Os De­cre­tos de No­va Plan­ta que cen­tra­li­za­ron Es­pa­ña

Os De­cre­tos de No­va Plan­ta aca­ba­ron hai 300 anos cos fo­ros dos ve­llos reinos, ex­cep­to no País Vasco e Na­va­rra

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Fer­nan­do Pa­rien­te

As no­ti­cias de ca­da día pon­nos en co­ñe­ce­men­to de in­quie­tan­tes acon­te­ce­men­tos po­lí­ti­cos en Ca­ta­lu­ña, pe­ro al­gúns des­tes acon­te­ce­men­tos te­ñen que ver con fei­tos su­ce­di­dos moi­tos anos an­tes. O pa­sa­do 16 de xa­nei­ro cum­pría­se o ter­cei­ro cen­te­na­rio da pro­mul­ga­ción dos De­cre­tos de No­va Plan­ta de Fe­li­pe V, que pu­xe­ron fin aos fo­ros e as ins­ti­tu­cións de Ca­ta­lu­ña en 1716.

UN RE­PA­SO Á HIS­TO­RIA

Du­ran­te to­da a mo­nar­quía dos Aus­trias man­tí­vo­se den­tro do Es­ta­do es­pa­ñol a iden­ti­da­de de ca­da un dos reinos que al­can­za­ran a súa uni­da­de po­lí­ti­ca des­pois do ma­tri­mo­nio dos Reis Ca­tó­li­cos en 1469. Na­quel mo­men­to eran só prín­ci­pes her­dei­ros, pe­ro pron­to se con­ver­te­ron en reis de Cas­te­la, en 1474, e des­pois en reis de Ara­gón, en 1479. Pe­ro tras a unión, ca­da reino con­ti­nuou con­ser­van­do as súas leis e ins­ti­tu­cións. Por iso os des­cen­den­tes, an­tes de ser pro­cla­ma­dos reis es­ta­ban obri­ga­dos a acu­dir ás cor­tes de ca­da un dos reinos e xu­rar os seus fo­ros, o con­xun­to de leis que lles eran pro­pias.

Car­los II dei­xou como her­dei­ro das co­roas de Es­pa­ña ao prín­ci­pe fran­cés Fe­li­pe de Bor­bón, ne­to de Luis XIV, que foi xu­ra­do ini­cial­men­te po­las cor­tes de todos os an­ti­gos reinos, ta­mén po­las ca­ta­lás e ara­go­ne­sas, como rei, pe­ro a re­be­lión es­ta­lou e pri­mei­ro as cor­tes ca­ta­lás e des­pois as de Ara­gón pro­cla­ma­ron rei en Za­ra­go­za ao ar­qui­du­que Car­los de Habs­bur­go, fi­llo do em­pe­ra­dor de Aus­tria, co no­me de Car­los III. Así em­pe­zou a Gue­rra de Su­ce­sión, na que se im­pli­ca­rían a maior par­te das po­ten­cias eu­ro­peas e que se pro­lon­ga­ría du­ran­te no­ve anos.

