silencio e de te­mor».

No «Cons­tan­tino Can­dei­ra». Ma­nuel An­to­nio, arri­ba á de­rei­ta, no pai­le­bo­te. Abai­xo, un­ha en­tra­da do seu dia­rio de na­ve­ga­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.