In­ven­tos

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - AN­TÓN RI­VEI­RO COE­LLO

Se un bo­ta un­ha olla­da á pren­sa é doa­do ba­ter con no­vas so­bre apa­re­llos in­te­li­xen­tes que un­has ve­ces nos fa­ci­li­tan a vi­da e ou­tras no­la com­pli­can. Es­tes días re­pa­rei en dúas no­tas cu­rio­sas: por un­ha ban­da, en Lon­dres abren un ca­fé con va­rios ro­bots que lles fa­rán un­ha fe­la­ción aos clien­tes men­tres es­tes de­gus­ten un cor­ta­do ou un ca­pu­chino; o lo­cal sei­ca se cha­ma Fe­lla­tio Ca­fé. E, por ou­tra, a po­si­bi­li­da­de de que eses dis­po­si­ti­vos que as­pi­ran o chan das no­sas ca­sas, poi­dan ven­der o no­so ma­pa ín­ti­mo a di­ver­sas com­pa­ñías co­mo Ama­zon, Goo­gle ou Ap­ple. As dúas no­vas non dei­xan de ser cu­rio­sas e preo­cu­pan­tes, pe­ro de­ci­dín to­ma­las con pre­ven­ción e iro­nía por­que lem­brei os días en que a mi­ña avoa ma­ter­na vi­ña á ca­sa e tei­ma­ba pa­ra que pu­xe­se a fun­cio­nar o Johnny. Ese era o no­me co que ela bau­ti­za­ra o la­va­lou­zas, un in­ven­to que lle pa­re­cía moi­to máis útil que a te­le­vi­sión. Ca­se sem­pre, des­pois do xan­tar, ela fi­ca­ba sentada na súa ca­dei­ra, en­vol­ta nun de­li­cio­so abraio, e es­coi­ta­ba o ru­mor fa­bril do la­va­lou­zas co­ma un­ha me­ló­ma­na den­tro dun­ha sin­fo­nía. Da­ba igual que hou­be­se pou­cos pra­tos. Se ela es­ta­ba, eu non me re­sis­tía a lle po­ñer un in­ven­to que tan­ta fe­li­ci­da­de lle pro­vo­ca­ba. Non hai moi­to, vol­vín lem­brar­me de­la, pre­ci­sa­men­te can­do mer­quei o as­pi­ra­dor Room­ba, por­que sos­pei­tei que fi­ca­ría ta­mén abraia­da en can­to vi­se tra­ba­llar es­te no­vo apa­re­llo. Re­súl­ta­me doa­do ima­xi­na­la no sa­lón, vi­xian­do, con ese pra­cer dis­traí­do de quen ten va­gar, o tra­za­do apa­ren­te­men­te anár­qui­co des­te dis­co que lim­pa. O que xa non son quen de sos­pei­tar é o no­me que ela lles po­ría tan­to aos ro­bots do Fe­lla­tio Ca­fé co­mo ao des­te as­pi­ra­dor que, co­ma un­ha pre­sen­za in­quie­ta, an­da po­la ca­sa, es­pián­do­nos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.