Par­la­men­to Xo­ve, un­ha idea pa­ra apren­der a tra­vés do diá­lo­go

Par­la­men­to Xo­ve é un­ha ac­ti­vi­da­de que fo­men­ta a apren­di­za­xe de va­lo­res a tra­vés do de­ba­te

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Cris­tó­bal Ra­mí­rez con­gos­tro@gmail.com

Co­rría o ano 979 can­do nun pe­queno te­rri­to­rio de for­te raíz cel­ta e con idio­ma pro­pio se crea­ba o Tin­vaal (nos li­bros adoi­ta apa­re­cer como Twyn­wald). Ese é o Par­la­men­to máis an­ti­go que es­tá en fun­cio­na­men­to e sen in­te­rrup­cións. É di­cir, o ór­gano le­xis­la­ti­vo máis ve­llo do pla­ne­ta. E ató­pa­se en Man, illa bri­tá­ni­ca e a ca­ba­lo en­tre In­gla­te­rra e Ir­lan­da. En Ga­li­cia hai ho­xe en día ou­tros dous Parlamentos: o ofi­cial, si­to na rúa com­pos­te­lá do Hó­rreo, e o Par­la­men­to Xo­ve, sen se­de fi­xa, iti­ne­ran­te e que car­ga no seu lombo tan só seis anos de vi­da. Un ai­re fres­co no mundo dos de­ba­tes.

A idea de arran­que non po­de ser máis pe­da­gó­xi­ca: pro­mo­ver un con­xun­to de ac­ti­vi­da­des que te­ñen por ob­xec­to fo­men­tar en­tre a mo­ci­da­de o diá­lo­go como fe­rra­men­ta pa­ra ar­gu­men­tar ra­zoa­da­men­te as ideas pro­pias. E pa­ra iso os cen­tros de Ga­li­cia —ESO e ba­cha­re­la­to, por su­pos­to en ca­te­go­rías di­fe­ren­tes— son con­vi­da­dos a par­ti­ci­par nun­ha li­ga de de­ba­te arre­dor dun te­ma que pro­pón a or­ga­ni­za­ción. Nes­te ano, a par­ti­res de fe­brei­ro e ata abril eses de­ba­tes xi­ra­rán en torno a es­ta idea­for­za: ¿De­ter­mi­na o pa­pel do pro­fe­sor o fu­tu­ro dos mo­zos e mo­zas?.

TEM­PO LI­MI­TA­DO

Así, ca­tro alum­nos e un pro­fe­sor se en­fron­tan a ou­tros tan­tos, uns de­fen­den­do un­ha pos­tu­ra, ou­tros a con­tra­ria (a cou­sa vai por sor­teo) cun equi­po de xuí­ces que ava­lían ac­ti­tu­des, ha­bi­li­da­des, re­cur­sos e documentación ache­ga­da. E des­te xei­to, A Co­ru­ña, Gan­da­río, o pazo de Ma­ri­ñán (Ber­gon­do), Vi­go, Vi­la­gar­cía de Arou­sa, Pontedeume, Lu­go e Chan­ta­da, en­tre ou­tros, con­vér­ten­se en es­ce­na­rios de de­ba­tes que non son in­ter­mi­na­bles por­que hai un tem­po fi­xa­do: ca­da en­fron­ta­men­to du­ra 32 mi­nu­tos exac­tos.

Sa­ber per­der é ta­mén al­go ao que se apren­de, por­que, cla­ro es­tá, a nin­guén lle gus­ta. «Nos seis anos hou­bo un ou dous cen­tros que non o acep­ta­ron de boa ga­na —di un­ha per­soa que le­va de xuíz ca­se des­de o prin­ci­pio—, pe­ro aquí sem­pre se aca­ba en fes­ta: ra­pa­ces e ra­pa­zas fe­li­cí­tan­se con sin­ce­ri­da­de». Des­de a Di­rec­ción Xe­ral de Xu­ven­tu­de e Vo­lun­ta­ria­do (que é a pa­tro­ci­na­do­ra de Par­la­men­to Xo­ve), a súa ti­tu­lar, Ce­ci­lia Vázquez, se­gu­ra que «os mo­zos desen­vol­ven aí va­lo­res como a ca­pa­ci­da­de de res­pec­tar a opi­nión dos de­mais, a co­la­bo­ra­ción dos com­pa­ñei­ros pa­ra ela­bo­rar as con­clu­sión e fo­men­tan a to­ma de con­cien­cia no com­por­ta­men­to de­mo­crá­ti­co».

Di­cíao de ma­nei­ra so­lem­ne o pre­si­den­te dos xuí­ces na fi­nal de hai un par de anos no sa­lón de se­sións do Par­la­men­to do Hó­rreo, con alum­nos, pro­fe­so­res e moi­tos pais que non se que­rían per­der o mo­men­to: «Pe­di­ría­lles a todos vos­te­des que can­do re­ma­te­mos dei­xen as por­tas ben pe­cha­das pa­ra que can­do vol­van o luns os depu­tados ato­pen, im­po­lu­ta, es­ta at­mos­fe­ra de res­pec­to». Des­pois de to­do, o es­pí­ri­to dos crea­do­res do Tin­vaal na illa de Mans man­ten­se vi­vo no Par­la­men­to Xo­ve: a pa­la­bra é a me­llor fe­rra­men­ta pa­ra aca­dar o que un que­re.

XOÁN A. SO­LER

Se­sión do Par­la­men­to Xo­ve no Par­la­men­to ga­le­go en xu­ño do pa­sa­do 2015

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.