«A Mu­ra­lla e o Mu­seo de Lugo son gran­des atrac­ti­vos, pe­ro as ven­tás ar­queo­ló­xi­cas po­de­rían­se me­llo­rar»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo -

—¿Co­mo ve a xes­tión dos no­sos mo­nu­men­tos e dos res­tos ar­queo­ló­xi­cos en Lugo? —Á mu­ra­lla deu­lle un pu­lo moi gran­de ser patrimonio da Hu­ma­ni­da­de, por­que po­lo me­nos ago­ra xa es­tá lim­pa. O Mu­seo Pro­vin­cia é moi im­por­tan­te pa­ra min en can­to á epi­gra­fía, cun­ha can­ti­da­de enor­me de lá­pi­das do mun­do ro­mano. Pe­ro as ven­tás ar­queo­ló­xi­cas so­bre os mo­sai­cos e ou­tros res­tos, non se ven moi ben. Ha­be­ría que tra­ba­llar un pou­co máis pa­ra dig­ni­fi­car to­do iso, por­que creo que non con­se­guen o efec­to de ser atrac­ti­vas e di­dác­ti­cas ao mes­mo tem­po. —¿E can­do se vai sa­ber exac­ta­men­te que foi o mo­nu­men­to de San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da? —San­ta Eu­la­lia si­gue sen­do un enig­ma. Hen­ri­que Mon­te­ne­gro es­tá in­ves­ti­gan­do, (na da­ta da en­tre­vis­ta aín­da non pre­sen­ta­ra a súa te­se) e xa ve­re­mos se dá só un pa­so máis na in­ves­ti­ga­ción ou se che­ga á luz ple­na. Pe­ro o bo­ni­to e ta­mén cu­rio­so é que San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da ten moi­to máis pres­ti­xio fó­ra que aquí. En Lugo pre­gún­tas­lle a moi­ta xen­te e non sa­ben que é nin on­de es­tá, e sen em­bar­go, vas alí e ató­pas­te con moi­tos es­tran­xei­ros ca­se to­dos os días fa­cen­do vi­si­tas. —Vos­te­de que cul­ti­va a hu­mil­da­de sen lí­mi­tes, ¿Cómo lle gus­ta­ría que­dar no re­cor­do dos lu­cen­ses? ¿Ou que lle gus­ta­ría que pu­xe­sen no seu epi­ta­fio? —Na­da. No meu epi­ta­fio de­be­ría po­ñer soa­men­te «Des­can­se en paz».

«O Ca­mi­ño Pri­mi­ti­vo, den­de Lugo á pro­vin­cia da Co­ru­ña, se­gue o tra­za­do ro­mano»

«No meu epi­ta­fio de­be­ría po­ñer soa­men­te: Des­can­se en paz»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.