Ac­ti­vi­da­des

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - SOCIALES -

A di­fe­ren­za fun­da­men­tal en­tre a si­tua­ción ac­tual e o que oco­rreu hai tres sécu­los é que en­tón foi a von­ta­de do rei Fe­li­pe V a que de­ter­mi­nou a es­tru­tu­ra po­lí­ti­ca do reino. Tra­tá­ba­se dun ré­xi­me po­lí­ti­co ab­so­lu­tis­ta. To­do o po­der e a so­be­ra­nía re­si­día no rei.

A Cons­ti­tu­ción es­pa­ño­la vi­xen­te foi apro­ba­da po­las Cor­tes en se­sións ple­na­rias do Con­gre­so dos Depu­tados e do Se­na­do ce­le­bra­das o 31 de ou­tu­bro de 1978, ra­ti­fi­ca­da po­lo po­bo es­pa­ñol en re­fe­ren­do de 6 de de­cem­bro de 1978 e san­cio­na­da por o rei an­te as Cor­tes o 27 de de­cem­bro de 1978.

Ar­ti­go 1: A so­be­ra­nía re­si­de no po­bo 1. Es­pa­ña cons­ti­túe­se nun Es­ta­do so­cial e de­mo­crá­ti­co de de­rei­to, que pro­pug­na como va­lo­res su­pe­rio­res do seu or­de­na­men­to xu­rí­di­co a li­ber­da­de, a xus­ti­za, a igual­da­de e o plu­ra­lis­mo po­lí­ti­co. 2. A so­be­ra­nía na­cio­nal re­si­de no po­bo es­pa­ñol, do que ema­nan os po­de­res do Es­ta­do. 3. A for­ma po­lí­ti­ca do Es­ta­do es­pa­ñol é a mo­nar­quía par­la­men­ta­ria.

Ar­ti­go 2: Uni­da­de da na­ción e de­rei­to á au­to­no­mía A Cons­ti­tu­ción fun­da­mén­ta­se na in­di­so­lu­ble uni­da­de da na­ción es­pa­ño­la, pa­tria co­mún e in­di­vi­si­ble de todos os es­pa­ñois, e re­co­ñe­ce e ga­ran­te o de­rei­to á au­to­no­mía das na­cio­na­li­da­des e re­xións que a in­te­gran e a so­li­da­rie­da­de en­tre to­das elas.

Na ac­tua­li­da­de, Es­pa­ña es­tá in­te­gra­da por 17 co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas. Ca­ta­lu­ña é un­ha de­las.

Es­cri­bi­de uns bre­ves in­for­mes in­di­vi­duais so­bre o que sig­ni­fi­ca pa­ra ca­da un «Es­ta­do so­cial e de­mo­crá­ti­co de De­rei­to».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.