No cen­te­na­rio do pa­sa­men­to do mé­di­co lu­cen­se Xesús Ro­drí­guez Ló­pez

A ori­xe de «O zo­rro», co­me­dia iné­di­ta dun dos dez fun­da­do­res da Real Aca­de­mia Ga­le­ga

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Memoria Lucense - MANUEL CAL­VO

En 1988 Edi­ciós do Cas­tro pu­bli­cou O tea­tro de Xesús Ro­drí­guez Ló­pez, obra de Ara­ce­li He­rre­ro e Au­ro­ra Mar­co, que ta­mén con­ti­ña un meu tra­ba­llo ti­tu­la­do Es­tu­do bio­bi­blio­gra­fi­co de Xesús Ro­drí­guez Ló­pez. Nes­ta pu­bli­ca­ción abor­dá­ba­se por vez pri­mei­ra a pro­du­ción de Ro­drí­guez Ló­pez no ei­do tea­tral, apoián­do­se uni­ca­men­te so­bre dúas obras da súa fac­tu­ra, a sa­ber, El so­cia­lis­ta ea po­lé­mi­ca O Chu­fón, po­lé­mi­ca es­ta úl­ti­ma des­de o mo­men­to da súa im­pre­sión, en 1915, e no ano 1916 no que co­ñe­ceu di­ver­sas re­pre­sen­ta­cións en dis­tin­tos pun­tos de Ga­li­cia, aca­dan­do un gran éxi­to do que sem­pre se fi­xo eco a pren­sa do mo­men­to.

En O tea­tro de Xesús Ro­drí­guez Ló­pez ta­mén se ofre­cía, co­mo pri­mi­cia iné­di­ta, un­ha pe­que­na pe­za de tea­tro que le­va­ba o des­pis­tan­te tí­tu­lo El so­cia­lis­ta, pois o ar­gu­men­to na­da ou pou­co ten de tras­fon­do po­lí­ti­co, co­mo an­te­rior­men­te in­di­quei, e fa­cía­se re­fe­ren­cia a un­ha ter­cei­ra obra so­bre da que fa­la­ba a fa­mi­lía do es­cri­tor, non ten­do cer­ta-

men­te cla­ro se o tí­tu­lo co­rrec­to era O zo­rro ou O ra­po­so. Non ha­bía máis re­fe­ren­cias e to­do eran es­pe­cu­la­cións.

Foi o seu ne­to Cel­so Ro­drí­guez, mé­di­co pe­dia­tra que exer­ceu en Vi­go ata a súa mor­te, quen «le­van­tou o zo­rro» en 1989. Cel­so exer­cía fa­mi­liar­men­te a xei­to de al­ba­cea «dos pa­peis do avó» e, qui­zais por ter o mis­mo ce­lo por gar­dar e re­ter aque­les ve­llos

pa­peis, co­mo sem­pre fi­xe­ra o es­cri­tor, ato­pou o ma­nus­cri­to da obra, fa­cen­do de­la un­ha co­pia a má­qui­na que al­gúns anos des­pois pu­xo nas mi­ñas mans. Cel­so ti­ña fe no meu tra­ba­llo e dou­lle as gra­zas po­la con­fian­za que de­po­si­tou en min. En con­se­cuen­cia, e de xei­to in­me­dia­to, de­be o lec­tor fa­cer­se a pre­gun­ta obri­ga­da: por que tan­to tem­po tar­dei en da­la a co­ñe­cer. Cel­so soa­men­te me im­pu­xo un­ha con­di­ción: non da­ría a co­ñe­cer es­ta co­me­dia ata o ano no que se cum­pri­ra o cen­te­na­rio da mor­te do seu avó. Así llo pro­me­tín e, fiel­men­te, así o fa­go pa­ra ren­der­lle cum­pri­men­to a el e pa­ra hon­rar, se ca­be, un pou­co máis ao seu avó, que moi­to o me­re­ce, pois non dei­xa de cha­mar a aten­ción que nes­te pe­rio­do de tem­po, un­ha vez si­tos na Real Aca­de­mia Ga­le­ga os fon­dos li­te­ra­rios de Xesús Ro­drí­guez Ló­pez, nin­guén se preo­cu­pa­ra de bo­tar­lles un­ha olla­da e des­cu­brir —an­tes ca min— es­ta iné­di­ta co­me­dia.

