Co­nec­tar cun mes­mo

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA -

¿Por on­de em­pe­zar a prac­ti­car o mind­ful­ness na ca­sa? Pois por exem­plo así:

1. En­sí­na­lle a res­pi­rar coa ba­rri­ga (a cha­ma­da res­pi­ra­ción dia­frag­má­ti­ca). Un exer­ci­cio moi prác­ti­co é dei­tar­se con el no chan ca­da un cun pe­lu­che na ba­rri­ga. Os ne­nos di­ver­ti­ran­se vendo co­mo os pe­lu­ches so­ben e bai­xan. Es­te exer­ci­cio é ade­cua­do pa­ra can­do que­re­mos bai­xar o seu ni­vel de ex­ci­ta­ción ou ben pa­ra pre­pa­ra­los pa­ra ir­se a dur­mir.

2. Prac­ti­ca con el, sem­pre que poi­das, ac­ti­vi­da­des de aten­ción ple­na. Iso sig­ni­fi­ca es­que­cer­se do te­lé­fono mó­bil, de in­ter­net e de cal­que­ra ou­tro dis­po­si­ti­vo elec­tró­ni­co que dis­per­sen a túa aten­ción e a do teu fi­llo. En­sí­na­lle a pa­rar­se un mo­men­to e a que pres­te aten­ción ao que lle ro­dea: que se fi­xe no que po­de oír (os ruí­dos dos ve­ci­ños que nor­mal­men­te non per­ci­be), chei­rar (a cea que se es­tá fa­cen­do), sa­bo­rear... A prác­ti­ca da aten­ción ple­na é moi­to máis re­la­xan­te si se rea­li­za no me­dio na­tu­ral. Nun bos­que, por exem­plo, hai que fi­car ca­la­dos e es­coi­tar (pa­xa­ros, ras, bri­sa), chei­rar, ver, sen­tir...

3. In­tro­du­ce no seu día a día mo­men­tos de acou­go e in­ti­mi­da­de. Por exem­plo, con­ver­sas tran­qui­las, afas­ta­das de in­ter­fe­ren­cias (te­le­vi­sión, or­de­na­dor...), pa­ra char­lar acer­ca de co­mo lle foi o día. Un bo mo­men­to é an­tes de dei­tar­se, apro­vei­tan­do que lle les un con­to ou que cho le el a ti. Se é maior, o mes­mo se ani­ma a ler uns pa­rá­gra­fos da no­ve­la na que es­tá ne­se mo­men­to.

4. De can­do en vez, axú­da­lle a que se­xa cons­cien­te dos seus ac­tos. Por exem­plo, á ho­ra de xan­tar. Es­tá en­gu­lin­do os ma­ca­rróns de­ma­sia­do rá­pi­do?, es­tá co­men­do con an­sie­da­de? Aní­ma­lle a que sa­bo­ree ca­da bo­ca­do con cons­cien­cia e que, sim­ple­men­te, dis­fru­te.

5. En­sí­na­lle a apre­ciar to­do o que ten. A gra­ti­tu­de é un­ha for­ta­le­za psi­co­ló­xi­ca e un com­po­ñen­te fun­da­men­tal da aten­ción ple­na. Os no­sos fi­llos de­ben apren­der a va­lo­rar o fei­to de ter un­ha familia que lle que­re, to­das as ne­ce­si­da­des bá­si­cas cu­ber­tas, un­ha chea de xo­gue­tes... Evi­ta que se creen «ne­ce­si­da­des» que en reali­da­de non o son (o úl­ti­mo xo­go da Play, as za­pa­ti­llas de mar­ca, o smartp­ho­ne de moda...)

6. Crea na ca­sa o recanto do si­len­cio, por exem­plo, un so­fá có­mo­do no que re­ti­rar­se e es­tar tran­qui­la­men­te fa­cen­do o que se quei­ra pe­ro sen ruí­do. Po­de ser usa­do por cal­que­ra mem­bro da familia e os de­mais de­ben res­pec­ta­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.