«To­do o po­bo apoia a fei­ra»

Mi­guel Ri­co Al­cal­de de Mon­te­rro­so

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial1 - - Feira De Santos - X.R. PENOUCOS LU­GO

Re­co­men­da aos vi­si­tan­tes que apro­vei­ten o via­xe para fa­cer tu­ris­mo na co­mar­ca da Ulloa

Oal­cal­de de Mon­te­rro­so, Mi­guel Ri­co, ten moi cla­ro que a Fei­ra de San­tos su­pón un gran em­pu­rrón to­dos os anos para a economía de Mon­te­rro­so.

— ¿Qué su­pón a Fei­ra de San­tos?

—Non hai máis ca lem­brar que se lle cha­ma a fei­ra das fei­ras e con iso coi­do que es­tá to­do di­to. Re­sul­ta evi­den­te que é un­ha xor­na­da que atrae a moi­tí­si­ma xen­te o no­so po­bo, ade­mais da gran can­ti­da­de de car­tos que se mo­ven en moi­tas ope­ra­cións que se pe­chan esa xor­na­da.

— ¿Có­mo ex­pli­ca que acu­da tan­ta xen­te a fei­ra?

—É al­go que aín­da des­pois de moi­tos anos re­súl­ta­me im­po­si­ble de ex­pli­car e non en­ten­do co­mo ca­da ano nos vi­si­tan tan- tas per­soas. A ver­da­de é que re­sul­ta im­pre­sio­nan­tes com­pro­bar co­mo ao lon­go de to­da a xor­na­da che­gan ao no­so po­bo un­ha grande can­ti­da­de de au­to­bu­ses e ta­mén moi­tos via­xei­ros en vehícu­los par­ti­cu­la­res. A acu­mu­la­ción de xen­te so­bre to­do a par­tir de me­dia ma­ñá é im­pre­sio­nan­te.

— ¿Que­ren que o cer­ta­me aca­de re­per­cu­sión na­cio­nal?

—Por su­pos­to e ne­so an­da­mos. A fei­ra aca­dou fai uns anos a con­si­de­ra­ción de cer­ta­me de in­tere­se tu­rís­ti­co ga­le­go e ago­ra que­re­mos con­se­gui­lo a ni­vel na­cio­nal. É un pro­ce­so lon­go no que xa es­ta­mos dan­do os pri­mei­ros pa­sos.

— ¿Sor­pren­de que to­do o po­bo se im­pli­que no fes­te­xo?

—Para na­da, a xen­te de Mon­te­rro­so, ade­mais de ser moi aco­lle­do­ra, sa­be per­fec­ta­men­te a im­por­tan­cia que ten es­ta xor­na­da para moi­ta xen­te e por iso asu­me sen nin­gún ti­po de quei­xa as mo­les­tias que poi­da su­po­ñer a pre­sen­za de tan­ta xen- te con­cen­tra­da nun­ha xor­na­da.

— ¿Có­mo é po­si­ble re­unir mil postos de ven­da?

—A ver­da­de e que se tra­ta dun­ha ci­fra des­me­su­ra­da, pe- ro ca­da ano son máis as pe­ti­cións que te­mos de em­pre­sa­rios que que­ren po­ñer o seu posto na fei­ra. Hai que ter en con­ta que as so­li­ci­tu­des que te­mos para as fei­ras do día 1 son un­has 300 e na Fei­ra de San­tos aca­da­mos as 1.000.

— ¿Qué lle di a xen­te para que ve­ña a Mon­te­rro­so?

—Que van a pa­sa­lo moi ben nun­ha fei­ra moi grande e ani­ma­da na que po­de­rán ato­par de to­do, des­de pro­du­tos de tem­pa­da co­mo no­ces ou cas­ta­ñas ata to­do ti­po de ali­men­tos. Ade­mais se­gu­ro que non van a mar­char con fa­me -so­rrí- xa que po­de­rán pro­bar o pol­bo ou o quei­xo da Ulloa en va­rios postos. Re­co­mén­do­lle a xen­te que ve­ña a fei­ra que apro­vei­te para fa­cer tu­ris­mo po­la zo­na da Ulloa e go­ce da xor­na­da.

FOTO FOTO LOIS

Mi­guel Ri­co in­vi­ta a xen­te a vir a Fei­ra de San­tos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.