«Es­tu­dei a to­po­ni­mia de 35 con­ce­llos de Lugo por­que me apai­xo­na­ba moi­to»

O cre­go e in­te­lec­tual lu­cen­se acep­tou un­ha con­ver­sa que que­dou sen re­ma­tar por­que a súa en­fer­mi­da­de xa non o per­mi­tiu

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo - MIGUEL CA­BA­NA LUGO / LA VOZ

Nicandro Ares Vázquez, (San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da, Lugo, xu­ño de 1926), fa­le­ceu e foi en­te­rra­do na súa pa­rro­quia na­tal o pa­sa­do luns, con 91 anos. Cre­go, pro­fe­sor no Se­mi­na­rio de Lugo ca­se to­da a súa vi­da, repu­tado in­ves­ti­ga­dor da to­po­ni­mia lu­cen­se e membro da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, vi­viu sem­pre tan hu­mil­de­men­te que lle cus­ta­ba con­ce­der en­tre­vis­tas por­que di­cía que el «pou­co ti­ña que con­tar». Hai al­go máis de dous anos, can­do xa es­ta­ba en­fer­mo e a vis­ta non lle per­mi­tía tra­ba­llar, acep­tou re­ci­bir a un an­ti­go alumno pa­ra con­ver­sar so­bre a súa vi­da e obra. Pe­ro un­ha vez re­ma­ta­da a con­ver­sa, in­sis­tiu coa súa hu­mil­da­de ha­bi­tual en que non con­ta­ra nin­gun­ha cou­sa im­por­tan­te, e que a en­tre­vis­ta non ti­ña in­tere­se pa­ra nin­guén. Tan­to in­sis­tiu que que­da­mos en vol­ver a fa­lar ou­tro día can­do es­ti­ve­ra máis des­can­sa­do so­bre a súa obra Es­tu­dos de to­po­ni­mia ga­le­ga pa­ra «re­don­dear e am­pliar» a en­tre­vis­ta pa­ra que apor­ta­se al­go máis, se­gun­do as súas ver­bas. Pe­ro a en­fer­mi­da­de fói­se­lle agra­van­do, ata o seu fa­le­ce­men­to hai uns días, e nun­ca se pui­do com­ple­tar. Dei­xa­la sen pu­bli­car se­ría un­ha in­xus­ti­za pa­ra un in­te­lec­tual tan re­le­van­te en Lugo. Así que, vaia co­mo ho­me­na­xe á fi­gu­ra de Nicandro Ares es­ta en­tre­vis­ta póstuma, gra­va­da na súa ca­sa, que el con­si­de­ra­ba que «pou­co ti­ña que apor­tar».

—¿Co­mo foi a súa for­ma­ción aca­dé­mi­ca? —Eu fun á es­co­la no meu po­bo de San­ta Eu­la­lia ata os 12 anos. E des­pois, no ano 1937, fun fa­cer o exa­me de in­gre­so no Se­mi­na­rio de Lugo. Acór­do­me que men­tres nos exa­mi­ná­ba­mos, ha­bía avións da Gue­rra Ci­vil que vi­ñan da par­te de As­tu­rias voan­do so­bre a ci­da­de, e sen­tín por pri­mei­ra vez soar as si­re­nas da alar­ma da gue­rra. Os cris­tais das ven­tás es­ta­ban to­dos cru­za­dos con ti­ras de pa­pel pa­ra que non rom­pe­ran se bom­bar­dea­ban. E ha­bía re­fu­xios sub­te­rrá­neos na ci­da­de, pe­ro eu nun­ca os ti­ven que usar. Bo­tei se­te anos no Se­mi­na­rio, ata que me pro­pu­xe­ron se que­ría ir es­tu­dar a Co­mi­llas. Da­que­la xa ti­ña uns 19 anos e cur­sa­ba se­gun­do de fi­lo­so­fía. Así que fi­xen a li­cen­cia­tu­ra de fi­lo­so­fía alí aín­da que me re­tra­sei un ano, por­que me fal­ta­ban al­gun­has ma­te­rias que non fi­xe­ra en Lugo, e ti­ven que cur­sa­las. E lo­go, a con­ti­nua­ción, fi­xen alí a carreira de Teo­lo­xía. Ti­ven que vir­me uns me­ses an­tes de re­ma­ta­la por un­ha en­fer­mi­da­de de pul­món que me co­lleu en mar­zo, an­tes de fin de cur­so. Vol­vín a Lugo, e gra­zas ao es­pe­cia­lis­ta Exi­quio Sán­chez Cues­ta, saín adian­te por­que da­que­la apa­re­ceu a es­trep­to­mi­ci­na. Se­nón, xa non da­ban moi­to po­la mi­ña vi­da. Des­pois de mar­zo bo­tei cin­co me­ses na ca­ma, e or­de­ná­ron­me cre­go a fi­nal de ano, no 1951.

—¿A on­de o en­viou o bis­po a exer­cer de cre­go? —Aín­da es­ti­ven un pou­co con­va­le­cen­te na ca­sa, has­ta o 1952. E des­pois man­dou­me a un­ha so­la pa­rro­quia pe­que­na de O In­cio, San Cris­to­vo da Cer­ve­la, pa­ra que des­can­sa­ra un pou­co. E alí es­ti­ven dous anos e me­dio. No 1955 cha­má­ron­me pa­ra dar cla­se no se­mi­na­rio. Em­pe­cei dan­do la­tín e des­pois hou­bo un­ha re­mo­de­la­ción e pe­diu­me o bis­po se me en­car­ga­ba de Fi­lo­so­fía, por­que ti­ña a carreira. E os pri­mei­ros alum­nos que ti­ven xa ce­le­bra­ron as vo­das de ou­ro co­mo cu­ras. E así con­ti­nuei den­de en­tón, co­mo pro­fe­sor no Se­mi­na­rio e de­di­cán­do­me á fi­lo­so­fía. Es­ti­ven moi a gus­to, por­que a min gus­tá­ba­me a fi­lo­so­fía. Aín­da que ta­mén dei Gre­go, La­tín, His­to­ria, e va­rias. Foi a mi­ña vi­da.

