«É tris­te ter a cos­ta in­va­di­da de pei­xes e ter que es­tar a mi­rar pa­ra eles»

Gó­mez cre que a fal­ta de co­tas é o que es­tá las­tran­do a pes­ca ga­le­ga

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - TERRA - A. BUÍNCAS

A súa lon­xa, a de Por­to­no­vo, non foi pre­ci­sa­men­te das que máis no­tou a re­cu­pe­ra­ción. Ao con­tra­rio, bai­xou. É o que ten vi­vir do cer­co nun mo­men­to en que non hai moi­ta sar­di­ña, os cupos da xar­da se­xan tan es­ca­sos e o xu­re­lo non se pa­gue ben de tan­to que hou­bo. Aín­da así, Jo­sé An­to­nio Gó­mez, Jo­se­li­to, ad­mi­te que a pes­ca ga­le­ga me­llo­rou, so­bre to­do na­que­las con­fra­rías con flo­ta de ar­tes me­no­res e, so­bre to­do, de ma­ris­queo, que au­men­ta­ron as súas ci­fras de des­car­gas e fac­tu­ra­ción.

—¿Nó­ta­se ese ré­cord de fac­tu­ra­ción no sec­tor?

—Si. Eu creo que hai máis ale­gría. So­mos así, sem­pre nos es­ta­mos a quei­xar de que to­do es­tá mal, pe­ro aí imos. Apren­de­mos a fa­mi­lia­ri­zar­nos cos epi­so­dios tó­xi­cos, coa es­ca­se­za de co­tas, con to­do ti­po de pro­ble­mas e imos ti­ran­do.

—¿Ta­mén o cer­co?

—O úl­ti­mo tri­mes­tre, no que en­trou xu­re­lo e un ban­co de es­tor­nino, arran­xou o ano. O que pa­sa é que a flo­ta es­tá con­cen­tra­da no nor­te e son esas lon­xas as que me­llo­ra­ron re­sul­ta­dos, ou­tras, co­mo a no­sa, non. Que che vou con­tar dos pro­ble­mas do cer­co: sen sar­di­ña, o xu­re­lo hai moi­to, pe­ro va- le pou­co, a xar­da es­tá moi li­mi­ta­da... A an­choa aí a te­mos e non a po­de­mos pes­car por­que non te­mos co­ta. É tris­te ter a cos­ta in­va­di­da de re­cur­so e ter que es­tar a mi­rar pa­ra el. Por­que non é un pro­ble­ma de re­cur­so, que o hai, o pro­ble­ma é de fal­ta de cupos.

—¿Cre que a flo­ta es­tá apren­den­do a «pes­car» eu­ros en vez de qui­los, que xa non re­xe iso de to­do é pei­xe?

—Era un­ha fra­se que acos­tu­ma­ba uti­li­zar­se, pe­ro xa non é así. Ou é me­nos, por­que é moi com­pli­ca­do de xes­tio­nar, de me­dir as des­car­gas pa­ra ob­ter máis be­ne­fi­cios. O mar non é co­mo un ban­co ma­ris­quei­ro, que po­des sa­car can­do cres que é o mo­men­to opor­tuno, en Na­dal, no ve­rán ou can­do se vai pa­gar máis. O pei­xe non se com­por­ta así. In­flúen as co­rren­tes, a tem­pe­ra­tu­ra, o tem­po, as to­ni­ñas... Ho­xe ato­pas un ban­co de pei­xe e ma­ñá non hai na­da. Apar­te de que can­do abun­da un­ha es­pe­cie, fai des­apa­re­cer ás ou­tras, así que tes que co­ller esa, non a vas a dei­xar. E, por ri­ba, o que ti non apor­tes ao mer­ca­do, vano co­lo­car ou­tros, co que non tes ga­ran­tía de que li­mi­tan­do as des­car­gas vaia su­bir o pre­zo. É moi, moi di­fí­cil.

—Pe­ro a flo­ta ga­le­ga es­tá acos­tu­ma­da a au­to­li­mi­tar­se.

