Tem­pos de es­pe­ran­za

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - ESPECIAL DÍA DO APÓSTOLO - CRIS­TÓ­BAL RA­MÍ­REZ

Tem­pos de es­pe­ran­za pa­ra os Camiños de San­tia­go, pe­ro tem­pos ta­mén de con­fu­sión. Co vin­dei­ro Ano San­to do 2021 aín­da lon­xano —o pro­pio PP pe­diu en se­de par­la­men­ta­ria pór­se ás pi­las, e fí­xoo por bo­ca da depu­tada que me­llor co­ñe­ce os pro­ble­mas xa­co­beos, a mu­gar­de­sa Ma­ría Antón— xor­den dous pe­ri­gos que cóm­pre con­xu­rar. Nin­gún de­les é gra­ve a día de ho­xe, pe­ro pou­co a pou­co van en­gor­dan­do an­te un­ha cer­ta pa­si­vi­da­de das ins­ti­tu­cións.

O pri­mei­ro de­les, o cal non que­re di­cir que se­xa o máis im­por­tan­te, é o des­vir­tua­men­to do sen­ti­do do Ca­mi­ño. Por­que o Ca­mi­ño é, an­te to­do, un al­go es­pi­ri­tual e ou­tro­ra máis re­li­xio­so que nes­tes tem­pos. É di­cir, al­go cul­tu­ral e his­tó­ri­co. E co­mo con­se­cuen­cia do an­te­rior, un pro­du­to tu­rís­ti­co. Pe­ro esa é a or­de, non ao re­vés. Se fo­se un pro­du­to tu­rís­ti­co non te­ría nin a quin­ta par­te dos pe­re­gri­nos que ten, que pre­fe­ri­rían zo­nas moi­to máis vis­to­sas, den­de a Ru­ta dos Fa­ros pola Cos­ta da Mor­te ata o ca­rrei­ro de 1.300 qui­ló­me­tros que ro­dea to­do Ga­les, cu­xa cos­ta es­tá mil ve­ces me­llor coida­da que o te­rri­to­rio ga­le­go.

O se­gun­do, a pro­li­fe­ra­ción de Camiños. O pe­re­grino saía da súa ca­sa, acu­día á igre­xa da pa­rro­quia bus­can­do o gru­po, de aí ían a un­ha en­ti­da­de maior e aca­ba­ban en gran­des cen­tros de con­cen­tra­ción (Co­lo­nia, Pa­rís, Ve­ze­lay...). Apro­vei­tan­do a pri­mei­ra par­te da fra­se, ago­ra to­do o mun­do que­re ter un Ca­mi­ño de San­tia­go ás por­tas da súa ca­sa, con re­co­ñe­ce­men­to ofi­cial e o co­rres­pon­den­te gas­to no seu man­te­men­to por par­te da Xun­ta. Un fe­nó­meno que se dá prac­ti­ca­men­te só en Ga­li­cia e cu­xo fi­nal, de se­guir as cou­sas así, é ben sa­bi­do: adeus á ga­li­ña dos ovos de ou­ro. Pa­ra pro­ba, un bo­tón: a Xun­ta ofi­cia­li­zou o Ca­mi­ño Por­tu­gués pola Cos­ta (A Gar­da, Baio­na, Vi­go). Al­guén co­ñe­ce no­mes de pe­re­gri­nos his­tó­ri­cos que pa­sa­ran por aí?

Pe­ro ho­xe é 25 de xu­llo. Non ca­be o pe­si­mis­mo. Bo Ca­mi­ño. ¡Ul­treia et su­seia!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.