Cul­tu­ra de­mo­crá­ti­ca min­guan­te

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - X. L. FRAN­CO GRAN­DE

Ade­mo­cra­cia é un­ha ma­ni­fes­ta­ción máis da cul­tu­ra, un­ha for­ma de con­vi­ven­cia que se pro­cu­ra ci­vi­li­za­da, un es­ti­lo que na­da ten que ver, por­que é o con­tra­rio, co es­ti­lo dos sis­te­mas das di­ta­du­ras ou dos es­ta­dos au­to­ri­ta­rios, que non sa­ben do res­pec­to aos de­mais, ás mi­no­rías, aos de­rei­tos hu­ma­nos e ás ins­ti­tu­cións esen­ciais en de­mo­cra­cia.

A de­mo­cra­cia é ab­so­lu­ta­men­te in­com­pa­ti­ble coa idea de eli­mi­na­ción do con­tra­rio, non só por pro­ce­de­men­tos que o Es­ta­do de de­rei­to re­xei­ta e con­de­na, se­nón coa idea mes­ma de eli­mi­na­ción do con­tra­rio, que en de­mo­cra­cia só se en­ten­de co­mo ven­ce­men­to ou su­pera­ción do opo­ñen­te con su­xei­ción a nor­mas de to­dos co­ñe­ci­das e sem­pre en igual­da­de de condicións e opor­tu­ni­da­des.

A eli­mi­na­ción do con­tra­rio, con fal­sos ex­pe­dien­tes ou co que se­xa, é sem­pre con­tra­ria á idea de de­mo­cra­cia.

É ab­so­lu­ta­men­te opos­to á idea de de­mo­cra­cia un­ha co­rrup­ción que afec­ta a to­dos os po­de­res do Es­ta­do, aos máis al­tos car­gos que te­ñen a obri­ga de ser­vir ao Es­ta­do, un­ha co­rrup­ción que xa dá lu­gar á ins­tru­ción de máis de 130 cau­sas en trá­mi­te e con ca­se 2.000 impu­tados.

E xa non di­ga­mos de­fen­de­la, aga­cha­la ou ne­ga­la. É ab­so­lu­ta­men­te in­com­pa­ti­ble coa de­mo­cra­cia subor­nar —por­que subor­nos son— a au­to­ri­da­des que non gus­tan, ou non con­ve­ñen, ofre­cén­do­lles postos máis re­le­van­tes e me­llor re­mu­ne­ra­dos, pre­ben­das ou ca­non­xías que son ten­ta­cións, nas que moi­tos caen co­mo as mos­cas nun fa­vo de mel.

A co­rrup­ción non sem­pre é cha­fa­llei­ra.

A lis­ta se­ría moi lon­ga, in­fe­liz­men­te.

Lem­bro que Jo­sep Pla di­cía que a cul­tu­ra, máis que al­ma­cén de li­bros, é un de­ter­mi­na­do es­ta­do de es­pí­ri­to, un­ha com­pren­sión, un­ha to­le­ran­cia, un­ha hos­pi­ta­li­da­de.

Is­to xus­ta­men­te é o que por ago­ra nos afas­ta de ser un ver­da­dei­ro país ci­vi­li­za­do.

Pe­ro, ¿pa­ra can­do?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.