Lem­bran­za na mi­sa de Ro­sa­lía á Bi­blia en ga­le­go de Zu­lue­ta

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - T. MONTERO

«Ro­sa­lía e tan­tos ou­tros, cer­ta­men­te, me­re­cen a no­sa ora­ción e a no­sa es­ti­ma». Con ver­sos do poe­ma que Cu­rros En­rí­quez de­di­cou a Ro­sa­lía de Cas­tro co­me­zou o seu ser­món Benito Mén­dez na mi­sa de Ro­sa­lía do 25 de xu­llo, un­ha tra­di­ción que se ini­ciou en 1932, en la­tín, e que no ano 1965 uti­li­zou por pri­mei­ra vez o ga­le­go. Dous anos des­pois, o car­deal Qui­ro­ga Pa­la­cios vol­ve­ría fa­cer his­to­ria na nor­ma­li­za­ción lin­güís- ti­ca: da­ría a súa pri­mei­ra mi­sa en ga­le­go du­ran­te a con­sa­gra­ción da igre­xa do Car­me de Agui­ño. «A pa­la­bra cha­ve des­te día é ser­vi­zo». Por iso, o pá­rro­co agra­de­ceu pri­mei­ro o ser­vi­zo de Al­fon­so Zu­lue­ta, im­pul­sor da pri­mei­ra tra­du­ción da Bi­blia ao ga­le­go. «Foi un fi­to his­tó­ri­co», en­ga­diu o cre­go en­car­ga­do do ofi­cio que ca­da 25 de xu­llo se ce­le­bra no Pan­teón de Ga­le­gos Ilus­tres. Un fi­to his­tó­ri­co co­mo «a ce­le­bra­ción des­ta mi­sa a Ro­sa­lía». Mén­dez ta­mén agra­de­ceu o la­bor do cóen­go e pro­fe­sor Xo­sé Fer­nán­dez La­go.

PA­CO RODRÍGUEZ

Flo­res pa­ra a es­cri­to­ra. On­te vol­veu­se ce­le­brar a mi­sa na hon­ra de Ro­sa­lía, co­mo ca­da 25 de xu­llo, e que den­de 1965 se ofi­cia en ga­le­go. Un ho­me­na­xe na que non fal­ta­ron as flo­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.