UN­HA ES­PA­ÑA NO­VA

Es­ta gue­rra ti­vo dúas consecuencias. A pri­mei­ra foi que Es­pa­ña per­deu to­das as súas nu­me­ro­sas po­se­sións eu­ro­peas, ade­mais de Xi­bral­tar e Me­nor­ca, e pa­sou a ser un­ha na­ción de se­gun­da or­de. A se­gun­da foi o cam­bio da es­tru­tu­ra te­rri­to­rial: Es­pa­ña dei­xou de ser un con­glo­me­ra­do de reinos uni­dos bai­xo un mo­nar­ca pa­ra con­ver­ter­se nun Es­ta­do cen­tra­li­za­do. Fe­li­pe V foi can­ce­lan­do, con­for­me avan­za­ba a gue­rra, as ins­ti­tu­cións e os fo­ros dos an­ti­gos reinos que se opu­xe­ron ao seu rei­na­do. Des­pois da ba­ta­lla de Al­man­sa re­cu­pe­rou Za­ra­go­za e Va­len­cia e pro­mul­gou os De­cre­tos de No­va Plan­ta de Ara­gón e de Va­len­cia en 1707. Bar­ce­lo­na e Ma­llor­ca re­sis­ti­ron máis tem­po. O rei Car­los III, ao que de­fen­dían, re­nun­ciou ao trono en 1711, ao con­ver­ter­se en em­pe­ra­dor de Aus­tria po­lo fa­le­ce­men­to do seu ir­mán, e as na­cións eu­ro­peas que ali­men­ta­ran es­ta gue­rra su­ce­so­ria pac­ta­ron un­ha paz en Útrech. Des­te xei­to, os es­pa­ñois que se ali­ña­ron coas po­si­cións cha­ma­das aus­tra­cis­tas que­da­ron aban­do­na­dos á súa sor­te e Fe­li­pe V co­me­zou a re­con­quis­ta de Ca­ta­lu­ña e Ma­llor­ca, os úni­cos te­rri­to­rios que que­da­ban aín­da en mans re­bel­des.

Bar­ce­lo­na re­sis­tiu ata o 11 de se­tem­bro de 1714, pe­ro ao fin foi to­ma­da po­las tro­pas bor­bó­ni­cas e que­da­ron au­to­ma­ti­ca­men­te sus­pen­di­das to­das as súas ins­ti­tu­cións po­lí­ti­cas. En re­cor­do des­te acon­te­ce­men­to ce­lé­bra­se en Ca­ta­lu­ña ca­da ano a Dia­da. A illa de Ma­llor­ca foi to­ma­da en xu­llo de 1715 e in­me­dia­ta­men­te des­pois Ei­vis­sa e o res­to das illas do ar­qui­pé­la­go ba­lear, fó­ra de Me­nor­ca, que pa­sa­ra á so­be­ra­nía de Gran Bre­ta­ña des­pois do Tra­ta­do de Útrech. Así ter­mi­nou o úl­ti­mo ca­pí­tu­lo da­que­la lon­ga gue­rra. E, como co­lo­fón, o De­cre­to de No­va Plan­ta pa­ra o reino de Ma­llor­ca pro­cla­mou­se en no­vem­bro de 1715 e o do Prin­ci­pa­do de Ca­ta­lu­ña o 16 de xa­nei­ro de 1716.

O cri­te­rio de Fe­li­pe V fo­ra que os reinos per­de­ron a súa le­xi­ti­mi­da­de e os seus fo­ros o día que se le­van­ta­ron en ar­mas con­tra o seu rei.

O REINO DE CAS­TE­LA

Ta­mén ti­vo as súas consecuencias po­lí­ti­cas no an­ti­go reino de Cas­te­la. Un­ha vez des­apa­re­ci­dos o res­to dos reinos, tam­pou­co ti­ña sen­ti­do que Cas­te­la se­gui­se ten­do as ve­llas ins­ti­tu­cións e leis pro­pias. Por iso a No­va Plan­ta apli­cou­se ta­mén en Cas­te­la e os te­rri­to­rios dos vi­rrei­na­tos ame­ri­ca­nos. Des­te xei­to creou­se un­ha es­tru­tu­ra es­ta­tal úni­ca e cen­tra­li­za­da que en dian­te cons­ti­tui­ría o Reino de Es­pa­ña. Só fo­ron res­pec­ta­dos os fo­ros e os con­cer­tos eco­nó­mi­cos do País Vasco e de Na­va­rra, que per­ma­ne­ce­ran fieis ao rei Fe­li­pe V du­ran­te a Gue­rra de Su­ce­sión.

Re­tra­to de Fe­li­pe V, que reinou en Es­pa­ña en­tre 1700 e 1746, e a raí­ña Isa­bel de Far­ne­sio

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.