O ver­da­dei­ro pro­ble­ma da la­ba­za­da

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - CEL­SO CURRÁS

Opro­ble­ma edu­ca­ti­vo dos fi­llos que non fan ca­so dos pais, que co­mo reac­ción ca­pri­cho­sa des­trúen o pri­mei­ro que ato­pan dian­te e que ca­re­cen da máis mí­ni­ma em­pa­tía, non xor­de de re­pen­te nin se so­lu­cio­na cun­ha la­ba­za­da. Tam­pou­co se res­ti­túe a au­to­ri­da­de pa­ter­na cun­ha ab­so­lu­ción xu­di­cial por ese cas­ti­go, en­tre ou­tras ra­zóns por­que nun­ca a hou­bo. O au­tén­ti­co pro­ble­ma ven de tan­tos anos atrás co­mo ten o ra­paz; é di­cir, ten a ori­xe no pro­pio ber­ce, on­de de­be co­me­zar a edu­ca­ción, pa­ra a que han es­tar ca­pa­ci­ta­dos os pais.

Un­ha cou­sa é un­ha la­ba­za­da es­pon­tá­nea a un ra­paz que ten un­ha reac­ción irre­fle­xi­va ou un ca­pri­cho mo­men­tá­neo e ou­tra, moi di­fe­ren­te, un­ha la­ba­za­da que in­ten­ta cor­tar un com­por­ta­men­to xa con­so­li­da­do, froi­to de erros e de con­tra­di­cións edu­ca­ti­vas. No pri­mei­ro ca­so, a la­ba­za­da po­de re­sul­tar efi­caz, aín­da que se­xa pres­cin­di­ble. No se­gun­do, che­ga tar­de e as po­si­bles so­lu­cións son com­ple­xas e ur­xen­tes.

Nos tres pri­mei­ros anos de vi­da im­plán­tan­se a to­le­ran­cia ás frus­tra­cións e a so­lu­ción aos con­fli­tos. Pro­te­xer máis alá do nor­mal aos fi­llos, ac­tuar con me­do á per­da do seu ca­ri­ño ou a cau­sar­lles trau­mas, é moi pre­xu­di­cial pa­ra a súa edu­ca­ción. Os ex­per­tos coin­ci­den en que a au­to­ri­da­de é un va­lor fun­da­men­tal pa­ra o nor­mal desen­vol­ve­men­to da per­soa. A desobe­dien­cia sis­te­má­ti­ca e as reac­cións ca­pri­cho­sas e mes­mo vio­len­tas dos ne­nos, acos­tu­man ser pro­du­to dun­ha edu­ca­ción per­mi­si­va ou ex­ce­si­va­men­te pro­tec­to­ra, sen re­gras nin lí­mi­tes, que evi­ta to­do ti­po de au­to­ri­da­de e que con­fun­de es­ta con au­to­ri­ta­ris­mo. A con­se­cuen­cia son fi­llos mi­ma­dos, con­sen­ti­dos e de­pen­den­tes que, co­mo con­se­cuen­cia, ca­re­cen de au­to­con­trol e de ma­du­rez. Che­ga­dos á ado­les­cen­cia po­den ser vio­len­tos e des­con­si­de­ra­dos e non te­ñen a em­pa­tía im­pres­cin­di­ble pa­ra as re­la­cións hu­ma­nas.

Non es­tra­ña, xa que lo­go, que ca­da día es­tea máis xu­di­cia­li­za­da a vi­da es­co­lar, des­de a la­ba­za­da ao acoso, pa­san­do po­la cus­to­dia dos fi­llos ou a con­vi­ven­cia, Pe­ro nes­te po­der non se vai ato­par a so­lu­ción de­fi­ni­ti­va, pois se­gui­rá a ha­ber sen­ten­zas con­tra­di­to­rias que xe­ren con­fu­sión e que obri­guen ao exe­cu­ti­vo a com­pli­car máis un mar­co le­gal xa moi en­ma­ra­ña­do. Os pro­fe­sio­nais da edu­ca­ción con­ti­nua­rán de­di­can­do moi­to tem­po a aten­der a alum­nos e a pais que ve­ñen a de­man­dar res­pos­tas a con­fli­tos que non xur­di­rían de ter­se ac­tua­do ben no seu mo­men­to. E cu­xos desen­la­ces acos­tu­man ser pre­xu­di­ciais pa­ra as boas re­la­cións na es­co­la.

É cer­to que a so­lu­ción, a lon­go pra­zo, pa­sa por un im­por­tan­te cam­bio so­cial, pe­ro a me­dio é im­pres­cin­di­ble que as Ad­mi­nis­tra­cións pú­bli­cas po­ten­cien a for­ma­ción de pais no pro­pio cen­tro edu­ca­ti­vo e nos fo­ga­res, che­gan­do a acor­dos cos me­dios de co­mu­ni­ca­ción de máis pe­ne­tra­ción ne­les. Ter fi­llos re­qui­re ca­pa­ci­ta­ción pa­ra edu­ca­los ade­cua­da­men­te e hai tan­tos es­te­reo­ti­pos e pre­sións ex­ter­nas ne­ga­ti­vas que a maior par­te dos pais re­co­ñe­cen non sa­ber fa­ce­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.