Li­bre­men­te

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - ANTÓN RIVEIRO COELLO CHEMA MOYA EFE

Nos úl­ti­mos días hou­bo un­ha en­xu­rra­da de de­cla­ra­cións por mor das pa­la­bras da pre­si­den­ta da Co­mu­ni­da­de de Madrid can­do in­si­nuou que as va­ca­cións non son un­ha obri­ga dos tra­ba­lla­do­res, se­nón un­ha op­ción pa­ra to­mar li­bre­men­te. Non se pre­ci­san moi­tas lu­ces pa­ra de­tec­tar que es­ta ex­pre­sión pe­cha cer­to po­pu­lis­mo e a fal­sa idea de ser un­ha mu­ller tra­ba­lla­do­ra. Pois ben, o que me mo­les­ta dis­to non é a in­fluen­cia que es­tas pa­la­bras poi­dan ter na so­cie­da­de, se­nón as reac­cións te­sas e desai­ra­das de cer­to sec­tor pro­gre­sis­ta, que de­no­tan un­ha fal­ta de iro­nía preo­cu­pan­te pa­ra con­tra­rres­tar un ar­gu­men­to que non se sos­tén por si só. Res­pon­der con gra­vi­da­de e trans­cen­den­cia o que fai é er­guer o te­ma á ca­te­go­ría de im­por­tan­te. Se par­ti­mos da idea de que tra­ba­llar non é un de­rei­to, se­nón o pri­vi­le­xio duns pou­cos afor­tu­na­dos, re­sul­ta­ría doa­do che­gar á con­clu­sión de que as va­ca­cións son un lu­xo. Pe­ro nin to­do é tan bran­co nin tan ne­gro. O que me­nos me es­tra­ña é a mo­rea de alia­dos in­vo­lun­ta­rios que lle saí­ron á se­ño­ra Ci­fuen­tes, es­pe­cial­men­te al­gúns au­tó­no­mos que se quei­xan da im­po­si­bi­li­da­de das súas va­ca­cións pa­ra non per­der car­tos. Non o du­bi­do. To­dos te­mos a no­sa ca­suís­ti­ca. A mi­ña nai, por exem­plo, era cos­tu­rei­ra e, can­to máis co­sía, máis ga­ña­ba (un­ha fór­mu­la que non va­le pa­ra un fun­cio­na­rio). Con to­do, a mi­ña nai, ma­lia o ris­co de ser­mos máis po­bres, non per­doa­ba uns días na praia. Po­la con­tra, o meu pai, que era po­li­cía mu­ni­ci­pal e fon­ta­nei­ro, se­guía un pou­co a li­ña op­cio­nal da se­ño­ra Ci­fuen­tes ao usar as va­ca­cións do con­ce­llo pa­ra ins­ta­lar ba­ños e axu­dar na sei­tu­ra dos so­gros. No fon­do, eu ta­mén vou po­lo mes­mo ca­mi­ño: co­llo as va­ca­cións de fun­cio­na­rio pa­ra se­guir tra­ba­llan­do de es­cri­tor, iso si, li­bre­men­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.