«Des­ta­co os obra­doi­ros»

O es­cri­tor, na­do en Castroverde, foi eli­xi­do pa­ra dar o pre­gón na fei­ra des­ta fin de se­ma­na.

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - A Entrevista - A. CABADO / S.V. LU­GO / LA VOZ

Je­sús Tras­ho­rras, cas­tro­ver­den­se de na­ce­men­to, se­rá o en­car­ga­do de dar o pre­gón da Fei­ra de Ar­te­sa­nía e Gas­tro­no­mía, que ce­le­bra ma­ñá na súa vi­la na­tal a súa duo­dé­ci­ma edi­ción. A de­sig­na­ción de Tras­ho­rras co­ma pre­goei­ro es­tá re­la­cio­na­da coa pu­bli­ca­ción do seu pri­mei­ro poe­ma­rio, O si­len­cio do or­ba­llo.

—¿Co­mo lle co­mu­ni­ca­ron que se­ría o pre­goei­ro da fei­ra e que su­pón pa­ra vos­te­de?

—Co­mu­ni­cá­ron­mo den­de o Con­ce­llo. Pa­ra min evi­den­te­men­te é un­ha gran hon­ra ser o pre­goei­ro da XII Fei­ra de Ar­te­sa­nía e Gas­tro­no­mía da mi­ña vi­la na­tal. Le­vo moi­to tem­po fo­ra, ca­se to­da a mi­ña vi­da pro­fe­sio­nal es­ti­ven lon­xe, en A Vei­ga, en Cas­tro­pol... Pe­ro aín- da que non po­do ir moi­to, sem­pre man­ti­ven cer­ta vin­cu­la­ción con Castroverde, de fei­to a mi­ña nai aín­da vi­ve alí.

—A súa de­sig­na­ción coin­ci­de coa re­cen­te pu­bli­ca­ción do seu pri­mei­ro li­bro de poe­mas. ¿Co­mo xur­de es­ta idea?

—Sem­pre me gus­tou ler, pó­de­se di­cir que son aman­te da li­te­ra­tu­ra e da poe­sía. Ti­ña al­gúns poe­mas es­cri­tos de fai anos. Can­do era máis no­vo, al­gúns ami­gos e máis eu fa­cía­mos o que cha­má­ba­mos o Ro­tei­ro das Ar­tes, fo­mos por A Co­ru­ña, Chan­ta­da, Mon­te­rro­so... Nós ía­mos alá e fa­cía­mos re­ci­tais mu­si­cais e poé­ti­cos. Ca­da un es­cri­bía un poe­ma ou va­rios, e logo fa­cía­mos un li­bro con to­dos. O coor­di­na­dor, Jo­sé Estévez, ani­mou­me a pu­bli­car un cos meus poe­mas. Ao prin­ci­pio eu non ti­ña de­ma­sia­do in­tere­se, pe­ro in­sis­tiu­me, e al­gúns ami­gos e ami­gas fa­la­ron ta­mén co­mi­go, e ao fi­nal pu­bli­queino. A pre­sen­ta­ción a fi­xe­mos en Castroverde, e vi­ñe­ron os ami­gos que nos xun­tá­ba­mos, al­gúns de­les re­ci­ta­ron poe­mas meus, do li­bro, e ou­tros re­ci­ta­ron poe­mas pro­pios.

—¿Que des­ta­ca­ría da fei­ra des­ta fin de se­ma­na?

—Pois o cer­to é que non vou den­de as pri­mei­ras edi­cións. Ao tra­ba­llar fo­ra e tal, moi­tas ve­ces coin­ci­diu­me mal e non pui­den vir. Di­ría que o máis in­tere­san­te son os obra­doi­ros ar­te­sa­nais, de ces­ta­ría, ce­rá­mi­ca e máis cou­sas. Pe­ro xa fa­lo de hai dez anos, in­for­má­ron­me un pou­co das cou­sas que hai ago­ra e hai moi­tas ac­ti­vi­da­des no­vas, así que es­te ano que si po­do es­tar xa ve­rei que tal es­tán.

Jo­sé Ma­ría Tras­ho­rras na pre­sen­ta­ción do seu li­bro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.