Noe­mi Ma­zoy y Marica Cam­po, pre­go­ne­ras

Noe­mí Ma­zoi agra­de­ce ao Con­ce­llo de Lu­go que pen­sa­se ne­la pa­ra rea­li­zar a ofren­da

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Portada - LUIS CON­DE

Aso­prano Noe­mí Ma­zoi se­rá a en­car­ga­da de rea­li­zar a ofren­da a Ro­sa­lía de Cas­tro o vin­dei­ro día 8, Do­min­go das Mo­zas. A pro­ta­go­nis­ta des­ta xor­na­da re­co­ñe­ce que lle fai moi­ta ilu­sión e agra­de­ce ao Con­ce­llo que a con­vi­da­se. «Is­to re­mó­ve­me no máis ín­ti­mo», co­men­ta Ma­zoi. —¿Que su­pón pa­ra vos­te­de fa­cer a ofren­da a Ro­sa­lía de Cas­tro? —Pa­ra min é al­go moi im­por­tan­te. Es­te era un ac­to ao que acu­día ca­da ano coa mi­ña nai e cos meus ir­máns. Ela ti­ña un­ha gran de­vo­ción por Ro­sa­lía de Cas­tro. Fa­cía tra­xes tí­pi­cos e ves­tía­nos a to­dos. De ver­da­de, ser a ofe­ren­te do Do­min­go das Mo­zas re­mó­ve­me no máis ín­ti­mo e tráe­de me moi­tos re­cor­dos. Emo­ció­no­me moi­to pen­san­do en to­do is­to e no pa­sa­do. —¿En que con­sis­ti­rá a ofren­da do do­min­go? —Es­cri­bi­rei un­has ver­bas que le­rei na ofren­da, nas que fa­la­rei do que sig­ni­fi­ca pa­ra min Ro­sa­lía e o Do­min­go das Mo­zas, e lo­go can­ta­rei Ne­gra Som­bra. —¿Que li­ñas se­gui­rá o seu dis­cur­so? —Fa­la­rei den­de o meu co­ra­zón das lem­bran­zas que te­ño, den­de o pa­seo da pra­za de Es­pa­ña ata o lu­gar no que fa­rei a ofren­da e das poe­sías de Ro­sa­lía que lía a mi­ña nai. Ba­sea­rei to­do nos meus sen­ti­men­tos e se­rá un­ha ho­me­na­xe ao Do­min­go das Mo­zas. Ro­sa­lía era un­ha per­soa que es­cri­bía den­de a al­ma, e a iso ta­mén me re­fe­ri­rei. Lo­go can­ta­rei Ne­gra Som­bra, con mú­si­ca Juan Mon­tes. Es­ta­rei acom­pa­ña­da por un acor­deo­nis­ta e un­ha che­lis­ta. —¿Que re­cor­dos lle que­dan do San Froi­lán? —O máis fer­mo­so era ir e su­bir nos ca­ba­li­ños. Emo­ció­no­me re­cor­dan­do can­do me le­va­ba a mi­ña nai. De fei­to, to­dos os anos que estou no San Froi­lán si­go mon­tan­do ne­les. Ta­mén me en­can­ta o Pe­lú­dez, po­lo que sin­to un es­pe­cial aga­ri­mo, posto que é un­ha per­so­na­xe que creou Jo­sé Tra­pe­ro Par­do. To­mar o pol­bo nas ca­se­tas é ou­tra das tra­di­cións que cum­pro. Ado­ro as fes­tas de San Froi­lán. —¿Co­mo fo­ron os seus ini­cios no mun­do da mú­si­ca? —No ei­do mu­si­cal te­ño un am­plo aba­ni­co. Fi­xen can­to lí­ri­co e es­tu­dei na Real Es­cue­la Su­pe­rior de Ar­te Dra­má­ti­co e bai­le. É no ám­bi­to dos mu­si­cais on­de máis me co­ñe­cen. A pri­mei­ra ac­tua­ción que fi­xen foi un­ha zar­zue­la ti­tu­la­da Non cho­res Sabeliña. Foi con 17 anos e emo­ció­no­me can­do re­cor­do ese in­tre. Ta­mén pro­ta­go­ni­cei Los Ga­vi­la­nes e Las de Caín, en­tre ou­tras. Fi­xen máis de dez mu­si­cais, en­tre os que des­ta­can El fan­tas­ma de la ópe­ra, Son­ri­sas y Lá­gri­mas, Víc­tor o Vic­to­ria, Pe­ter Pan e Dia­rio de Ana Frank. No tea­tro par­ti­ci­pei nas obras Ro­ber­to Zuc­co, Bo­das de San­gre e Elec­tra. Os tres xé­ne­ros nos que máis tra­ba­llei fo­ron zar­zue­la, ópe­ra e mú­si­ca. —¿Ca­les son os seus pro­xec­tos de fu­tu­ro? —Te­ño pre­vis­to es­trear o vin­dei­ro día 3 de fe­brei­ro aquí en Lu­go De co­ra­zón a co­ra­zón. —¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res? —Con­ví­doos a que se ani­men e me acom­pa­ñen nes­ta ofren­da a un­ha das no­sas au­to­ras máis im­por­tan­tes da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga. Toca go­zar do San Froi­lán.

La so­prano Noe­mí Ma­zoi

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.