Casares non en­ten­día a vi­da sen li­te­ra­tu­ra

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

ODía das Le­tras do ano pa­sa­do, de­di­ca­do a Car­los Casares, dei­xou­nos re­edi­cións dal­gun­has obras, cum­pri­dos es­tu­dos li­te­ra­rios e mais al­gún res­ca­te im­pres­cin­di­ble da súa obra. Nes­te úl­ti­mo ám­bi­to cóm­pre con­sig­nar, en­tre os máis sa­lien­ta­bles pa­ra min, a pre­sen­te com­pi­la­ción que re­co­lle as co­la­bo­ra­cións que o au­tor ou­ren­sán pu­bli­cou nas pá­xi­nas do su­ple­men­to Ar­tes y Le­tras de La Voz de Ga­li­cia ao lon­go do pe­río­do que vai de 1975 ata 1992. A pri­mei­ra sen­sa­ción que se per­ci­be ao ter o li­bro nas mans é a da mo­nu­men­ta­li­da­de que des­pren­de un tra­ba­llo que, ao lon­go de ca­se vin­te anos, Casares sos­ti­vo per­ma­nen­te­men­te pa­ra pro­mo­cio­nar e ana­li­zar o li­bro ga­le­go ou so­bre Ga­li­cia aín­da que non só pois son di­ver­sas as co­la­bo­ra­cións nas que se de­tén nou­tros as­pec­tos, no­mea­da­men­te so­bre a pro­pia lin­gua ga­le­ga e a súa saú­de. Un cor­pus res­ca­ta­do en for­ma de li­bro real­men­te sor­pren­den­te ten­do en con­ta que Casares com­pa­ti­bi­li­za­ba es­te la­bor co da crea­ción da súa obra na­rra­ti­va e en­saís­ti­ca e mais con ou­tros co­me­ti­dos pro­fe­sio­nais pois os máis dos tex­tos, so­bre to­do os dun­ha pri­mei­ra eta­pa, van máis alá do que se po­de­ría ci­frar co­mo un­ha crí­ti­ca ao per­fi­lar­se, des­de os ollos ac­tuais, co­mo un­ha ex­ten­sa e exem­plar lec­ción de eru­di­ción e do­cu­men­ta­ción.

Non du­bi­do en cua­li­fi­car es­te co­mo un li­bro im­por­tan­te, pro­lo­ga­do po­la pro­fe­so­ra Do­lo­res Vi­la­ve­dra que apun­ta con per­ti­nen­cia «á pai­xón lec­to­ra» e á «von­ta­de co­mu­ni­ca­ti­va» co­mo for­zas mo­tri­ces des­tas ini­cia­ti­vas, ade­mais do fei­to de que es­tes tex­tos co­nec­tan, in­du­bi­da­ble­men­te, coa sec­ción pos­te­rior que abra­za­ría no xor­nal bai­xo o tí­tu­lo de Á mar­xe. A re­le­van­cia des­te li­bro, pa­ra ho­xe e mais pa­ra in­ves­ti­ga­cións a rea­li­zar no fu­tu­ro mer­cé uns uti­lí­si­mos ín­di­ces, alén de con­fir­mar esa fas­quía de Casares co­mo lec­tor im­pe­ni­ten­te e co­mo di­vul­ga­dor —nun­ca se viu a si mes­mo co­mo crí­ti­co, aín­da que no fon­do a súa ache­ga a es­te ám­bi­to se re­ve­le co­mo fun­da­men­tal—, des­can­sa, ao meu ver, en dous fac­to­res: o pri­mei­ro atin­xe á cons­tru­ción do pro­pio tex­to crí­ti­co bai­xo os cri­te­rios da cla­ri­da­de ex­po­si­ti­va, a dic­ción bri­llan­te e a con­tun­den­cia na opi­nión can­do era pre­ci­so, en­ten­den­do ca­da ache­ga co­ma se fo­se un bre­ve exer­ci­cio na­rra­ti­vo ins­pi­ra­do nun­ha pu­bli­ca­ción; o se­gun­do apun­ta, so­bre to­do nas co­la­bo­ra­cións que vi­ron a luz ata fi­nais dos anos oi­ten­ta, ao ne­ce­sa­rio fo­men­to da lec­tu­ra e do li­bro ga­le­go que, por ex­ten­sión, ca­no­ni­za al­gun­has obras e evo­lu­cio­na des­de as ache­gas ex­po­si­ti­vas máis ex­ten­sas ata as da úl­ti­ma épo­ca do­mi­na­das po­la von­ta­de sin­té­ti­ca. Nun­ca se po­de ser ab­so­lu­ta­men­te in­de­pen­den­te nin asép­ti­co can­do se emi­ten opi­nións li­te­ra­rias, e así o re­co­ñe­cía o pro­pio Casares nun ar­ti­go.

Des­te xei­to, nes­tas pá­xi­nas evi­dén­cian­se lí­ci­tos po­si­cio­na­men­tos a prol dun­ha crea­ción, por exem­plo, que cul­ti­ve a for­ma e non ex­clu­si­va­men­te a ideo­lo­xía mais ta­mén se re­ve­la a olla­da com­pren­si­va e alen­ta­do­ra dian­te de moi­tas ópe­ras pri­mas e mais a aten­ción ga­ri­mo­sa e con­ti­nua­da ás vo­ces clá­si­cas ou con­tem­po­rá­neas de al­guén que non en­ten­día a vi­da sen lec­tu­ra nin co­mu­ni­ca­ción.

RA­MÓN LOUREIRO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.