Os pla­xios de Ce­la e Ana Rosa

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - LENGUA -

«Non se vaian, aín­da hai máis». Hum, es­tou a apro­piar­me dun­ha fra­se que es­coi­tei centos de ve­ces nos de­bu­xos ani­ma­dos de Terry Toons e, se non ci­to a fon­te, al­guén po­de­ría mo­les­tar­se. É moi di­fí­cil di­cir ho­xe en día al­go ver­da­dei­ra­men­te ori­xi­nal e a apro­pia­ción de ideas e pa­la­bras dou­tros, aín­da que se dis­fra­ce, po­de con­ver­ter­se en pla­xio e ás ve­ces che­gar a ser de­li­to. Can­do o pro­fe­sor che pi­de un tra­ba­llo a par­tir da lec­tu­ra, por exem­plo, dos poe­mas de Rosalía, se co­lles frag­men­tos bai­xa­dos de In­ter­net e os mes­tu­ras sen nin­gun­ha ela­bo­ra­ción, es­tás a co­me­ter pla­xio. Ou­tra cou­sa se­ría que os re­su­mas, cru­ces as súas ideas e ex­tra­ias conclusións pro­pias.

Dous re­la­ti­va­men­te re­cen­tes ca­sos de pla­xio afec­tan a per­so­na­xes ben co­ñe­ci­dos. A pre­sen­ta­do­ra Ana Rosa Quin­ta­na pre­sen­tou como súa a no­ve­la Sa­bor a hiel, pe­ro foi acu­sa­da de pla­xio e non sen fun­da­men­to, como de­mos­trou o Fo­ren­si­cLab da Uni­ver­si­da­de Pom­peu Fa­bra, que di­ri­xe Te­re­sa Tu­rell, pio­nei­ra da lin­güís­ti­ca fo­ren­se en Es­pa­ña, que de­tec­tou 80 pá­xi­nas de pa­rá­gra­fos to­ma­dos tal cal dou­tras obras. A co­ñe­ci­da pre­sen­ta­do­ra ti­vo que saír ao pa­so das acu­sa­cións pa­ra de­fen­der a ori­xi­na­li­da­de da súa obra e acu­sou do en­gano ao seu ne­gro, como po­pu­lar, e des­pec­ti­va­men­te, se co­ñe­ce aos es­cri­to­res pro­fe­sio­nais que au­xi­lian a fa­mo­sos aos que, por ra­zóns de mer­ca­do­tec­nia, as edi­to­riais pi­den que es­cri­ban li­bros. Nes­te ca­so, a edi­to­ra ter­mi­nou por re­ti­rar a no­ve­la do mer­ca­do.

Máis ruí­do ar­mou La cruz de San An­drés, de na­da me­nos que to­do un no­bel. Carmen For­mo­so que­re­lou­se con­tra Camilo Jo­sé Ce­la por con­si­de­rar que pla­xia­ra a súa obra Carmen, Carmela, Car­mi­ña. Do­ce anos tar­dou en sen­tar no ban­co a Jo­sé Ma­nuel La­ra, o dono de Pla­ne­ta, que fi­xe­ra a Ce­la ga­ña­dor do seu pre­mio, do­ta­do con 50 mi­llóns de pe­se­tas, por es­ta no­ve­la. E te­ría sen­ta­do ta­mén ao es­cri­tor, se es­te aín­da vi­vi­ra. To­más Ye­bra re­la­tou en La Voz a con­ci­sa con­fe­sión que lle arrin­ca­ra anos atrás: «Todos co­me­te­mos erros nes­ta vi­da».

AM­PLOS CAM­POS

Nes­tes exem­plos tra­ta­mos de re­su­mir os ám­bi­tos nos que ope­ran os CSI da lin­gua­xe, que en reali­da­de son aín­da máis va­ria­dos. O da lin­gua­xe xu­rí­di­ca es­tu­da a com­pren­sión de tex­tos pa­ra loi­tar con­tra a vul­ne­ra­ción dos de­rei­tos lin­güís­ti­cos. Hai un cam­po que in­ves­ti­ga pro­bas lin­güís­ti­cas en dúas li­ñas di­fe­ren­tes: a pe­nal, pa­ra tra­tar de iden­ti­fi­car aos fa­lan­tes (como no ca­so Evans, aín­da que so­bre to­do ope­ra no plano fo­né­ti­co) e a ci­vil, pa­ra de­tec­tar pla­xios e vul­ne­ra­ción dou­tros de­rei­tos da pro­pie­da­de in­te­lec­tual. Hai un ám­bi­to máis, o da lin­gua­xe xu­di­cial, que se cen­tra en ase­gu­rar que as tes­te­mu­ñas, xu­ra­dos po­pu­la­res e acu­sa­dos com­pren­den co­rrec­ta­men­te o que se di nun xuí­zo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.