—Si, e xa ves que nos pre­xu­di­cou des­pois, can­do se re­par­ti­ron as co­tas de pes­ca. A me­dia­dos dos anos oi­ten­ta, o cer­co ga­le­go se au­to­im­pu­xo a tra­vés de or­de lí­mi­tes de cap­tu­ras por bar­co e por día pa­ra res­pec­tar a sar­di­ña, o xu­re­lo e a ca­ba­la. E foi por cues­tións de mer­ca­do, pa­ra non so­bre­abas­te­ce­lo, que non de re­cur­so, que ha­bía. Ou­tras co­mu­ni­da­des non o fi­xe­ron e pes­ca­ron can­to qui­xe­ron. Can­do des­pois se re­par­ti­ron cupos, se ti­ve­ron en con­ta os his­tó­ri­cos de pes­ca de dez anos atrás e Ga­li­cia saíu pre­xu­di­ca­da, por­que as cap­tu­ras es­ta­ban li­mi­ta­das, a di­fe­ren­za de ou­tras au­to­no­mías. Por ri­ba, es­ta­mos pa­gan­do a so­bre­pes­ca de xar­da que hou­bo no 2010 e no 2011 can­do eses ex­ce­sos de cap­tu­ras es­tán per­fec­ta­men­te lo­ca­li­za­dos on­de se fi­xe­ron. Cer­to que alí pes­ca­ron bar­cos ga­le­gos ta­mén, pe­ro non to­dos e, sen em­bar­go, a mul­ta, que des­con­ta 5.400 to­ne­la­das ao ano, se apli­ca de for­ma li­neal. Pa­ra col­mo, aos bar­cos que cap­tu­ra­ron de máis, ese so­bre­pa­sa­men­to se lles ti­vo en con­ta nos his­tó­ri­cos, co que ti­ve­ron máis co­ta. É di­cir, que foi un re­par­to cheo de in­xus­ti­zas.

—¿Vai­se cam­biar?

—Na en­tre­vis­ta que ti­ve­mos co novo se­cre­ta­rio xe­ne­ral de Pes­ca, es­te re­co­ñe­ceu que hou­bo cou­sas in­xus­tas ao fa­cer o re­par­to e que van es­tu­dar de que ma­nei­ra se po­den co­rri­xir os desaxus­tes, pe­ro cam­biar a cuo­ta vai ser com­pli­ca­do. Ta­mén se vai mi­rar por fa­cer que os in­ter­cam­bios con ter­cei­ros paí­ses se uti­li­cen co­mo col­chón pa­ra aque­las oca­sións nas que ha­xa pe­ches por fal­ta de cu­po, pre­ci­sa­men­te pa­ra evi­tar que ha­xa pei­xe a mo­reas e te­ñas que es­tar mi­ran­do pa­ra el sen po­der to­ca­lo por fal­ta de co­ta.

—¿E es­tán tra­tan­do de di­ver­si­fi­car as cap­tu­ras? Por­que po­de ser ta­mén un­ha vía pa­ra cre­cer.

—Si. Aí te­mos o ca­so da bo­ga, que ape­nas ti­ña saí­da co­mer­cial máis que pa­ra ce­bo e ago­ra hai de­man­da ta­mén pa­ra fres­co e pa­ra con­xe­la­do e vai pa­ra paí­ses de Eu­ro­pa do Les­te e pa­ra Orien­te Me­dio. Eu pro­bei­na pre­pa­ra­da nun­has xor­na­das po­lo res­tau­ran­te Al­bo­ra­da, de A Co­ru­ña, e que­dei sor­pren­di­do. Ini­cia­ti­vas co­mo as ca­tas gas­tro­nó­mi­cas e os show­coo­kings que po­den pa­re­cer un­ha ton­te­ría son im­por­tan­tí­si­mos pa­ra in­tro­du­cir o pro­du­to.

—¿Cre que o sec­tor pes­quei­ro vai ir a me­llor?

—Son op­ti­mis­ta. A pe­sar des­tas li­mi­ta­cións, a flo­ta mo­der­ni­zou­se, os bar­cos son máis gran­des, te­ñen máis au­to­no­mía e fi­xé­ron­se máis ren­di­bles... Son op­ti­mis­ta en can­to a que es­tá en­tran­do xen­te no­va no sec­tor, que es­tá sen­do máis res­pon­sa­ble. Aín­da te­mos bas­tan­te que apren­der, e de­be­ría­mos uti­li­zar máis fe­rra­men­tas co­mo os pre­zos de re­ti­ra­da. E, so­bre to­do, ve­xo un­ha opor­tu­ni­da­de que é a do bre­xit, que per­mi­ti­rá re­vi­sar a es­ta­bi­li­da­de re­la­ti­va que é o que ago­ra nos im­pi­de pes­car. Por­que o ma­ri­ñei­ro sa­be que can­do o re­cur­so es­tá mal ten que to­mar me­di­das de re­cu­pe­ra­ción e o acepta, pe­ro o que non po­de ser é ter a cos­ta in­va­di­da dun­ha es­pe­cie e ter que dei­xa­la pa­sar.

«A bo­ga ape­nas ti­ña saí­da co­mer­cial máis que pa­ra ce­bo e ago­ra se ven­de en fres­co e con­xe­la­do»

CAPOTILLO

«Jo­se­li­to» ve un­ha gran­de opor­tu­ni­da­de no «bre­xit» pa­ra mo­ver a cha­ve de re­par­to de co­tas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.