Fút­bol e xeo­me­tría PUNTADAS SEN FÍO

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion - SIRO

Hai pou­cos días, con­tou­me un­ha ami­ga que nun­ha ter­tu­lia da te­le­vi­sión un­ha in­vi­ta­da aca­ba­ba de di­cir «Muy de cer­qui­ta. ¡Ah, qué bien sú­per de cer­ca!». Os idio­mas cam­bia­ron sem­pre, pe­ro non hai dú­bi­da de que ho­xe, co cha­tear nos mó­bi­les, o idio­ma dos no­vos cambia ca­da día. Hai, ade­mais, un in­tere­se en com­pe­tir e ver quen se mos­tra máis ori­xi­nal, e su­po­ño que un dos máis crea­ti­vos se­rá aquel ra­paz de Fe­rrol a quen a pro­fe­so­ra man­da­ra es­cri­bir un­ha fra­se na que apa­re­ce­sen as vo­ces

im­pres­cin­di­ble e in­clu­so, e es­cri­biu: «Hoy ha­ce un día im­pres­cin­di­ble, aun in­clu­so».

Ago­ra que a Real Aca­de­mia Es­pa­ño­la acep­tou a for­ma iros co­mo im­pe­ra­ti­vo do ver­bo ir, sei­ca nu­me­ro­sos tui­tei­ros se ma­ni­fes­ta­ron de­fen­so­res da pu­re­za do idio­ma e pu­xe­ron o be­rro no ceo. Un aca­dé­mi­co co­men­tou que ten gra­za que as pro­tes­tas ve­ñan dos que máis de­te­rio­ran o idio­ma. Ten ra­zón en par­te, só en par­te, o aca­dé­mi­co por­que os tui­tei­ros de­te­rio­ran o idio­ma dos no­vos, pe­ro quen de­te­rio­ra o idio­ma dos adul­tos so­mos os pe­rio­dis­tas, coa com­pli­ci­da­de da Aca­de­mia. Un sim­ple exem­plo ilus­tra o pro­ce­so. O ver­bo ur­xir foi, con to­da ló­xi­ca, in­tran­si­ti­vo ata que un día a un xor­na­lis­ta se lle oco­rreu ti­tu­lar un­ha in­for­ma­ción «La opo­si­ción ur­ge al Go­bierno… ». O dis­pa­ra­te era gor­do, pe­ro ti­vo éxi­to e to­das as opo­si­cións ur­xi­ron a to­dos os go­ber­nos do Es­ta­do. A Aca­de­mia de­ci­diu que o ver­bo ur­xir pa­sa­ba a ser tran­si­ti­vo.

Os pe­rio­dis­tas de­por­ti­vos in­ven­ta­ron un­ha no­va xeo­me­tría pa­ra ex­pli­car o fút­bol. Se un equi­po xo­ga ao ata­que e lan­za moi­tos ba­lóns á por­te­ría con­tra­ria, din que fai un xo­go «ver­ti­cal». Se o equi­po «es­pe­cu­la co ba­lón» e, en vez de ata­car, o pa­sa dun­ha ban­da a ou­tra, din que fai un xo­go «ho­ri­zon­tal». De ne­nos apren­de­mos que ver­ti­cal é un plano per­pen­di­cu­lar ao chan e ho­ri­zon­tal o plano pa­ra­le­lo; pe­ro co­mo os pe­rio­dis­tas de­por­ti­vos son de le­tras, con­fun­di­ron ver­ti­cal con per­pen­di­cu­lar e ho­ri­zon­tal con pa­ra­le­lo, e liá­ron­se. A no­va xeo­me­tría apro­bou­se por acla­ma­ción e ata un mes­tre da ora­to­ria co­mo Val­dano fa­la de xo­go ver­ti­cal e ho­ri­zon­tal. Ta­mén cha­man «pa­lo lar­go» e «pa­lo cor­to» aos pos­tes da por­te­ría, se­gun­do a dis­tan­cia que es­tán do es­pec­ta­dor, mais pa­ra esa xe­nia­li­da­de non te­ño ex­pli­ca­ción.

Pre­gún­to­me can­to tar­da­rá a Real Aca­de­mia Es­pa­ño­la en acep­tar a xeo­me­tría fut­bo­lei­ra pa­ra cum­prir o man­da­do do seu le­ma: «Lim­pia, bri­lla y da es­plen­dor».

ILUS­TRA­CIÓN SIRO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.