«É un­ha sa­tis­fac­ción fa­cer a fei­ra e que ve­ña tan­ta xen­te»

Re­co­ñe­ce que al­gun­has ad­mi­nis­tra­cións te­ñen un­ha li­ña de co­la­bo­ra­ción pe­ro ou­tras non. « O ru­ral pro­té­xe­se con co­mo­di­da­de e con car­tos», ad­vir­te

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial2 - - Mostra Exposición En Muimenta - X.M.PA­LA­CIOS

Da­niel Po­llán xa ten am­pla ex­pe­rien­cia na or­ga­ni­za­ción da Moex­mu, pois le­va anos par­ti­ci­pan­do en co­mi­sións. Sa­be o di­fí­cil que re­sul­ta cu­brir o pre­su­pos­to e o gra­ti­fi­can­te que é ver ani­ma­ción en Mui­men­ta eses días.

—É ca­da vez máis di­fí­cil or­ga­ni­zar a fei­ra?

—Vé­mo­nos ne­gros pa­ra xun­tar car­tos. Hai ad­mi­nis­tra­cións que se por­tan ben; dou­tras non sa­be­mos na­da. O con­cur­so de gan­do dá pres­ti­xio; e que non ha­xa axu­das... Des­pois di­se que se que­re pro­te­xer o ru­ral; o ru­ral pro­té­xe­se con co­mo­di­da­de e con car­tos.

—Que ad­mi­nis­tra­cións se por­tan ben e que ad­mi­nis­tra­cións se por­tan mal?

—A Depu­tación deu­nos 15.000 eu­ros. Na Xun­ta, fo­mos fa­lar con [Jo­sé Ma­nuel] Bal­sei­ro: dí­xo­nos que nos da­rían, pe­ro aín­da non nos de­ron na­da; non di­go que non nos dean, pe­ro fas­ti­dia un pou­co. Se non sa­bes o que has ter, es­tás con­di­cio­na­do. A fei­ra vén cus­tan­do uns 100.000 eu­ros; an­das tra­ba­llan­do aquí e aló, e se non hai axu­das, ha­be­rá que pe­char o can­da­do.

—Can­do é máis di­fí­cil or­ga­nio­zar a fei­ra, can­do se co­me­za e non se sa­be moi ben o que hai que fa­cer ou can­do se loita pa­ra man­ter o pres­ti­xio?

—Máis ou me­nos, xa vas ten­do un­ha ex­pe­rien­cia. Eu di­ría que o máis com­pli­ca­do e di­fí­cil é con­tar con ex­po­si­to­res. Aí non hai pro­ble­ma, ao con­tra­rio: que­ren vir e non hai si­tio. Ao em­pe­zar, sem­pre tes un cer­to re­ceo; can­do co­lles ex­pe­rien­cia, xa es­tá.

—É un or­gu­llo ver que pa­san os anos e a fei­ra se­gue adian­te?

—Cla­ro que é un or­gu­llo. Sem­pre que fas es­tas cou­sas, es­tás sa­tis­fei­to de que ve­ña xen­te de de que que­de aquí al­gún car­to.

—Se­ría po­si­ble un­ha fei­ra co­ma es­ta nou­tra vi­la?

—Hai con­ce­llos que te­ñen car­tos e po­de­rían ao me­llor... Pe­ro xen­te uni­da non ve­xo eu... Non é só a fei­ra; com­prou­se o te­rreo pa­ra a fei­ra, pa­ra a área re­crea­ti­va; o cam­po de fút­bol foi pe­cha­do co tra­ba­llo da xen­te; arran­xou­se a igre­xa ve­lla...Es­ta é un­ha xen­te moi uni­da.

FO­TO AL­BER­TO LÓ­PEZ

Po­llán xa or­ga­ni­zou a fei­ra máis ve­ces

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.