A Cons­ti­tu­ción cum­pre 38 anos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - SOCIALES - > Fernando Pa­rien­te

Os ci­men­tos do ac­tual Es­ta­do es­pa­ñol co­me­za­ron a cons­truír­se un mes des­pois de ce­le­brar­se as pri­mei­ras elec­cións li­bres tras a di­ta­du­ra fran­quis­ta. Foi un tra­ba­llo ar­duo e di­fí­cil

A Cons­ti­tu­ción é a nor­ma bá­si­ca de to­dos os Es­ta­dos. Os ci­men­tos que to­do un po­bo acep­ta co­mo ba­se pa­ra cons­truír a es­tru­tu­ra da súa con­vi­ven­cia e as súas leis. Se es­ti­vé­se­mos cons­truín­do un­ha ca­sa, a Cons­ti­tu­ción equi­va­le­ría ao con­xun­to dos ci­men­tos, ali­cer­ces de for­mi­gón e pla­cas dos chans dos pi­sos, é di­cir, o es­que­le­to do edi­fi­cio. Des­pois vi­rían as dis­tri­bu­cións de pi­sos, os ta­bi­ques, as bal­do­sas ou par­qués dos chans, ali­ca­ta­dos, pin­tu­ras, etc. Pe­ro o fun­da­men­to de to­do, a es­tru­tu­ra na que to­do se apoia, iso é, na vi­da dun­ha na­ción, a súa Cons­ti­tu­ción. A no­sa Cons­ti­tu­ción é a nor­ma bá­si­ca na que to­dos nos pu­xe­mos de acor­do. Apro­bá­mo­la nun re­fe­ren­do ce­le­bra­do o 6 de de­cem­bro de 1978 e re­pre­sen­tou a cul­mi­na­ción dun­ha épo­ca, á que cha­ma­mos a Tran­si­ción pa­ra sig­ni­fi­car o pa­so dun­ha di­ta­du­ra, a fran­quis­ta, á de­mo­cra­cia. Chá­ma­se­lle a Cons­ti­tu­ción do con­sen­so por­que foi a pri­mei­ra que se re­dac­tou coa ache­ga de to­dos, sen im­po­si­ción. To­dos ti­ve­ron que ce­der par­te dos seus prin­ci­pios pa­ra al­can­zar uns acor­dos que con­ten­ta­ron a to­dos, aín­da que non sa­tis­fi­xe­ron ple­na­men­te a nin­guén. Ho­xe de­be­mos fa­cer­nos un­ha pre­gun­ta no seu ani­ver­sa­rio. Que cou­sas se ne­ce­si­tan pa­ra im­plan­tar un­ha cons­ti­tu­ción nun­ha na­ción? Nós as cum­pri­mos en­tón? Por­que hai leis que se pa­re­cen a un­ha cons­ti­tu­ción, pe­ro non o son. Por exem­plo, du­ran­te a di­ta­du­ra fran­quis­ta ta­mén ha­bía un­has Leis Fun­da­men­tais, pe­ro non eran un­ha ver­da­dei­ra cons­ti­tu­ción, por­que non as re­dac­ta­ron os re­pre­sen­tan­tes le­xí­ti­mos do po­bo es­pa­ñol, nin as apro­ba­ron os ci­da­dáns en exer­ci­cio da súa li­ber­da­de. Ve­xa­mos, pois, que con­di­cións son ne­ce­sa­rias pa­ra que ha­xa un­ha au­tén­ti­ca cons­ti­tu­ción.