—¿E can­do em­pe­zou coas pu­bli­ca­cións cien­tí­fi­cas? —Em­pe­cei a pu­bli­car en 1960. Os pri­mei­ros fo­ron tres tra­ba­llos so­bre tres gra­va­dos no pór­ti­co de San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da no bo­le­tín da co­mi­sión de patrimonio. E des­pois em­pe­cei a pu­bli­ca­ren

El Pro­gre­so cou­sas de to­po­ni­mia, por­que me gus­ta­ban a min. E lo­go vi­ñe­ron moi­tos tra­ba­llos de to­po­ni­mia xa máis tra­ba­lla­dos, que fo­ron os re­co­lli­dos nes­tes to­mos. (Es­tu­dos de to­po­ni­mia ga­le­ga). Aca­bei por es­tu­dar a to­po­ni­mia de 35 con­ce­llos da pro­vin­cia, por­que me apai­xo­na­ba moi­to. Pa­ra min era un­ha afec­ción. Al­gun­has cou­sas dos pri­mei­ros tem­pos, ho­xe non as ti­ve­ra pu­bli­ca­do, pe­ro xa se sa­be que o pri­mei­ro mi­llo é pa­ra os pa­xa­ros. De­di­quei­lles in­clu­so ar­ti­gos a ami­gos co­mo Fa­xil­de ou a Ser­gio Míguez so­bre os seus po­bos ou os seus no­mes ou ape­li­dos. —¿On­de pu­bli­cou a maior par­te dos tra­ba­llos an­tes de ser re­co­pi­la­dos nos to­mos por An­tón San­ta­ma­ri­na? —Es­tan­do Ar­gi­mi­ro López Ri­vas co­mo bi­blio­te­ca­rio do Se­mi­na­rio, foi can­do el fun­dou a re­vis­ta Lu­cen­sia, e aí em­pe­cei a pu­bli­car en trom­ba a to­po­ni­mia dos con­ce­llos lu­cen­ses. Fo­ron 35 por­que eran os da pro­vin­cia que per­ten­cían á dio­ce­se de Lugo. Da de Mon­do­ñe­do so­lo pu­bli­quei dous, o de Vi­vei­ro e a to­po­ni­mia do con­ce­llo de Mon­do­ñe­do, na re­vis­ta de Es­tu­dios Min­do­nien­ses. Cen­tre­ime na dio­ce­se de Lugo por­que cos do­cu­men­tos da ca­te­dral de Lugo, un ar­qui­vo pre­cio­so de do­cu­men­tos me­die­vais, eran un­ha luz pa­ra o es­tu­dio dos to­pó­ni­mos. Aín­da que a min me gus­ta­ba moi­to a to­po­ni­mia de si­tios dou­tras dio­ce­ses co­mo Cos­pei­to, por­que ten no­mes ra­ros, co­mo De­se­ca­bo, Roás, Mo­mán, Si­soi ou Xer­mar. No­mes cu­rio­sos que pen­sei moi­tas ve­ces, aín­da que non os es­tu­dei.

—¿E ago­ra xa non con­ti­núa? —Ago­ra xa non po­do, por­que non ve­xo. So­lo al­gún de­ta­lle. Ago­ra es­tou obri­ga­do a ce­rrar, aín­da que me si­gue gus­tan­do. A úl­ti­ma en­tre­ga vai saír en Lu­cen­sia. O no­me das pe­nas en San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da, con no­mes bo­ni­tos co­mo Pe­na do Édra­mo, que é un­ha pa­la­bra pre la­ti­na, in­dí­xe­na, pro­ba­ble­men­te de ori­xe cel­ta. Un­ha pa­la­bra que aca­ba nun su­fi­xo dun su­per­la­ti­vo, igual que Guí­sa­mo ou Pá­ra­mo.

—¿Ta­mén es­cri­biu do Ca­mi­ño Pri­mi­ti­vo en Lugo? —Es­tu­deino des­de Lugo ate o lí­mi­te coa pro­vin­cia de Co­ru­ña. Co­llín o ca­mi­ño que fi­xo Car­los III, que se pu­bli­cou no Di­cio­na­rio Xeo­grá­fi­co de Ma­doz, que pa­sa­ba so­bre o ca­mi­ño Me­die­val, e es­te so­bre o ca­mi­ño pri­mi­ti­vo, e es­te so­bre a vía ro­ma­na. Ato­po­use in­clu­so en San Ro­mán da Re­tor­ta un mi­lia­rio de Ca­lí­gu­la do ano 28, desa vía.

«Hai po­bos de no­mes pre­cio­sos e ra­ros, co­mo por exem­plo Roás, Mo­mán, Xer­mar ou Si­soi, en Cos­pei­to»

AL­BER­TO LÓPEZ

O cre­go e in­te­lec­tual Nicandro Ares fa­le­ceu o pa­sa­do sá­ba­do. Es­ta fo­to é do 30/10/2013, can­do se pre­sen­tou no Se­mi­na­rio de Lugo a súa obra «Es­tu­dos de to­po­ni­mia ga­le­ga» edi­ta­da po­la RAG.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.