Ig­na­cio de Lo­yo­la

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - Car­los G. Rei­go­sa

Hai tem­po que moi­tos xe­suí­tas sus­pi­ra­ban por­que se le­va­se ao ci­ne a his­to­ria gran­de de Ig­na­cio de Lo­yo­la, fun­da­dor da Com­pa­ñía de Xesús. Eu mes­mo es­ti­ven moi mar­xi­nal­men­te, hai un­ha du­cia de anos, nun pro­xec­to frus­tra­do que se ía fa­cer en Holly­wood, mais as con­tas non ca­dra­ron e ao cabo to­do que­dou en na­da. Un­ha ver­da­dei­ra má­goa, por­que Ig­na­cio de Lo­yo­la é pu­ra car­ne fíl­mi­ca, é di­cir, un per­so­na­xe de ca­rác­ter e de­ter­mi­na­ción, cun­ha vida atei­ga­da de mo­men­tos in­ten­sos e con­fli­ti­vos.

Ares­to­ra, aca­ba de che­gar­nos un­ha pe­lí­cu­la, po­bre e mal com­pos­ta, que pre­ten­de amo­sar­nos a al­ma do de Lo­yo­la e as súas mo­ti­va­cións es­pi­ri­tuais. Un­ha má­goa, por­que o re­sul­ta­do fi­nal non che­ga pa­ra su­pe­rar os mí­ni­mos dun­ha do­cu­fi­ción es­co­lar. Se­gun­do a in­for­ma­ción dis­po­ñi­ble, a pe­lí­cu­la foi pro­du­ci­da po­la Je­suit Com­mu­ni­ca­tions Foun­da­tion (Je­sCom), li­ga­da á Pro­vin­cia Fi­li­pi­na da Com­pa­ñía de Xesús. Di­ri­xiu­na e es­cri­biu o guión o ta­mén fi­li­pino Pao­lo Dy, for­ma­do en ins­ti­tu­cións xe­suí­tas, e foi fil­ma­da na­que­las illas e no nor­te de Es­pa­ña. In­ter­pre­tou a Ig­na­cio de Lo­yo­la o ac­tor es­pa­ñol An­dreas Muñoz. O re­sul­ta­do foi pre­sen­ta­do hai un ano no Pa­zo de San Car­lo do Va­ti­cano, e ve­se que non fo­ron moi esi­xen­tes des­de a par­te ar­tís­ti­ca.

Non te­ño na­da con­tra es­te fil­me (e tam­pou­co na­da a fa­vor), pe­ro coido que é moi la­men­ta­ble a au­sen­cia dun­ha gran­de pe­lí­cu­la so­bre un per­so­na­xe de pri­mei­ra li­ña co­ma Ig­na­cio de Lo­yo­la, que ser­ve pa­ra ex­pli­car tan­tas cou­sas do sécu­lo XVI, no que vi­viu, e dos se­guin­tes, nos que se­guiu e se­gue vi­va a súa obra (con par­ti­da­rios e con de­trac­to­res, co­mo é na­tu­ral). Se un día fi­xé­se­mos un­ha lis­ta de gran­des ho­mes des­ta Es­pa­ña no­sa, aver­go­ña­ría­mo­nos das au­sen­cias fíl­mi­cas que en­chen de ba­lei­ros os ín­di­ces de tí­tu­los. Vis­ta e asu­mi­da es­ta po­bre reali­da­de, qui­zais non es­tea tan mal que al­guén, aló nas Fi­li­pi­nas, fil­ma­se un Ig­na­cio de Lo­yo­la irre­co­ñe­ci­ble, es­tra­ña­men­te per­di­do nun­ha eta­pa xu­ve­nil de des­con­cer­tos e fa­na­tis­mos. Má­goa que non se di­ga na­da do ti­tán da cris­tian­da­de que xur­diu des­pois á fron­te da Com­pa­ñía de Xesús, ven­ce­lla­do ao sa­ber e á cul­tu­ra, e sem­pre ao ser­vi­zo da igre­xa ca­tó­li­ca e dos seus su­ce­si­vos pa­pas. Ou­tra vez se­rá.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.