1. ELI­XIR RE­PRE­SEN­TAN­TES PA­RA DIS­CU­TIR E RE­DAC­TAR UN PRO­XEC­TO

É evi­den­te que a cons­ti­tu­ción non a po­den re­dac­tar to­dos os ci­da­dáns dun­ha na­ción. Os ci­da­dáns o que te­ñen que fa­cer é eli­xir a quen lles re­pre­sen­ten pa­ra fa­ce­lo no seu no­me. Por iso o pri­mei­ro que se ne­ce­si­ta é que o po­bo elixa a eses re­pre­sen­tan­tes e o máis im­por­tan­te é que o pro­ce­de­men­to em­pre­ga­do na elec­ción ga­ran­ta que as elec­cións se­xan li­bres e de­mo­crá­ti­cas. Pa­ra iso as elec­cións de­ben cum­prir un­ha se­rie de con­di­cións. Son as se­guin­tes:

Cal­que­ra ci­da­dán po­de ser can­di­da­to. O ha­bi­tual é que os ci­da­dáns que pen­san dun­ha for­ma pa­re­ci­da for­men gru­pos que se de­no­mi­nan par­ti­dos e os can­di­da­tos adoi­tan pre­sen­tar­se por par­ti­dos.

To­dos os can­di­da­tos e os seus par­ti­dos te­ñen que ser li­bres pa­ra ex­pre­sar as súas ideas so­bre a fu­tu­ra cons­ti­tu­ción.

To­dos te­ñen que ter as mes­mas opor­tu­ni­da­des pa­ra ex­po­ñer as súas ideas.

To­dos os ci­da­dáns te­ñen que po­der par­ti­ci­par na elec­ción nas mes­mas con­di­cións.

O es­ta­do ten que ga­ran­tir a lim­pe­za do es­cru­ti­nio. To­das es­tas con­di­cións dé­ron­se no ca­so da Cons­ti­tu­ción Es­pa­ño­la do 78. Se ce­le­bra­ron elec­cións li­bres e de­mo­crá­ti­cas o 15 de xu­ño de 1977. Pui­dé­ron­se pre­sen­tar to­dos os par­ti­dos que o desexa­ron. Non ha­bía nin­gún par­ti­do fó­ra da lei, nin se­que­ra o PCE, que fo­ra le­ga­li­za­do na pri­ma­ve­ra an­te­rior. De­las saí­ron un­has Cor­tes Cons­ti­tuín­tes nas que UCD con­se­guiu 165 depu­tados; o PSOE, 118; o PCE, 20; AP, 16; o PSP, 6.

2. DIS­CU­TIR E RE­DAC­TAR O PRO­XEC­TO

Os re­pre­sen­tan­tes eli­xi­dos e os seus par­ti­dos de­ben ini­ciar a re­dac­ción do pro­xec­to. Pri­mei­ro adoi­tan eli­xir un gru­po de ex­per­tos no que es­tean re­pre­sen­ta­dos to­dos os par­ti­dos. No no­so ca­so, un mes des­pois das elec­cións, o 26 de xu­llo, eli­xiu­se un­ha co­mi­sión for­ma­da por 7 depu­tados aos que aín­da cha­ma­mos «os pais da Cons­ti­tu­ción»: Ga­briel Cis­ne­ros (UCD), Jor­di So­lé Tu­ra (PCE), Ma­nuel Fra­ga (AP), Gre­go­rio Pe­ces Bar­ba (PSOE), Mi­guel Herrero de Mi­ñón (UCD), Mi­quel Ro­ca Jun­yent (CIU), José Pe­dro Pé­rez Llor­ca (UCD). Eles re­dac­ta­ron un tex­to que se con­ver­teu no an­te­pro­xec­to e se es­tru­tu­rou en ar­ti­gos. O tra­ba­llo co­me­zou o 22 de agos­to de 1977 e foi ar­duo e di­fí­cil. Os de­ba­tes ce­le­brá­ron­se no Con­gre­so dos Depu­tados, pe­ro se con­ti­nua­ban ta­mén fó­ra en reunións in­for­mais pa­ra tra­tar de ache­gar pos­tu­ras. A ve­ces ti­ve­ron que in­ter­vir fó­ra do Con­gre­so dous per­so­na­xes que non per­ten­cían á Co­mi­sión, pe­ro que re­sul­ta­ron claves pa­ra ir lo­gran­do acor­dos en­tre to­dos, Fernando Abril Mar­to­rell po­la UCD e Al­fon­so Gue­rra po­lo PSOE. Non ter­mi­na­ron a re­dac­ción do an­te­pro­xec­to ata o 5 de xa­nei­ro de 1978.

