«É a pre­sen­ta­ción da co­llei­ta»

O re­xe­dor con­fir­ma que pe­di­rán que o cer­ta­me se­xa de­cla­ra­do de In­te­rés Tu­rís­ti­co Na­cio­nal

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial2 - - Feira Do Viño De Amandi - LUIS CON­DE

Luis Fer­nán­dez Gui­tián foi den­de os seus ini­cios un im­pul­sor da Fei­ra do Vi­ño de Amandi. Como al­cal­de ten­tou dar­lle un im­por­tan­te im­pul­so in­tro­du­cin­do no­vi­da­des que fi­xe­ron do cer­ta­me un dos máis pe­cu­lia­res. O re­xe­dor con­fir­ma que o seu equi­po de go­berno tra­ba­lla nun pro­xec­to que pre­sen­ta­rán no Mi­nis­te­rio de Agri­cul­tu­ra pa­ra que o cer­ta­me se­xa de­cla­ra­do de In­te­rés Tu­rís­ti­co Na­cio­nal.

—¿Como se pre­sen­ta a fei­ra?

—O fei­to de que coin­ci­da vin­te días máis tar­de ca do ano pa­sa­do fai que os vi­ños es­tean máis fei­tos e máis ma­du­ros, e así os con­si­de­rou a ca­ta de ca­li­fi­ca­ción que se ce­le­brou en Ro­sen­de. Na fei­ra de Amandi esi­xi­mos que to­das as ade­gas traian vi­ño da no­va co­llei­ta, por­que es­te cer­ta­me ten que ser a súa pre­sen­ta­ción. Iso non su­pón que non ve­ñan cal­dos de ou­tras aña­das.

—¿Que no­vi­da­des te­rá nes­ta oca­sión o cer­ta­me?

—Apro­vei­tan­do que re­mo­de­la­mos a pra­za do Con­ce­llo, nes­ta edi­ción con­ta­re­mos cun es­pa- zo cu­ber­to por un­ha car­pa de 150 me­tros ca­dra­dos, que es­ta­rá adi­ca­do á ar­te­sa­nía e á gas­tro­no­mía. Ao seu ca­rón es­ta­rá a car­pa de 1.600 me­tros ca­dra­dos, es­pa­zo no que se si­tua­rán as casetas dos vin­te e un ade­guei­ros que par­ti­ci­pan na fei­ra, así como os postos de al­fa­re­ría de Gun­di­vós.

—¿Que per­se­guen con es­tas no­vi­da­des?

—Me­llo­rar a ima­xe, cun de­co­ra­do dis­tin­to. O que pre­ten­de­mos é non es­tan­car­nos e con­ti­nuar me­llo­ran­do, apos­tan­do po­las no­vas ten­den­cias. O no­so vi­ño é es­pec­ta­cu­lar, por­que vén am­pa­ra­do po­la de­no­mi­na­ción de ori­xe Ri­bei­ra Sa­cra, e a nós tó­ca­nos me­llo­rar a súa ima­xe, en con­so­nan­cia pre­ci­sa­men­te coa súa ca­li­da­de. O no­so pa­nel de ca­ra ta­mén es­tá ne­sa li­ña.

—¿Que os le­vou a es­co­ller a Ro­sa Ce­drón co­ma pre­goei­ra da fei­ra?

—Ven­do os pre­góns dos úl­ti­mos anos sem­pre hou­bo máis ho­mes que mu­lle­res. Por iso de­ci­di­mos que fo­se Ro­sa Ce­drón, que se tra­ta dun­ha per­soa re­la­cio­na­da coa Ri­bei­ra Sa­cra. Se- rá pro­ta­go­nis­ta por par­ti­da do­bre, xa que ofre­ce­rá un con­cer­to es­ta noi­te. Pa­ra min como mú­si­co foi un­ha gran sa­tis­fac­ción que acep­ta­se a no­sa in­vi­ta­ción, e pa­ra ela foi un ala­go.

