Lem­bran­za do ou­tei­ro da Fír­ve­da

A che­ga­da do ve­rán, que coin­ci­de coas fes­tas, per­mi­te go­zar da rica pai­sa­xe de Gui­ti­riz

La Voz de Galicia (Monforte) - Especial2 - - Fiestas De Guitiriz - MANUEL C. SANTAMARIÑA

Con es­te no­me de­no­mi­nei un­ha se­rie de ar­ti­gos que es­cri­bín pa­ra a re­vis­ta aque­la fer­mo­sa e ati­na­da ex­pe­rien­cia de pren­sa lo­cal afec­cio­na­da le­va­da a ca­bo en Gui­ti­riz a fi­nais dos anos 80. A Fír­ve­da sem­pre me pa­re­ceu un lu­gar es­pe­cial des­de o que con­tem­plar as te­rras de Gui­ti­riz, máis que na­da po­la ima­xe do ho­ri­zon­te que ca­ra ao sur nos dá a se­rra da Co­va da Ser­pe, ese perfil bi­cús­pi­de que te­ño ben gra­va­do na mi­ña me­mo­ria por­que que era o que vía des­de a por­ta da mi­ña ca­sa ca­da día e on­de a mi­ña ima­xi­na­ción de neno lo­ca­li­za­ba a gran­de ser­pe da len­da. Aque­la enor­me fe­ra que, aín­da co ra­bo na co­va, vi­ña be­ber a Rio­se­co, na pa­rro­quia de San­ta Ma­ri­ña, e achi­ca­ba o río. Cer­ta­men­te, nes­tas da­tas pró­xi­mas ao sols­ti­cio de ve­rán, can­do a na­tu­re­za es­tá ple­tó­ri­ca e a pa­rro­quia de La­gos­te­lle ce­le­bra as fes­tas pa­tro­nais de San Xoán, é un ver­da­dei­ro pra­cer per­co­rrer os ca­mi­ños que a atra­ve­san. Des­de as te­rras al­tas de Ca­ba­na­com­ba, on­de os pe­ne­dos al­ter­nan con pra­dos, lei­ras, monte bai­xo e ar­bo­ra­do e car­ba­llei­ras; até as máis bai­xas do Boe­do e Ba­rrei­ro, on­de o in­verno vai ago­ra abrin­do as por­tas des­te pas­ti­zal na­tu­ral no que cen­tos de gui­ti­ri­cen­ses vi­vi­ron ex­pe­rien­cias ines­que­ci­bles nos ve­ráns da súa ne­nez.

En­can­to ten ta­mén a zo­na da Bai­xa: A Lan­doei­ra, O Acevedo, O San­gui­ñe­do, Ama­riz, As Bra­ñi­cas…, har­mo­nio­sa com­bi­na­ción de te­rras de cul­ti­vo, pra­dos e va­la­dos de pe­dra, on­de as ca­sas des­tes lu­ga­res sig­ni­fi­can pun­tos de vi­ta­li­da­de nun­ha ca­da vez me­nos ha­bi­ta­da con­tor­na. Con­ti­núa ca­ra ao sur, en sua­ve des­cen­so des­de o al­to de Be­re­te, Par­di­ñas, lu­gar em­ble­má­ti­co xa tra­di­cio­nal nos ve­ráns gui­ti­ri­cen­ses, an­tes po­lo seu bal­nea­rio e ago­ra, ade­mais, po­lo fes­ti­val que alí se ce­le­bra ca­da ano des­de hai ca­se co­ren­ta.

De ca­mino ca­ra a vi­la, a to­po­ni­mia da zo­na evó­ca­me lem­bran­zas in­fan­tís. A Tri­guei­ra, O Car­ba­llal, Pénjamo (de on­de pro­ce­de­rá ese no­me?), O La­mo­so, O Casal de Dá, A Xea, Porto do Me­dio, … te­rras que fo­ron de cul­ti­vo, ar­bo­ra­das por plan­ta­ción ou po­la na­tu­re­za na ac­tua­li­da­de.

Na banda orien­tal re­pí­te­se o des­cen­so es­ca­lo­na­do des­de Ce­zar, o Pa­zo, Senande, As Es­cá­de­bas e Se­sul­fe, con fron­do­sas car­ba­llei­ras per­co­rri­das po­lo río For­xá que, en fer­mo­sas fer­ven­zas, se en­ca­mi­ña ca­ra a Ponte Vei­ga e An­se­de ca­ra ás te­rras de Parga. Can­tas noi­tes de muiña- da na­que­les muí­ños que a me­dia­dos do sécu­lo pa­sa­do non pa­ra­ban de rou­lar!

Men­ción es­pe­cial me­re­cen dous lu­ga­res que ben ne­ce­si­ta­rían a man de San Xoán pa­ra que re­cu­pe­ra­sen ou desen­vol­ve­sen a po­ten­cia­li­da­de que te­ñen co­mo di­na­mi­za­do­res da eco­no­mía lo­cal. Un, o cas­tro de Be­lo­te, ele­men­to pa­tri­mo­nial aban­do­na­do e aín­da des­co­ñe­ci­do pa­ra moi­tos gui­ti­ri­cen­ses. O ou­tro, o bal­nea­rio; es­plen­do­ro­sa ins­ta­la­ción do sécu­lo pa­sa­do, reha­bi­li­ta­da e am­plia­da tem­pos en tem­pos re­cen­tes, e tris­te reali­da­de ac­tual­men­te.

Sei que non é doa­do so­lu­cio- nar es­tes asun­tos, mais non de­be per­der­se por non in­ten­ta­lo.

Hai anos, nun pre­gón das fes­tas que ti­ven a hon­ra de dar, xa so­li­ci­ta­ba a in­ter­ce­sión de San Xoán pa­ra erra­di­car o trans­for­ma­dor do Cam­po da Fei­ra. Non ti­vo eco a pe­ti­ción. Igual non son fre­gués da súa de­vo­ción ou o san­to ten moi­to choio e non dá fei­to. A ver se des­ta. Men­tres tan­to, vaia o meu de­se­xo dun­has boas fes­tas e que lo­cais e fo­ras­tei­ros go­cen de to­do o bo que ten a pa­rro­quia de San Xoán de La­gos­te­lle, que é moi­to. Pai­sa­xe, gas­tro­no­mía, es­tes días fes­ta; e sem­pre, boa e aco­lle­do­ra xen­te.

O Boe­do le­va a moi­tos a lem­brar ines­que­ci­bles tem­pos da ne­nez

O bal­nea­rio ben pre­ci­sa­ría de San Xoán pa­ra po­der re­abrir

FO­TO SUSO PE­NA

A Co­va da Ser­pe non só xe­ra len­das se­nón que de­fi­ne a pai­sa­xe de Gui­ti­riz po­lo sur

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.