Ja­nusz Kor­czak, pe­dia­tra e már­tir

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - XESÚS ALON­SO MON­TE­RO

No seo dun­ha fa­mi­lia xu­día, na­ceu en Var­so­via o 22 de xu­llo de 1878 (ou 1879?) e mo­rreu —ma­tá­rono— nas cá­ma­ras de gas de Tre­blin­ka o 5 de agos­to de 1942. Cha­má­ba­se Henryk Goldsz­mit, no­me que uti­li­zou sem­pre nos tra­ba­llos de te­ma mé­di­co, on­de abun­dan os re­la­ti­vos á in­fan­cia, a súa pai­xón co­mo pro­fe­sio­nal e pe­da­go­go. As pá­xi­nas li­te­ra­rias, que son moi­tas (con­tos, no­ve­las, tea­tro, en­saio…), asi­nou­nas co pseu­dó­ni­mo Ja­nusz Kor­czak, no­me dun per­so­na­xe li­te­ra­rio do no­ve­lis­ta po­lo­nés J. I. Kras­zews­ki. Goldsz­mit es­treou es­te pseu­dó­ni­mo en 1899 can­do pre­sen­tou un­ha pe­za tea­tral nun con­cur­so li­te­ra­rio, no que foi pre­mia­do e no que as mei­gas da ti­po­gra­fía mu­da­ron un a (Ja­nasz) nun u (Ja­nusz).

Non es­tou a fa­lar de al­guén só co­ñe­ci­do por un nú­me­ro pe­queno de eru­di­tos e si de al­guén moi re­edi­ta­do no seu país e tra­du­ci­do a bas­tan­tes idio­mas e que con­ta, en Eu­ro­pa e Amé­ri­ca, con vin­te e tres ins­ti­tu­cións que gar­dan con ve­ne­ra­ción o seu no­me e di­fún­deno con en­tu­sias­mo. Exis­te xa moi­ta bi­blio­gra­fía e al­gun­ha fil­mo­gra­fía in­tere­san­te. Non así en Es­pa­ña.

Por sor­te, un co­le­ga (co­mo pe­dia­tra) de Santiago de Com­pos­te­la, o dou­tor An­to­nio Pom­bo Sán­chez, aca­ba de pu­bli­car o li­bro La de­rro­ta de la razón. Ja­nusz Kor­czak: mé­di­co, edu­ca­dor y már­tir (Xo­roi Edi­cións, 2017). Eu ti­ven a hon­ra de pro­lo­gar es­te li­bro que é un ma­nual moi pe­da­gó­xi­co so­bre un­ha per­so­na­li­da­de mo­ral ex­tra­or­di­na­ria, tan ex­tra­or­di­na­ria que o Es­ta­do de Is­rael cón­tao en­tre os «trin­ta e seis xus­tos da Te­rra». No mag­ní­fi­co li­bro de Pom­bo Sán­chez, moi do­cu­men­ta­do e es­cri­to con en­tu­sias­ta ad­he­sión, qui­zais des­con­cer­ta un pou­co a pri­mei­ra par­te do tí­tu­lo, La de­rro­ta de la razón, por­que o pro­ta­go­nis­ta, asa­si­na­do po­los na­zis, saíu, mo­ral­men­te, vi­to­rio­so. Por se fo­se pou­co, An­to­nio Pom­bo abre es­ta bio­gra­fía cun­ha ci­ta de Freud: «A razón hu­ma­na é un­ha lu­ci­ña moi pe­que­na, pe­ro mal­di­to o que a apa­gue».

Sa­bíao ben Kor­czak aquel 5 de agos­to de 1942. Era un ho­me de 64 anos que, an­tes da in­va­sión na­zi de Po­lo­nia, di­ri­xi­ra un asi­lo de or­fos xu­deus, asi­lo que se­guiu di­ri­xin­do, des­pois da in­va­sión, no gue­to de Var­so­via, ata esa da­ta en que os no­vos amos de­cre­tan o éxo­do dos ne­nos a un lu­gar de ex­ter­mi­nio, cir­cuns­tan­cia que o dou­tor non ig­no­ra. É nes­te ca­pí­tu­lo on­de Pom­bo Sán­chez nos ache­ga va­lio­sí­si­ma in­for­ma­ción de tes­te­mu­ñas di­rec­tas ou in­di­rec­tas do fei­to. Sá­be­se ben que un xe­fe na­zi ache­gou­se ao dou­tor coa pro­pos­ta de que non acom­pa­ña­se a aque­les ne­nos, pro­pos­ta que re­xei­tou ira­cun­do. Cun neno pe­queno no co­lo e ou­tro co­lli­do da man, se­guiu en­ca­be­zan­do aquel des­fi­le ca­mi­ño dun des­tino aín­da ig­no­ra­do por dous­cen­tos ne­nos en nin­gún mo­men­to des­am­pa­ra­dos po­lo seu pro­fe­sor e di­rec­tor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.