Lo­bos so­li­ta­rios

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - DIEGO AMEIXEIRAS

Re­pí­te­se co­ma un es­con­xu­ro que o te­rro­ris­mo xiha­dis­ta non con­se­gui­rá cam­biar o no­so mo­do vi­da, pe­ro sa­be­mos que non é cer­to. Quen nos di­ría hai uns anos, can­do os mi­llen­nials sa­la­fis­tas aín­da non co­lle­ran un Ka­lash­ni­kov, que ia­mos in­te­grar con tanta na­tu­ra­li­da­de a pre­sen­za de po­li­cías con fu­sís de asal­to nos es­pa­zos pú­bli­cos. Hai pou­ca poe­sía en cru­zar­te cun axen­te abra­za­do a un­ha ar­ma con ca­li­bre de gue­rra; bas­tan­te me­nos en ato­par­te cun re­guei­ro de ca­dá­ve­res en no­me dun­ha fe mal di­xe­ri­da. E que di­cir dos bo­lar­dos. Dis­cu­tir so­bre a per­ti­nen­cia ou non da súa co­lo­ca­ción era un de­ba­te que nin en so­ños po­dia­mos pen­sar que al­gún día te­ría que ver coa se­gu­ri­da­de an­ti­te­rro­ris­ta. Pe­ro ve­laí es­tán, en gar­da per­ma­nen­te, coa súa so­li­dez ca­la­da en­tre ve­ci­ños e tu­ris­tas, co­mo esas feas xar­di­nei­ras que nun­ca ima­xi­na­ron ser un­ha pe­za im­pres­cin­di­ble na es­tra­te­xia con­tra os ma­los. Non hai que des­car­tar que al­gún día se lles ren­da un­ha ho­me­na­xe.

A noticia con­so­la­do­ra é que ve­mos aper­tas in­ter­cul­tu­rais que nos axu­dan a sol­tar las­tre su­pre­ma­cis­ta, e que es­ta­mos en­tran­do nas li­bra­rías pa­ra que nos ex­pli­quen o is­lam máis alá dos pre­xuí­zos de sem­pre. O fe­nó­meno non é no­vo: a un aten­ta­do xiha­dis­ta, se­xa en Pa­rís ou Londres, sé­gue­lle un au­men­to nas ven­das de li­bros so­bre cul­tu­ra is­lá­mi­ca. Ha­be­rá quen pen­se que se tra­ta dun­ha res­pos­ta irre­le­van­te —non pa­re­ce que Lo que Eu­ro­pa de­be al is­lam de Es­pa­ña, de Joan Ver­net, se es­tea a con­ver­ter nun

best-se­ller—, pe­ro alen­ta pen­sar que hai xen­te á que se lle oco­rre abrir un li­bro can­do me­dio país se bo­ta en ca­ra o san­gue dos mor­tos. Ven­do as reac­cións pro­vo­ca­das po­los aten­ta­dos e a ma­ni­fes­ta­ción do No tinc por, qui­zais ha­xa que re­co­ñe­cer que a xihad non con­se­guiu al­te­rar tan­to o no­so mo­do de vi­da. O hoo­li­ga­nis­mo po­lí­ti­co, ese re­fu­xio dos me­dio­cres, per­ma­ne­ce inal­te­ra­ble en­tre nós. Ali­via ima­xi­nar que hai al­gún lo­bo so­li­ta­rio saín­do ago­ra mes­mo dun­ha li­bra­ría, sor­tean­do con pa­so fir­me bo­lar­dos e xar­di­nei­ras, pa­ra che­gar á ca­sa e bo­tar­se a ler con­tra tanta tris­tu­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.