Vi­go

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - VÍC­TOR F. FREI­XA­NES Pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga

Aluz das rías. Bran­ca e lu­mi­no­sa, que di­ría Cun­quei­ro. Car­ga­da de ener­xía. O al­cal­de e a Cor­po­ra­ción Mu­ni­ci­pal en­car­gá­ron­me a lec­tu­ra do ban­do do Día de Galicia o pa­sa­do mér­co­res, e alá fun cos meus co­ren­ta anos de me­mo­ria na­que­la ban­da do mun­do, pon­te­ve­drés de na­ción, pe­ro que lle de­bo á ci­da­de do Ber­bés prac­ti­ca­men­te to­do: moi­tos dos meus me­llo­res ami­gos, os meus fi­llos que na­ce­ron aquí, os meus pri­mei­ros li­bros, a ma­du­re­za do xor­na­lis­mo, un­ha par­te im­por­tan­te do ac­ti­vis­mo cul­tu­ral, ex­pe­rien­cias pro­fe­sio­nais e, por ex­ten­sión, a mi­ña iden­ti­da­de co­mo ser hu­mano e co­mo ci­da­dán. Non é a pri­mei­ra vez que o di­go nes­tas mes­mas pá­xi­nas de La Voz de Galicia, nas que es­cri­bo de xei­to con­ti­nua­do den­de hai máis de co­ren­ta anos, ¡que xa son anos!: Vi­go era o pul­món, o múscu­lo, o mo­tor, o en­tu­sias­mo da Galicia no­va que da­que­la so­ña­ba­mos, coa xe­ne­ro­si­da­de de quen pou­cas ve­ces reivin­di­cou pa­ra si, máis ben su­mou es­for­zos e von­ta­des pa­ra o co­mún, mes­mo den­de os días his­tó­ri­cos do ga­le­guis­mo de Paz An­dra­de, Xai­me Is­la, Fernández del Rie­go, Cun­quei­ro, os Ál­va­rez Bláz­quez, moi­tos de­les non vi­gue­ses, pe­ro que ato­pa­ron nes­ta ci­da­de o pu­lo e o con­tex­to ne­ce­sa­rio pa­ra vi­vir e se­men­tar os so­ños.

E in­clu­so an­tes: os Can­ta­res de Ro­sa­lía no obra­doi­ro de Com­pa­ñel en 1863, as pa­xi­nas de El Mi­ño e La Oli­va que di­rí­xía Manuel Mur­guia, Eduardo e Ale­jan­dro Chao, Con­cep­ción Are­nal en Pe­rei­ró, Ri­car­do Me­lla, El Pue­blo Ga­lle­go de Ro­ber­to Blan­co To­rres e Por­te­la Va­lla­da­res…

Na mi­ña in­ter­ven­ción vi­gue­sa, o pa­sa­do día 26, fi­xen un re­pa­so de ex­pe­rien­cias e ami­gos: cró­ni­ca sen­ti­men­tal, co­ma quen, cró­ni­ca de agra­de­ce­men­tos, que co­mo os ver­da­dei­ros amo­res non ex­clúen a nin­guén (ou­tros lu­ga­res de Galicia on­de la­brei mo­men­tos im­por­tan­tes da mi­ña vi­da), acon­te­ce­men­tos e per­soas que dei­xa­ron pe­ga­da, fu­xin­do na me­di­da do po­si­ble dos que se­guen en vi­vos e en ac­ti­vo, po­lo aquel de non acen­der agra­vios, e por­que da­que­la a lis­ta se­ría in­ter­mi­na­ble.

Mais es­que­cín a al­guén que que­ro traer ago­ra a es­tas pa­xi­nas da me­mo­ria, pois nal­gún mo­men­to for­mou par­te im­por­tan­te des­ta cró­ni­ca de afec­tos, non só mi­ña, se­nón da xen­te do no­so tem­po, xun­to co seu pai, Va­len­tín, que xa tam­pou­co es­tá en­tre nós. Re­fí­ro­me a Xe­la Arias (1962-2003), poe­ta, tra­du­to­ra, edi­to­ra ta­mén, ofi­cio que com­par­ti­mos du­ran­te al­gúns anos en Edi­cions Xe­rais de Galicia, e que tam­pou­co era vi­gue­sa, se­nón das te­rras lu­gue­sas de Sa­rria, pe­ro que en Vi­go vi­víu e flo­re­ceu.

Mo­rreu moi no­va, esa vin­gan­za es­cu­ra que dis­que o des­tino exer­ce con­tra cer­tos se­res eli­xi­dos, mais dei­xou lem­bran­za, que non que­ro es­que­cer. Ti­gres co­ma ca­ba­los (1990). Da­río a dia­rio (1996), un dos poe­ma­rios de amor (ao fi­llo que se anun­cia) mais in­ten­sos das no­sas le­tras...

En no­vem­bro des­te ano cum­pri­ran­se 14 do seu pa­sa­men­to, ti­ña da­que­la 41, e le­va­ba nos ollos a luz to­da do mun­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.