Fá­bu­la pa­ra tem­pos de cri­ses

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - MA­RI­NA MA­YO­RAL

Os dis­tin­tos mem­bros da fa­mi­lia re­uní­ron­se co­mo to­dos os ve­ráns na gran ca­sa on­de vi­ven os avós e os tíos avós. Un­ha vez máis ían go­zar do pra­cer de es­tar xun­tos e uni­dos.

Os ne­nos em­pe­za­ron en­se­gui­da con desobe­dien­cias e re­bel­días, pe­ro non se lle deu im­por­tan­cia, «cou­sas de ne­nos, hai que ser fle­xi­bles, non im­po­ñer po­la for­za as re­gras...».

Pou­co des­pois os ne­nos con­ver­té­ron­se nun­ha cua­dri­lla irres­pon­sa­ble que fai ca­so omi­so dos que din os maio­res e im­pi­den o nor­mal fun­cio­na­men­to da vi­da co­mún fa­mi­liar. Soan as pri­mei­ras vo­ces de alar­ma: hai que im­po­ñer al­go de dis­ci­pli­na, que fa­gan as ta­re­fas que lles co­rres­pon­den, in­cluí­dos os de­be­res que traen do co­le, pe­ro sen es­que­cer a fle­xi­bi­li­da­de, e que es­tas cou­sas arrán­xan­se soas, hai que dar­lles tem­po, bus­car so­lu­cións que lles gus­ten.

A vi­da da fa­mi­lia é xa un in­ferno: aca­bá­ron­se os fa­la­doi­ros des­pois da cea, as idas ao ci­ne­ma de ve­rán, as ex­cur­sións con­xun­tas: os ne­nos, en fran­ca re­bel­día, im­po­ñen os seus ca­pri­chos e fal­tan ao res­pec­to a to­do o mun­do.

O avó di: Al­guén ten que im­po­ñer as re­gras e un cas­ti­go. To­dos mi­ran ao ir­mán maior que, re­sig­na­da­men­te, anun­cia: «Que­da­rán sen praia, sen ci­ne­ma, sen te­le­vi­sión e sen pos­tres. E eu que­da­rei con eles pa­ra vi­xiar que se cum­pre».

A tía avoa máis ve­lla di: «Odia­ran­che, co­mo odia­ba­des ao vo­so pai».

No me­dio dun si­len­cio den­so, o fi­llo maior res­pon­de: «Seino, pe­ro é o meu de­ber».

Con­ti­nua­rá. (O 1 de ou­tu­bro co­ñe­ce­ra­se o fi­nal da fá­bu­la).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.