Asa­si­nos des­te­rra­dos

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS | EN GALEGO - POR DIE­GO AMEI­XEI­RAS

Di­cía Eric Am­bler, pro­pa­gan­dis­ta bé­li­co an­tes de se con­ver­ter en no­ve­lis­ta, que o ver­da­dei­ro asa­sino ma­ta a súa pro­pia de­bi­li­da­de. A sen­ten­za do es­cri­tor in­glés ex­pli­ca un­has can­tas os­ci­la­cións xeo­po­lí­ti­cas do sécu­lo XX, abon­do­so en cri­mi­nais con au­to­ri­da­de política, pe­ro le­va­da a un plano máis or­di­na­rio ser­ve pa­ra en­ten­der­mos as an­gu­rias ín­ti­mas da men­te asa­si­na, fun­da­men­to de po­de­ro­sos ar­gu­men­tos de fic­ción. En reali­da­de, un in­di­vi­duo dis­pos­to a ma­tar por di­ñei­ro, mes­mo o máis pul­cro pro­fe­sio­nal, po­de in­cor­po­rar á súa pe­sa­du­me o desa­so­se­go de quen non que­re mo­rrer asa­si­na­do. Dese in­ter­cam­bio de dis­pa­ros tra­ta A soi­da­de do asa­sino, pe­za tea­tral de Car­los G. Rei­go­sa na que dous ho­mes, un si­ca­rio e a súa ví­ti­ma, dia­lo­gan en­tre eles á es­pe­ra dun desen­la­ce que ex­ce­de a sim­ple exe­cu­ción da en­car­ga. To­do anun­cia un es­ta­li­do vio­len­to, co­mo así se po­de agar­dar po­la na­tu­re­za da tra­ma, pe­ro os pro­ta­go­nis­tas che­gan a esa explosión per­co­rren­do un iti­ne­ra­rio que os en­fron­ta ao es­pe­sor das súas pro­pias de­bi­li­da­des. Vol­ven­do a Am­bler, to­do in­di­vi­duo de or­de le­va den­tro un cri­mi­nal que non se viu for­za­do a de­mos­tra­lo. Po­de­mos con­ver­ter­nos en asa­si­nos se te­mos un­ha ar­ma á man e a dis­po­si­ción pa­ra em­pu­ña­la, e su­fri­mos o no­so pa­pel de ví­ti­ma se non te­mos oca­sión de de­fen­der­nos. Pe­ro hai al­go que se­me­lla aín­da máis in­cues­tio­na­ble: di­na­mi­ta­do to­do prin­ci­pio éti­co, a na­tu­re­za hu­ma­na en­xal­za a súa vul­ga­ri­da­de, fráxil e des­te­rra­da, na sim­ple ar­te de ma­tar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.