Una téc­ni­ca pa­ra vi­vir el aho­ra y sa­ber con­cen­trar­se

O «mind­ful­ness» é un­ha téc­ni­ca que axu­da a me­llo­rar a aten­ción e a re­du­cir os ni­veis de es­trés tan­to en ne­nos co­mo en adul­tos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Ana T. Jack

As pré­sas, a an­sie­da­de e o es­trés son os gran­des inimi­gos do be­nes­tar per­soal, o equi­li­brio e a fe­li­ci­da­de. E con to­do em­pe­ñá­mo­nos en co­rrer e en fa­cer moi­tas ta­re­fas á vez, can­tas máis me­llor: dar o bi­be­rón ao be­bé, te­clear no or­de­na­dor e fa­lar po­lo mó­bil, to­do ao mes­mo tem­po, é po­si­ble. Pe­ro pa­ra na­da re­co­men­da­ble pa­ra no­sa saú­de. E, so­bre to­do, pa­ra a dos no­sos fi­llos: se in­sis­ti­mos en em­bar­ca­los, a eles ta­mén, en de­ma­sia­das ac­ti­vi­da­des á vez aca­ba­ran­se con­ver­ten­do en adul­tos de aten­ción dis­per­sa e de bai­xo ren­de­men­to.

Por sor­te, nes­te mun­do tolo e ace­le­ra­do no que nos to­ca vi­vir ta­mén exis­ten al­ter­na­ti­vas efi­ca­ces pa­ra cen­trar a no­sa aten­ción no aquí e no ago­ra e pro­por­cio­nar­nos un pou­co de acou­go. Un­ha de­las é o mind­ful­ness ou aten­ción ple­na. Es­ta téc­ni­ca ser­ve pa­ra ades­trar e me­llo­rar o «múscu­lo» da aten­ción co ob­xec­ti­vo de sin­cro­ni­zar o que pa­sa ao no­so ao redor co que pa­sa den­tro de nós mes­mos. É di­cir, trá­ta­se de co­nec­tar cun mes­mo e co que nos ro­dea.

Po­ten­ciar as no­sas ha­bi­li­da­des

O mind­ful­ness pa­ra ne­nos, en con­cre­to, es­tá ten­do moi­tí­si­mo éxi­to por­que lles ofre­ce moi­tos be­ne­fi­cios a di­fe­ren­tes ni­veis:

Me­llo­ra a aten­ción, a crea­ti­vi­da­de e o ren­de­men­to aca­dé­mi­co.

En­si­na a con­cen­trar­se me­llor e a ig­no­rar as dis­trac­cións.

Axú­da­lles a re­gu­lar as súas emo­cións, a ato­par a tran­qui­li­da­de e o equi­li­brio can­do se sen­ten en­fa­da­dos, an­gus­tia­dos, mo­les­tos... e ta­mén a sen­tir­se máis se­gu­ros.

Desen­vol­ven a ins­tros­pec­ción, xa que son máis cons­cien­tes do que su­ce­de no seu in­te­rior e as emo­cións que vi­ven.

Me­llo­ra as súas ha­bi­li­da­des pro­so­cia­les, co­mo a pa­cien­cia, a em­pa­tía, a gra­ti­tu­de...

En de­fi­ni­ti­va, con­tri­búe ao be­nes­tar per­soal e ao de­sen­vol­ve­men­to har­mó­ni­co da per­so­na­li­da­de. To­do iso de­be ani­mar­nos a pais e nais a prac­ti­car es­tas téc­ni­cas cos no­sos fi­llos... e con­nos­co mes­mos. ¡A no­sa familia se­rá moi­to máis fe­liz e re­la­xa­da!

CHI­NA DAILY

Co­nec­tar cun mes­mo axu­da a re­gu­lar as emo­cións e ato­par o acou­go e o equi­li­brio

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.