—Xa son 37 anos de fei­ra.

—A fei­ra de Amandi é a que ten máis anos de vi­da e a úni­ca que foi de­cla­ra­da de In­tere­se Tu­rís­ti­co po­la Xun­ta. Es­ta­mos tra­ba­llan­do nun pro­xec­to, que es­tá bas­tan­te avan­za­do, pa­ra que se­xa de In­te­rés Tu­rís­ti­co Na­cio­nal. En­ten­de­mos que te­mos ti­rón su­fi­cien­te pa­ra pre­sen­tar a no­sa can­di­da­tu­ra. Apos­ta­re­mos for­te.

—¿Cam­biou moi­to a me­to­do­lo­xía e a idea dos ade­guei­ros?

—Os no­sos ade­guei­ros e vi­ti­cul­to­res sou­be­ron adap­tar­se aos no­vos tem­pos. Hai que des­ta­car que na fei­ra de Amandi te­mos den­de gran­des ade­gas con moi­ta pro­du­ción ata pe­que­nas con me­nos. To­dos os vi­ños que ve­ñen es­tán am­pa­ra­dos po­la de­no­mi­na­ción, e a maio­ría cam­bia­ron a ima­xe da súa eti­que­ta, e in­clu­so te­mos ade­gas que pre­sen­tan vi­ños es­pe­ciais dun­ha soa par­ce­la.

—¿Es­tá sa­tis­fei­to de como que­dou a pra­za do Con­ce­llo?

—Inau­gu­rá­mo­la pre­ci­sa­men­te coa fei­ra. O seu cus­te foi de 200.000 eu­ros e fi­nan­ciou­na a Con­se­lle­ría de Me­dio Am­bien­te. Es­ta obra cam­bia a ima­xe da ca­pi­tal mu­ni­ci­pal, am­plía a ca­pa­ci­da­de de apar­ca­doi­ros e or­de­na o trá­fi­co dian­te das ofi­ci­nas mu­ni­ci­pais.

—¿Qué ac­tua­cións le­va­rán a ca­bo a me­dio pra­zo?

—Ini­cia­mos o ano en co­la­bo­ra­ción coa Depu­tación cun­ha in­ver­sión de 50.000 eu­ros en em­pre­go e 25.000 en ser­vi­zos so­ciais. Os 225.000 res­tan­tes des­ti­na­ran­se a sa­nea­men­tos e abas­te­ce­men­to de au­ga no ru­ral. Que­re­mos le­var a au­ga a Ro­sen­de e pro­ce­der ao sa­nea­men­to de Vi­lou­driz, Fran­cos, Doa­de, así como no en­torno de Ar­xe­mil e Ro­sen­de. O de Bol­men­te, do­ta­do con 400.000 eu­ros, ad­xu­di­ca­ra­se nas vin­dei­ras se­ma­nas. Nós ta­mén apor­ta­re­mos uns 150.000 eu­ros de fondos pro­pios.

—Te­ñen pre­vis­to ac­tua­cións no ei­do tu­rís­ti­co?

—In­ves­ti­re­mos 90.000 eu­ros na área re­crea­ti­va do Cu­bei­ro en Ca­na­bal, or­de­nan­do o es­pa­zo. Cons­trui­re­mos un mi­ra­doi­ro no ca­nón do Ca­be, no lu­gar da Pe­na do Con­de, na Bar­ca, e ex­po­re­mos o men­hir do mar­co de Pe­na­lon­ga na ofi­ci­na de tu­ris­mo.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

— Que­re­mos con­so­li­dar a afluen­cia de máis xen­te de San­tia­go, A Co­ru­ña e de Fe­rrol, así como de La­lín. Dá­mos­lle a ben­vi­da a No­guei­ra de Ra­muín, que nes­ta edi­ción da fei­ra de Amandi é o con­ce­llo con­vi­da­do. Con­vi­do aos lec­to­res a que nos vi­si­ten.

Luis Fer­nán­dez Gui­tián

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.