«O ra­po­so», un­ha co­me­dia iné­di­ta

Ar­gu­men­to da obra es­cri­ta po­lo mé­di­co e es­cri­tor lu­cen­se Xesús Ro­drí­guez Ló­pez

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Memoria Lucense - MANUEL CAL­VO

A ac­ción oco­rre nun mo­men­to in­de­fi­ni­do do ano, pre­to á fes­ta do pa­trón do po­bo no que ten lu­gar. A de­fi­ni­ción do de­co­ra­do co que se abre a co­me­dia é de ve­ro­si­mi­li­tu­de to­tal; re­flic­te dun xei­to ca­se fo­to­grá­fi­co a co­ci­ña, pe­se­bres, e a es­ca­lei­ra da casa pe­tru­cial de Ro­drí­guez Ló­pez, ra­di­ca­da en San Ma­me­de de Lou­sa­da, a uns qui­ló­me­tros de Lu­go na es­tra­da Lu­go-Por­to­ma­rín.

O tío Min­gos e Sa­be­la son un ma­tri­mo­nio, de ida­de non de­ter­mi­na­da, pero re­la­ti­va­men­te maio­res, que te­ñen dúas fi­llas, Car­me­la e Ma­ri­pe­pa, en eda­de de ca­sa­ren; ase­ma­de es­tá An­tón, fi­llo adop­ti­vo que o ma­tri­mo­nio re­co­lle­ra da in­clu­sa hai anos por mor do fa­le­ce­men­to dun fi­llo pro­pio. Son pais ta­mén dun fi­llo que ven de mo­rrer en Me­li­lla, na gue­rra de Ma­rro­cos e do que se fa­la bre­ve­men­te na es­ce­na pri­mei­ra, ser­vin­do de pre­tex­to pa­ra lou­bar o tra­ba­llo que rea­li­za An­tón na casa. O tío Min­gos ten un gran­de in­tere­se en que os ho­mes que ca­sen coas súas fi­llas se­xan de bo san­gue, «de boa ra­ma», e en to­do mo­men­to bus­ca que se­xan de po­si­ción có­mo­da, que se­xan un bo par­ti­do e que non pre­ten­dan un­ha do­te de ca­sa­men­to ex­ce­si­va. Sa­be­la é per­so­na­xe ne­ce­sa­ria pa­ra ac­tuar co­mo cóm­pli­ce, so­bre to­do de Car­me­la, exer­cen­do en to­do mo­men­to un pa­pel mo­de­ra­dor dian­te do for­te ca­rác­ter do seu ma­ri­do.

An­tón, que co­ñe­ce a súa con­di­ción de in­clu­sei­ro, la­men­ta a súa pre­ca­ria si­tua­ción; non é dono de na­da aín­da que a efec­tos de ca­ri­ño é tra­ta­do po­los seus pais adop­ti­vos co­mo un ver­da­dei­ro fi­llo na­tu­ral; mais nos ini­cios da obra co­men­ta o seu desexo de emi­grar a Bos Ai­res e vol­ver con car­tos su­fi­cien­tes pa­ra po­der ca­sar. An­tón es­tá na­mo­ra­do de Car­me­la e vi­ce­ver­sa, mais nin­gún dos dous se atre­ve a dar a co­ñe­cer o seu amor, ou por ver­gon­za ou por te­mor a non ser co­rres­pon­di­do.

Fa­rru­ca é un­ha cria­da, que por mor dun preito fa­mi­liar viu­se obri­ga­da a dei­xar a súa casa de Nei­ra de Pa­cios e po­ñer­se a ser­vir. É mo­za al­go pre­su­mi­da e de fa­la áxil e de­sen­fa­da­da.

Fa­rru­ca e An­tón «can­da un, can­da ou­tro» van ca­da noi­te pre­to da igre­xa do po­bo pa­ra ar­mar­lle un­ha tra­pe­la ao zo­rro que lles co­me as pi­tas de can­do en vez. Es­ta si­tua­ción é, pre­ci­sa­men­te, a que lle dá no­me á co­me­dia que xi­ra arre­dor dun en­re­do ou qui­pro­quo no que o ra­po­so (ani­mal) nun­ca se­rá ele­men­to prin­ci­pal. Ma­ri­pe­pa é a fi­lla maio­ra­na e es­tá com­pro­me­ti­da con Xan de Ber­to. Xan ven de re­ma­tar o seu ser­vi­zo mi­li­tar, ca li­cen­za na man e dis­pos­to a cum­prir o seu com­pro­mi­so sen nin­gún ti­po de pro­ble­mas. Am­bos os dous xo­gan un pa­pel se­cun­da­rio na co­me­dia.

Car­me­la é a se­gun­da fi­lla de Min­gos e Sa­be­la; es­tá na­mo­ra­da des­de hai tem­po de An­tón, pero ata a me­ta­de da co­me­dia non llo con­fe­sa­rá a es­te, quen á súa vez fa­rá o mes­mo a res­pec­to de Car­me­la. Es­te amor se­rá, a par­tir de ago­ra un se­gre­do en­tre os dous e nin­guén, no ám­bi­to fa­mi­liar, sa­be­rá del ex­cep­to Fa­rru­ca, que co­mo mu­ller in­túe pron­ta­men­te o ca­ri­ño exis­ten­te en­tre Car­me­la e An­tón.

Manuel é o her­dei­ro da casa do Pe­to, do lu­gar de Nei­ra de Pa­cios, que ven a pre­ten­der á fi­lla máis nova, Car­me­la. Mais nun en­con­tro ca­sual ató­pa­se con Fa­rru­ca, coidan­do que ela é a ra­pa­za a que ven pre­ten­der pa­ra ca­sar, ig­no­ran­do que en reali­da­de tan só é a cria­da, e nin se­que­ra a re­co­ñe­ce a pe­sar de se­ren os dous do mes­mo po­bo. Es­te é o se­gun­do equi­vo­co da co­me­dia, que se man­tén prac­ti­ca­men­te ata a pe­núl­ti­ma es­ce­na da obra e que, por su­pos­to dá lu­gar, no trans­cur­so da mes­ma, a si­tua­cións có­mi­cas de en­re­do tea­tral.

(pa­sa á se­guin­te pá­xi­na)

Por­ta­da da obra iné­di­ta dun dos fun­da­do­res da Real Aca­de­mia Ga­le­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.