«In­te­re­sá­ba­me a en­tre­vis­ta co­mo un diá­lo­go li­te­ra­rio»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura -

A edi­ción de Un­ha du­cia de ga­le­gos do 2017 in­clúe un novo pró­lo­go mais dous li­mia­res das rá­pi­das re­edi­cións que se fi­xe­ron do li­bro no ron­sel do seu éxi­to in­me­dia­to. As con­ver­sas con Ote­ro, Paz-Andrade, Seoa­ne, Blan­co Amor, Pi­ñei­ro, Cel­so Emi­lio, Xai­me Is­la, Xesús Alon­so Mon­te­ro, Bei­ras, Fe­rrín, mon­se­ñor Araú­xo Igle­sias e Carlos Casares, nas que se fa­la­ba aber­ta­men­te da tra­xec­to­ria do ga­le­guis­mo e o seu fu­tu­ro, re­soa­ron na­quel tem­po, igual que ho­xe o seu eco. «O li­bro ti­vo un éxi­to gran­de de en­tra­da en­tre os círcu­los do que po­día­mos cha­mar o ga­le­guis­mo, e des­pois un­ha cu­rio­si­da­de enor­me na so­cie­da­de ga­le­ga que re­cla­ma­ba a vi­da de­mo­crá­ti­ca. Ha­bía un­ha es­pe­cie de de­man­da so­cial de que is­to ha­bía que cam­bia­lo e ao mes­mo tem­po ha­bía un­ha fa­me de in­for­ma­ción: co­mo o cam­bia­mos, ca­ra a on­de o cam­bia­mos, quen van ser os axen­tes do cam­bio. Aí ha­bía un des­co­ñe­ce­men­to enor­me», re­me­mo­ra Freixanes. —Alén do seu re­tra­to dun país e nun tem­po, cóm­pre lem­brar que o li­bro se ache­ga­ba aos en­tre­vis­ta­dos dun xei­to moi pró­xi­mo... —In­te­re­sá­ba­me o do­cu­men­to, pe­ro ta­mén fa­cer literatura. Den­de o pri­mei­ro mo­men­to en­ten­dín o pe­rio­dis­mo co­mo un xé­ne­ro li­te­ra­rio. Lem­bro aque­las en­tre­vis­tas lon­gas que pu­bli­ca­ba a Pa­ris Re­view a es­cri­to­res co­mo Stein­beck ou as que saían na re­vis­ta Des­tino. Eu lía moi­to iso. In­te­re­sá­ba­me o xé­ne­ro da en­tre­vis­ta co­mo un diá­lo­go li­te­ra­rio, dar­lle ese as­pec­to non ex­clu­si­va­men­te in­for­ma­ti­vo ou con­xun­tu­ral. —O con­xun­tu­ral ho­xe é historia. —Por­que ade­mais os do­ce per­so­na­xes te­ñen un ni­vel im­por­tan­te, nin­gún de­les caeu na va­lo­ra­ción his­tó­ri­ca, máis ben su­biron. —A lin­gua úneos aos do­ce. —Iso é un­ha po­si­ción do au­tor do li­bro. Non é un li­bro inocen­te. Hai au­to­res que ho­xe me­te­ría, co­mo Cun­quei­ro, por exem­plo, con­tra quen en­tón ti­ña­mos pre­xuí­zos, ata que Car­ba­llo Calero me pu­xo nas mans Mer­lín e fa­mi­lia e que­dei abraia­do. Tam­pou­co hai mu­lle­res. Ho­xe ha­be­ría mu­lle­res, cla­ro, pe­ro aque­la era un­ha épo­ca moi de­ter­mi­na­da. —¿E te­ría sen­ti­do fa­cer un­ha no­va «Du­cia» ho­xe? —Non o sei. Den­de lo­go non che­ga­rían do­ce. Te­ría que fa­ce­lo un ra­paz de 25 anos que mi­ra­se o fu­tu­ro e se pre­gun­ta­se po­lo pa­sa­do, e que fi­xe­se a es­col­ma das per­soas que pui­de­sen di­cir algo ao res­pec­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.