«A xen­te da mi­ña ida­de marcha por­que aquí non hai fu­tu­ro»

Rodríguez di que a xu­ven­tu­de ten que or­ga­ni­zar­se pa­ra cam­biar o ac­tual es­ta­do de cou­sas

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo - EN­RI­QUE G. SOUTO

Hou­bo un tem­po, alá po­los anos da ago­ra de­nos­ta­da Tran­si­ción, no que mi­li­tar nas xuventudes do Par­ti­do Co­mu­nis­ta con­fe­ría aos mo­zos un in­ne­ga­ble pres­ti­xio en­tre os es­tu­dan­tes uni­ver­si­ta­rios e de ins­ti­tu­to. As cou­sas cam­bia­ron moi­to, pe­ro a mi­li­tan­cia co­mu­nis­ta, ho­xe moi­to máis es­ca­sa que en­tón, si­gue to­man­do con igual ri­gor as súas res­pon­sa­bi­li­da­des pa­ra coa or­ga­ni­za­ción e a trans­for­ma­ción da so­cie­da­de. Be­go­ña Rodríguez Cacharrón (Lu­go, 1989) es­tá a pun­to de dar o pa­so des­de as xuventudes, das que foi en Ga­li­cia se­cre­ta­ria de po­lí­ti­ca na­cio­nal, ao Par­ti­do Co­mu­nis­ta. Di que, aquí, na pro­vin­cia, non hai fu­tu­ro pa­ra a xu­ven­tu­de e ela es­tá dis­pos­ta a loi­tar pa­ra cam­biar ese es­ta­do de cou­sas. —Por que mi­li­tar a es­tas al­tu­ras nun­ha or­ga­ni­za­ción co­mo a súa? —Pa­ra min é al­go fun­da­men­tal. A xu­ven­tu­de, tra­ba­lla­do­ra ou es­tu­dan­te, ten que or­ga­ni­zar­se, por­que hai moi­tí­si­mas cou­sas que cam­biar na so­cie­da­de. —Ca­les son os seus re­fe­ren­tes po­lí­ti­cos? —Xa sei que po­de soar a tó­pi­co, pe­ro a min gús­ta­me bo­tar a vis­ta atrás e to­mar co­mo re­fe­ren­tes aos clá­si­cos do co­mu­nis­mo, eses nos que pen­sa­mos to­dos, pe­ro ta­mén a Án­ge­la Da­vis e a ou­tras mu­lle­res que creo que hai que ter moi pre­sen­tes. E ta­mén Mar­ce­lino Ca­ma­cho. —¿Tra­ba­lla? —Te­ño tra­ba­llos tem­po­rais. Ago­ra mes­mo é o que hai: tra­ba­llo tem­po­ral. —¿Co­mo ve des­de a súa óp­ti­ca po­lí­ti­ca a si­tua­ción da pro­vin­cia? —Pa­ra a mo­ci­da­de, moi di­fí­cil. En moi­tos ca­sos a úni­ca saí­da é a emi­gra­ción. E can­do os mo­zos ato­pan tra­ba­llo é nun­ha si­tua­ción de pre­ca­rie­da­de bru­tal. A xen­te da mi­ña ida­de es­tá mar­chan­do, por­que aquí non hai fu­tu­ro. —Pe­ro ago­ra go­ber­na na pro­vin­cia e na ca­pi­tal o Par­ti­do So­cia­lis­ta... —As po­lí­ti­cas do PSOE e do PP son ba­si­ca­men­te iguais e non dan res­pos­ta ás ne­ce­si­da­des da mo­ci­da­de, nin de em­pre­go, nin de vi­ven­da. Por iso a ca­pi­tal e o res­to da pro­vin­cia es­tán que­dan­do sen mo­ci­da­de. —¿Que opi­nión ten do tra­ba­llo do con­ce­llei­ro de ACE-EU na ca­pi­tal? —Fai un tra­ba­llo moi bo, por exem­plo en ma­te­rias co­mo a co­rrup­ción, igual que nos asun­tos re­la­cio­na­dos coa trans­pa­ren­cia na ins­ti­tu­ción. Eu re­co­men­da­ría que trans­ver­sa­li­za­ra ta­mén o dis­cur­so da xu­ven­tu­de co­mu­nis­ta. Ás ve­ces hai que fa­cer máis fin­ca­pé nes­to. —Pre­gun­tei a to­dos os re­pre­sen­tan­tes de xuventudes de par­ti­dos po­lí­ti­cos en Lu­go se te­ñen in­de­pen­den­cia con res­pec­to á or­ga­ni­za­ción prin­ci­pal. ¿Co­mo é no seu ca­so? —Te­mos in­de­pen­den­cia or­ga­ni­za­ti­va. To­ma­mos as no­sas pro­pias de­ci­sións, pe­ro sem­pre te­mos co­mo re­fe­ren­cia ao par­ti­do; a súa ex­pe­rien­cia é moi ne­ce­sa­ria pa­ra nós. —Com­par­ten es­pa­zo no local do par­ti­do... —Si. Ás ve­ces si que se bo­ta en fal­ta ter al­go máis de si­tio, pe­ro es­ta­mos con­ten­tos de com­par­tir o local cos com­pa­ñei­ros. —A pun­to de pa­sar ao par­ti­do, ¿que as­pi­ra­cións po­lí­ti­cas ten? —Eu que­ro ter un pa­pel moi ac­ti­vo no par­ti­do, pe­ro non tan­to no te­rreo ins­ti­tu­cio­nal, que non é o que máis me gus­ta; o que me gus­ta é estar a pé de rúa, e nos ei­dos sin­di­cal e fe­mi­nis­ta.

«As po­lí­ti­cas do PSOE e do PP non dan res­pos­ta ás ne­ce­si­da­des da mo­ci­da­de»

Be­go­ña Rodríguez Cacharrón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.