Os Bo­le­chas re­crean pa­ra os lec­to­res máis no­vos un con­to de Car­los Ca­sa­res

O li­bro for­ma par­te da co­lec­ción As Mi­ñas Pri­mei­ras Le­tras Ga­le­gas

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - ALE­JAN­DRO ÁL­VA­REZ, R. N.

O cen­tro cul­tu­ral Mar­cos Val­cár­cel, de Ou­ren­se, aco­lleu na ma­ñá de on­te a pre­sen­ta­ción do ter­cei­ro li­bro da co­lec­ción As Mi­ñas Pri­mei­ras Le­tras Ga­le­gas, nes­ta oca­sión cen­tra­do na fi­gu­ra do es­cri­tor ou­ren­sán Car­los Ca­sa­res —na­rra­dor ho­me­na­xea­do no Día das Le­tras Ga­le­gas des­te ano—.

O con­xun­to de tí­tu­los te­ñen co­mo fi­na­li­da­de ache­gar a fi­gu­ra de di­fe­ren­tes au­to­res aos que se lle de­di­cou o día gran­de da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga aos máis ca­ti­vos.

Pe­pe Ca­rrei­ro, crea­dor de Os Bo­le­chas, em­pre­ga es­tes de­bu­xos co fin de ache­gar dun xei­to di­ver­ti­do á vez que di­dác­ti­co a au­to­res co­mo Eduar­do Pon­dal, Cu­rros En­rí­quez ou Ro­sa­lía de Castro. Pa­ra iso, con­ver­te un­ha das obras de ca­da es­cri­tor nun en­tre­ti­do con­to no que o lec­tor vai des­cu­brin­do quen é o per­soei­ro ho­me­na­xea­do ao tem­po que go­za dun­ha en­tre­ti­da aven­tu­ra tí­pi­ca das per­so­na­xes crea­das por Ca­rrei­ro.

No ca­so de Car­los Ca­sa­res, o tí­tu­lo eli­xi­do pa­ra es­ta co­lec­ción foi o con­to A ra­pa­za do cir­co, in­cluí­do no seu fa­mo­so li­bro Ven­to fe­ri­do. Un­ha his­to­ria de amor en­tre un neno ga­le­go e un­ha ra­pa­za fran­ce­sa tra­pe­cis­ta que che­ga á vi­la on­de se desen­vol­ve a his­to­ria co seu cir­co.

A pu­bli­ca­ción, ade­mais, in­clúe frag­men­tos ori­xi­nais da obra do au­tor ou­ren­sán ex­pli­ca­dos de for­ma sin­xe­la ao fi­nal do vo­lu­me. Ta­mén in­clúe un­ha bre­ve bio­gra­fía de Ca­sa­res, así co­mo un re­pa­so ás di­fe­ren­tes obras pu­bli­ca­das po­lo au­tor.

No pro­xec­to co­la­bo­ran tan­to a Depu­tación de Ou­ren­se co­mo a Xun­ta de Galicia, ade­mais dou­tros or­ga­nis­mos co­mo a Real Aca­de­mia Ga­le­ga.

O presidente da Depu­tación de Ou­ren­se, Jo­sé Ma­nuel Bal­tar, agra­de­ceu a con­fian­za pos­ta no go­berno pro­vin­cial á ho­ra de le­var a ca­bo es­ta ini­cia­ti­va e elo­xiou a fi­gu­ra de Ca­sa­res: «Foi un dos gran­des das no­sas le­tras e du­ran­te es­te ano con­sa­grou­se a súa fi­gu­ra co fin de re­cu­pe­rar a súa me­mo­ria e lem­brar a súas tra­xec­to­ria. Ho­xe da­mos un pa­so máis pa­ra se­guir di­fun­din­do en­tre os máis no­vos a esen­cia de Car­los Ca­sa­res e a súa obra».

Qui­xo des­ta­car ta­mén que es­ta obra «ser­vi­rá de vehícu­lo pa­ra trans­mi­tir a apren­di­za­xe da lin­gua ga­le­ga lem­bran­do a un dos gran­des das no­sas le­tras», idea na que in­ci­diu ta­mén o se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca, Va­len­tín Gar­cía.

Ade­mais, des­ta­cou que a Depu­tación de Ou­ren­se es­tá a tra­ba­llar en co­la­bo­ra­ción con Edi­cións Bo­lan­da no que se­rá o Mu­seo dos Bo­le­chas, «un­ha ins­ta­la­ción que re­la­cio­na­rá a in­fan­cia e a no­sa lin­gua».

O presidente da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, Víc­tor F. Frei­xa­nes, qui­xo su­bli­ñar que es­te li­bro «é un­ha obra pa­ra os ne­nos, pe­ro ta­mén pa­ra os pais e os pro­fe­so­res». Por ou­tra ban­da, Frei­xa­nes qui­xo adian­tar un pro­xec­to que se ma­te­ria­li­za­rá en de­cem­bro: a aper­tu­ra dun mu­seo de­di­ca­do a Ca­sa­res e a súa vin­cu­la­ción co mun­do do fe­rro­ca­rril. O mu­seo lo­ca­li­za­ra­se na vi­la de Xin­zo de Li­mia, lu­gar on­de o au­tor vi­viu a súa ne­nez.

La­ra Ba­ce­lo, re­pre­sen­tan­te da fun­da­ción que le­va o no­me do es­cri­tor ga­le­go, ta­mén qui­xo su­bli­ñar o ob­xec­ti­vo fi­nal da li­te­ra­tu­ra de Ca­sa­res: «Que­ría que a súa es­cri­ta che­ga­se a to­das as ida­des e ser así un es­cri­tor tan­to pa­ra ne­nos co­mo pa­ra os maio­res», subs­cri­bin­do así as pa­la­bras do presidente da Real Aca­de­mia.

MIGUEL VI­LLAR

Gru­po de ra­pa­ces na pre­sen­ta­ción do li­bro ho­me­na­xe a Car­los Ca­sa­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.