A reali­da­de non se po­de en­cu­brir e de­bo di­cir que un­ha fo­to­co­pia do ma­nus­cri­to es­tá des­de en­ton­ces no meu po­der; o ori­xi­nal es­tá no fon­do Xesús Ro­drí­guez Ló­pez que obra en po­der da Real Aca­de­mia Ga­le­ga den­de a mor­te de Cel­so Ro­drí­guez, des­pois de que a súa mu­ller, Mai­ca, me ofre­ce­ra desem­pe­ñar a mes­ma mi­sión de Cel­so, cou­sa que de nin­gun­ha ma­nei­ra acep­tei, porque o lu­gar on­de de­ben con­ser­var­se os tra­ba­llos do avó é a Aca­de­mia Ga­le­ga, que el axu­dou a fun­dar: hai dous anos que es­tu­do es­ta obra pa­ra pu­bli­ca­la axi­ña, o tra­ba­llo es­tá ca­se re­ma­ta­do.

Na pri­mei­ra pá­xi­na do ma­nus­cri­to que nos dei­xou o au­tor pó­de­se ler, con ab­so­lu­ta cla­ri­da­de que o tí­tu­lo é O zo­rro/ Co­me­dia Ga­lle­ga por Je­sús Ro­drí­guez Ló­pez /Pri­mer bo­rra­dor/ Ma­yo de 1913.

(pa­sa á se­guin­te pá­xi­na)

A obra es­tá es­cri­ta, en sen­ti­do apai­sa­do, no re­ver­so de 155 fo­lios im­pren­ta­dos po­lo Co­le­gio Mé­di­co-Far­ma­céu­ti­co de Lu­go, a mo­do de fo­lla de pa­go men­sual por va­lor de 50 cén­ti­mos de pe­se­ta, can­ti­da­de que de­be­rían sa­tis­fa­cer os so­cios per­ten­cen­tes a el. To­dos eles le­van co­mo lu­gar e da­ta Lu­go, 1 de ................... de 189 ......

Es­ta cir­cuns­tan­cia, a de apro­vei­tar to­do ti­po de pa­pel so­bre do que es­cri­bir non é no­vi­do­sa pois moi­to do que de Ro­drí­guez Ló­pez se con­ser­va ma­nus­cri­to es­tao so­bre, por exem­plo, tar­xe­tas de vi­si­ta que lle en­via­ban, re­ver­sos de li­bre­tas de pro­pa­gan­da mé­di­ca, sa­lu­ta­cións, bei­xa­mans e in­clu­so en es­que­las mor­tuo­rias ri­be­tea­das de cor ne­gra; cu­rio­so cos­tu­me que o au­tor man­ti­vo ao lon­go de to­da a súa vi­da. Mes­mo o em­pre­go des­tes fo­lios, da­ta­dos pa­ra o seu uso na de­rra­dei­ra dé­ca­da do sécu­lo XIX per­mí­te­nos com­pro­bar que o es­cri­tor ti­ña sem­pre afán por ter, en­ten­den­do con es­ta pa­la­bra que era ho­me que fa­cía po­lo que ti­ña; nes­te ca­so pa­peis que non re­sul­tan es­tra­ños nas súas mans se se ten en con­ta que en­tre os moi nu­me­ro­sos car­gos que desem­pe­ñou ao lon­go da súa vi­da, ta­mén apa­re­ce co­mo se­cre­ta­rio do de­van­di­to Co­le­gio Mé­di­co-Far­ma­ceu­ti­co, co­mo di­xen xa hai al­gún tem­po.

Pa­ra min non exis­te ho­xe dú­bi­da da au­to­ría da co­me­dia O

chu­fón, pero a lec­tu­ra de O zo­rro per­mi­ti­ra­nos cua­li­fi­car esa au­to­ría (ho­xe aín­da máis) pro­pie­da­de in­te­lec­tual de Ro­drí­guez Ló­pez de xei­to ca­te­gó­ri­co: al­gun­has es­ce­nas de O chu­fón son un cal­co li­te­ral de al­gun­has de O zo­rro, co­mo máis adian­te te­re­mos oca­sión de com­pro­bar, di­to de un­ha ma­nei­ra cien­tí­fi­ca, son real­men­te un­ha clo­na­ción as un­has das ou­tras.