3. APRO­BAR O PRO­XEC­TO NO PAR­LA­MEN­TO

Un­ha vez que a co­mi­sión re­dac­ta­ra o an­te­pro­xec­to, as Cor­tes ti­ñan que de­ba­te­lo e apro­ba­lo. Pui­dé­ron­se pre­sen­tar emen­das, é di­cir pro­pos­tas de co­rrec­cións du­ran­te 20 días. Pre­sen­tá­ron­se máis de tres mil su­xes­tións.

A Co­mi­sión es­tu­dou­nas e acep­tou un­has, re­xei­tou ou­tras e re­mi­tiu to­do ao de­ba­te que ha­be­ría que ce­le­brar no pleno, ar­ti­go por ar­ti­go, des­de o 4 ao 21 de xu­llo de 1978. Un­ha vez que foi de­ba­ti­do ca­da ar­ti­go, o tex­to de­fi­ni­ti­vo apro­bou­se por vo­ta­ción de to­dos os depu­tados e en­viou­se ao Se­na­do.

Alí se vol­ve­ron pre­sen­tar en­men­das, vol­veu es­tu­da­las de no­vo un­ha Co­mi­sión, de­vol­vé­ron­se a o pleno pa­ra o de­ba­te, vo­tá­ron­se e apro­bou­se un tex­to que re­sul­tou ser par­cial­men­te di­fe­ren­te ao apro­ba­do no Con­gre­so. Es­ta­ba es­ta­ble­ci­do que se oco­rría iso, tí­ña­se que eli­xir un­ha Co­mi­sión mix­ta Con­gre­so-Se­na­do que acor­da­se a re­dac­ción dun tex­to uni­fi­ca­do pa­ra que os ple­nos de am­bas cá­ma­ras fi­xe­sen a vo­ta­ción de­fi­ni­ti­va so­bre el. Hou­bo al­gúns desacor­dos cos re­pre­sen­tan­tes dos na­cio­na­lis­tas vas­cos que esi­xi­ron al­gun­has con­di­cións so­bre a so­be­ra­nía dos seus te­rri­to­rios inasu­mi­bles pa­ra a maio­ría dos depu­tados. Iso de­ter­mi­nou que os depu­tados do PNV se abs­ti­ve­sen na vo­ta­ción fi­nal. Alian­za Po­pu­lar ta­mén que­dou fó­ra do acor­do so­bre as au­to­no­mías. A Cons­ti­tu­ción foi apro­ba­da po­las Cor­tes o 31 de ou­tu­bro cos se­guin­tes re­sul­ta­dos: Con­gre­so, vo­tos fa­vo­ra­bles, 325, vo­tos en con­tra, 6, abs­ten­cións, 14; Se­na­do, vo­tos fa­vo­ra­bles, 226, vo­tos en con­tra, 5, abs­ten­cións, 8.

4. RE­FE­RÉN­DUM PO­PU­LAR

Fal­ta­ba o úl­ti­mo pa­so, que to­do o po­bo a re­fe­ren­da­se coa súa apro­ba­ción ex­pre­sa­da me­dian­te vo­to nun re­fe­ren­do xe­ral. Ce­le­brou­se o 6 de de­cem­bro dese mes­mo ano 1978. Acu­diu ás ur­nas o 58,97% do cen­so elec­to­ral e a Cons­ti­tu­ción foi apro­ba­da po­lo 87,78% dos vo­tan­tes.

BE­NI­TO OR­DÓ­ÑEZ

Á es­quer­da, al­gúns dos pais da Cons­ti­tu­ción nun­ha fo­to de familia no tri­xé­si­mo ani­ver­sa­rio da re­dac­ción da nor­ma bá­si­ca do Es­ta­do. So­bre es­tas li­ñas, a pri­mei­ra pá­xi­na da no­sa Car­ta Mag­na

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.