Bu­re­la, ca­pi­tal pes­quei­ra

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Turismo Na Mariña -

No cen­tro xeo­grá­fi­co da co­mar­ca da Ma­ri­ña Lu­cen­se, Bu­re­la pre­sén­ta­se co­mo un re­fe­ren­te pes­quei­ro e ta­mén tu­rís­ti­co. Ca­pi­tal de referencia no Can­tá­bri­co, é ta­mén a ca­pi­tal do bo­ni­to do nor­te. O mar é o mo­tor des­ta lo­ca­li­da­de aber­ta ao mundo, na que re­si­den per­soas de máis de trin­ta na­cio­na­li­da­des di­fe­ren­tes. Bu­re­la aber­ta ao mar e ta­mén ao mon­te, ao Mon­te Cas­te­lo, per­fec­to mi­ra­doi­ro que aco­lle to­dos os anos a tra­di­cio­nal ro­ma­ría na que se ci­tan bu­re­len­ses de di­fe­ren­tes xe­ra­cións. E ao fa­lar de pa­tri­mo­nio se­ría im­per­doa­ble es­que­cer a igre­xa de Vi­la do Me­dio e as súas pin­tu­ras, da­ta­das en­tre os sécu­los XV e XVII. A ofer­ta de ocio e pai­sa­xe com­plé­ta­se coas praias de ban­dei­ra azul A Ma­ro­sa e Ril; cos re­co­ñe­ci­dos co­mo cen­tros azuis co­mo son o Cen­tro de Edu­ca­ción Me­dioam­bien­tal Gaia e o bar­co mu­seo “Rei­na del Car­men”, ade­mais do sen­dei­ro azul po­la ru­ta do li­to­ral bu­re­len­se.

O por­to de Bu­re­la é o mo­tor eco­nó­mi­co e tu­rís­ti­co des­te con­ce­llo ma­ri­ñán.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.