Car­tas cru­za­das

Re­pa­rar na da­ta po­de­ría, qui­zais, afian­zar a an­te­rior afir­ma­ción. Ve­la­quí que en 1913 Ló­pez Cas­ti­ñei­ra pon nas mans de Ro­drí­guez Ló­pez o xer­me da fu­tu­ra co­me­dia, porque es­te cu­ra du­ran­te a súa es­ta­día nas te­rras do Cau­rel ob­ser­va­ra a ve­lla tra­di­ción da me­dia­ción dun ca­sa­men­tei­ro ou chu­fón, cu­xa mi­sión era esa, a de chu­far, nor­mal­men­te ao pre­ten­den­te mas­cu­lino, dian­te dos pais da noi­va coa fi­na­li­da­de de ob­ter de­les a me­llor do­te po­si­ble pa­ra o seu «re­pre­sen­ta­do».

Len­do a co­rres­pon­den­cia cru­za­da en­tre am­bos, Ro­drí­guez Ló­pez en Lu­go e Ló­pez Cas­ti­ñei­ra en Bos Ai­res, pó­de­se moi ben com­pro­bar que o cu­ra non min­te can­do di que lle le­vou a súa pro­du­ción ao no­so au­tor pa­ra que es­te a su­per­vi­sa­ra e a co­rri­xi­ra se for ne­ce­sa­rio. A opi­nión do au­tor foi afir­mar que era un tra­ba­llo pa­ra ler pero de­fi­ci­ta­rio pa­ra ser re­pre­sen­ta­do. Cer­to é que a da­ta na que Ro­drí­guez Ló­pez es­cri­be O zo­rro non coin­ci­de coa mar­cha, nos co­me­zos de 1913, de Cas­ti­ñei­ra a Bos Ai­res, on­de aca­bou sen- do te­nen­te cu­ra da pa­rro­quia de San Tel­mo na ca­pi­tal bo­nae­ren­se, pero a idea si que o é.

É ver­da­de que, tem­po­ral­men­te, O zo­rro es­tá con­ci­bi­da an­tes ou ao mes­mo tem­po que O Chu­fón, mes­mo ta­mén a da­ta do ma­nus­cri­to des­ta úl­ti­ma é ca­se coin­ci­den­te no plano cro­no­ló­xi­co. As dúas son de 1913. Eu pen­so, ma­lia esa coin­ci­den­cia, que a or­de de ela­bo­ra­ción é esa: O zo­rro pui­do dar­lle vi­da a O Chu­fón ou, can­do me­nos, ese pri­mei­ro bo­rra­dor é a ori­xe da co­me­dia que saíu do pre­lo en 1915.

Per­so­na­xes

Mais, cu­rio­sa­men­te, co­mo ire­mos ven­do, ar­gu­men­to e per­so­na­xes per­mi­ten ver con to­da cla­ri­da­de que non son os mes­mos e que no ca­so de O zo­rro a pre­sen­za dun chu­fón é cir­cuns­tan­cial e de nu­la im­por­tan­cia pa­ra a co­me­dia. Nu­me­ri­ca­men­te as per­so­na­xes son ca­se as mes­mas, dez en O zo­rro e on­ce no Chu­fón; en am­bas as dúas te­mos cin­co an­tro­pó­ni­mos idén­ti­cos, aín­da que os ro­les va­rían no­ta­ble­men­te; a ar­ma­du­ra das dúas co­me­dias é ta­mén a mes­ma no que se re­fi­re á ex­pre­sión tea­tral: lin­gua, aco­ta­cións —es­tas maio­ri­ta­ria­men­te en cas­te­lán en O Zo­rro— apar­tes, so­li­lo­quios, tem­po­ra­li­da­de en dous ac­tos e apro­xi­ma­da­men­te o mes­mo nú­me­ro de es­ce­nas pa­ra ca­da un de­les e va­ria­ción do es­pa­zo xeo­grá­fi­co, per­cep­ti­ble nos to­pó­ni­mos, sen­do al­gún de­les au­tén­ti­co no ca­so de O zo­rro.

Tres das obras máis co­ñe­ci­das que fi­xo o au­tor lu­cen­se.

Xesús Ro­drí­guez, sen­tan­do no cen­tro, xun­to ao gru­po de tea­tro que re­pre­sen­tou «O chu­fón».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.